1ª e 2ª Div.: Remata o ano con bo sabor

11 do CF Muxía

Non fallaron as dúas favoritas, e tanto Tordoia como Muxía endosaron sendas goleadas para rematar cuns números moi parellos, tanto en puntos como en goles. Ambas parecen destinadas á ocupar ademais as dúas prazas de ascenso directo.

Querrán volver á loita pola promoción o Dumbría, que remata o ano cunha boa vitoria, e Corme, que a pesar de sumar a súa terceira derrota consecutiva, segue a só 5 puntos, e cunhas sensacións relativamente boas. O Cee conseguía unha importante vitoria na Coruña e fica a só 1 punto das cormelás. Vitoria tamén da Esteirana para ir subindo onde merece.

Queda a muxiá Barca pelexando pola pichichi con 18 tantos, polos 20 de Rebeca (Tordoia). Eva Lema (Muxía) ten 16 e as esteirás Rut e Bárbara, 12.

Para pechar o ano aínda queda un Esteirana-Cee aprazado da xornada 13 polas baixas das blaugranas, que se disputará o sábado 27 ás 17:00h.

1ª Div. Fem., xornada 12

Villalonga B - Xallas (2-0)

  • Xallas: Rosío, Ainhoa, Silvia, Andrea Otero, Valeria, Noe, Barcia, María Rial, Espasandín, Ollalla. Tamén: Carla, Graci, Soraya, Daniela e Gasco.
  • Goles: 1-0, m.27: Mirian; 2-0, m.44: Aroa.

Afrontaba o partido o cadro de Eloy entre dúas semanas de parón consecutivas por mor deste calendario estrano na 1ª. As xalleiras non entraron mal e tiveron boas ocasións por medio de Valeria, que parou a meta local, e de Olalla. Paro nunha falta, o balón pegaba no longueiro e no rexeite aproveitan para meterse por diante á media hora. Veuse abaixo aí o cadro verde, e as locais ampliaban a renda antes do descanso, tendo que aparecer Rosío para non recibir máis goles.

Na segunda, o choque estivo máis igualado, pero sen ocasións, só un penalti ao que Rosío responde cun paradon. Aínda Barcia e Gra intentaron recurtar cun par de internadas pero non era o día.

2ª Div. Fem., Gr.1, xornada 14

Muxía - Órdenes (7-0)

  • Goles: 1-0, m.36: Barca; 2-0, m.45: Patri Romaní; 3-0, m.60: Barca Toba; 4-0, m.80: Patri Romaní; 5-0, m.80: Eva Lago; 6-0, m.82: Raquel; 7-0, m.84: Laura Doce.

Bo partido das muxiás para pechar con goleada o 205 na casa. Xa comezaron ben pero tardaron en abrir a lata ata a media hora. Barca e pouco despois a capi Patri abrían fenda. Na segunda foi de dominio das de Noe Iglesias que non baixaron o ritmo.

Milagrosa - Corme (3-2)

  • Goles: 0-1, m.21: Claudia; 1-1, m.23: en propia; 2-1, m.60: Irene; 2-2, m.80: Carla; 3-2, m.92: Ana Seguín.

Atravesaba o país a familia cormelá, contra vento e neve, apoiadas por dúas ducias de siareiras para enfrontarse en Lugo ao Milagrosa. E competiron moi ben as de Rubén Souto, pero volveron sen premio por terceiro partido consecutivo. Adiantábase, así e todo, cun cun golazo de Claudia, e pode que aí se relaxaran porque de contado empataban as locais cun gol en propia. Eran minutos de igualdade na que a neve, si a neve, que caía sobre o campo, era a protagonista.

E así, saíron frías as da costa na segunda, concendendo moi pronto un penalti por mans, que permitía ás locais meterse por diante. Tocaba remar, e o equipo apretou, facéndose co balón e buscando portería con moi boas internadas de Zeltia e Claudia, e nunha delas, deron un pase atrás que Carla fixo bo cun tiro marca da casa para empatar o partido.

E xa cando ambos equipos daban o empate por bo, noutro centro lateral longo ao segundo pau, chegaría o terceiro.

Orillamar - Cee (0-1)

  • Gol: 0-1, m.86: Naiara Vázquez.

Vitorión do Cee na Coruña cun tanto no treito final de Naiara que deixa ao equipo moito máis preto da promoción que do descenso, que complentan moi ben un irregular, pero positivo, comezo de temporada das de Rafa Suárez. 

Foi un partido disputado nos campos da Torre marcadas polo frío. Empzaaron as ceenses o partido con máis balón, pero non conseguían xerar moito perigo salvo algunha internada por banda de Martínez, e algunha falta cercana á área e elas unha, pero non alcanzaron a portería, nunha primeira metade marcada polas imprecisións.

Na segunda parte seguiron igual de imprecisas pero con moito balón dividido, sen grandes ocasións. As herculinas, nunha contra case marcan pero Noemi salvou no man a man. E xa contra o final, Naiara marcaría un gol dende fóra do área para asegurar os 3 valiosos puntos tras un partido que se complicou bastante.

Esteirana - San Lázaro (3-1)

  • Goles: 1-0, m.4: Rut; 2-0, m.50: Bárbara; 3-0, m.70: Melania; 3-1, m.89: Iria.

Partido marcado polo mal tempo e polas baixas nos dous equipos, 12 futbolistas traía o San Lázaro a Esteiro para medirse a só 11 das blaugranas,. A pesar diso ambos conxuntos disputaron un bonito duelo onde cada balón era unha loita, incluso contra o propio campo que tiña as bandas anegadas e impedía mover o balón con criterio.

As de Fran Figueroa mostraron moito oficio, e traballaron para merecer os 3 puntos, moi solidarias en cada zona do campo e activas durante todo o encontro para sacudirse o frío e a chuvia entre a tormenta.

Dumbría - Brexo Lema (4-2)

  • 1-0, m.8: Alicia; 2-0, m.42: Cundíns; 3-0, m.57: Alicia; 4-0, m.60: Paula Fandiño; 4-1, m.88: Isa; 4-2, m.92: Nuria.

Partido dominado dende o principio polas de Santi Lira desde o principio, sabendo ler cada momento do choque. Foron protagonistas na primeira, e sentenciaron pronto no comezo da segunda, permitindo un baixón de xogo, ata que unhamala saída de Liss deixaba ao equipo con 10 por unha fan fóra da área, e as visitantes marcando dous goles pero insuficientes para poñer en perigo a vitoria dumbriesa. Tivo iso, si, Yolanda que parar dúas faltas tras poñerse baixo paus.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info