Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Volven as Festas do Buen Suceso a Fisterra

cartaz festa Buen Suceso
Volven as Festas do Buen Suceso a Fisterra

Contan os días na vila do Cristo para a volta das Festas do Buen Suceso. O sábado 4 de xuño, a partir das 17:30h celebrarase o IV Festival de Baile organizado polo grupo Barlovento, e cos grupos Breogán de Brens, Xaldón de Corcubión e Terra de Sena de Cee. Ademais do pasarrúas coa Charanga Os Mihcos, a verbena chegará pola noite diante da capela co Grupo Rosán. E á media noite, fogos de artificio.

O domingo 5 de xuño amencerá coa Charanga O Rumbo de Sardiñeiro, continuará coa Banda de música local Desiderio Paz e, pola tarde, cunha festa infantil na Praza da Constitución.

Xa o domingo 19 de xuño continúan as actividades coa musa e o concerto da banda.

 

Envíanos o cartel da túa festa a [email protected] ou ao 637704893

Comentarios