Xa arrencende á copla do Entroido fisterrán


Apenas levamos dúas semanas de 2014 e os eventos festivo máis importantes do ano xa cobran protagonismo na vila do Cristo. Xa vimos o cartel da Semana Santa e hoxe coñecemos xa as bases do Entroido.
Unha festa que se celebrará o vindeiro martes 4 de marzo na Praza da Constitución fisterrá, sempre que non chova coma o ano pasado no que se trasladou o espectáculo ao Pavillón.
I é que o entroido fisterrán é moito máis que unha festa. É un espectáculo, unha demostración de arte retranqueira coa que nace o fisterrán medio. O Entroido máis tradicional da Costa da Morte é un dos últimos recantos onde a copla se mantén perfectamente viva.
Xa está aberto o prazo de inscrición para o Concurso de Comparsas, ata o 24 de febreiro. Comparsas que terán que ter un mínimo de 20 persoas, e que ademais da escenificación do Martes de Entroido, terán que desfilar cos seus traballados traxes na tarde do sábado 1 de marzo.
Coma sempre, o xurado tomará nota da Presentación (nunca baixan de 9 e o dicimos por propia experiencia como membros do xurado nos últimos 6 anos, e que sexa por moitos máis), a Calidade Artística (os bailes sempre son fantásticos), e o Contido das Letras, o gran baluarte do entroido da fin da terra. I é que esa ironía, esa acidez, esa mala leite feita copla fai deste Entroido algo especial. Estamos desenxando ver como o alcalde recibe en persoa, e disfrazado as pullas que ano tras ano lle lanzan os protagonistas. O alcalde e o resto de membros da corporación, que aquí non safa nin o último.
As comparsas loitarán polos 1.500€ do primeiro premio, 1.200 do segundo e 900 do terceiro, se ben o resto recibirán unha axuda de 300€.
Concurso Infantil
Tamén se celebrará o domingo 2 de marzo o Concurso Infantil de Disfraces, tanto individual como por Grupos de entre 3 e 20 rapaces. O disfraz, a maquillaxe e a orixinalidade serán premiados.
Novas relacionadas
- A Semana Santa de Fisterra 2014 xa ten cartel.
- Entroido 2013: O Entroido costeiro viviu unha completa traca final en Buño, Cee e Baíñas.
- Entroido Fisterra 2013: A copla sobrevive no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2012: Un impresionante entroido ácedo e indignado en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2011: “Un Entroido que vale un Imperio”.
- Entroido Fisterra 2010: Fisterra, Único Final do Entroido.
- Entroido Fisterra 2009: Fisterra decide os Oscars da Costa da Morte.
- Entroido Fisterra 2008: Puro teatro!.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).