Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Xunta non acepta o incremento das alturas dos edificios proposto no PEPRI presentado polo Concello de Fisterra

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
A Xunta non acepta o incremento das alturas dos edificios proposto no PEPRI presentado polo Concello de Fisterra

Continúa o Concello de Fisterra intentando sacar adiante o Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico de Fisterra. Un trámite de obrigado cumprimento ,segundo se establece no Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado no ano 2019.

Pero a Xunta vén de emitir un informe desfavorable (esperado dende o Concello) e se pon á disposición do equipo redactor para explicarlle as necesidades e poder avanzar na axeitada protección do casco antigo de Fisterra.

A xunta considera que o “documento do Goberno local destaca na súa memoria a valía patrimonial do espazo, pero carece dunha diagnose sobre a súa evolución, características e actual situación”. Concretamente, os técnicos non consideran adecuado o incremento de alturas xeneralizado para toda a estrutura urbana e arquitectónica da zona antiga.

Ademais, sinala a administrcións galega, “no documento non aparecen identificados os elementos discordantes nas edificacións con valor cultural nin se insiren medidas para a mellora e recuperación de edificacións con intervencións pouco afortunadas executadas nas últimas décadas”.

Por outro lado, “a proposta presentada non reflicte a necesidade da recuperación da imaxe arquitectónica degradada nin a importancia do Camiño de Santiago na vila ao non incluír un estudo pormenorizado das pendentes, parcelas e afeccións co fin de garantir que se conserve a súa estrutura e fisionomía no territorio”, destaca a Xunta.

Comentarios