1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B
Regular a 12ª xornada para as nosas na 2ª Div. Fem. pero coa boa nova da derrota do Tordoia. O cadro de Curro perdeu a súa imbatibilidade a costa dun Bergan B que se sitúa como o equipo máis en forma da categoría tras 6 xornadas sen perder, e que permite que o Muxía, que vencía comodamente, se coloque a só 2 puntos do liderato. Tamén vencía o Dumbría, que non perde a zona noble, onde xa está o Corme (que descansaba) e aonde non dá chegado a Esteirana, que segue con moitos problemas de efectivos; nin o Cee, que caeu na súa viaxe a terras lucenses.
Mentres, na 1ª, nova derrota das xalleiras, que suman 5 xornadas sen gañar, e vanse achegando paso a paso á zona de abaixo, pero aínda con 5 puntos de marxe sobre o descenso e 4 equipos polo medio.
Na #LigadaCostaFEM apenas houbo dous partidos, o apretado empate a 2 das Miúdas e o Cerqueda en Muros; e a derrota do Ponteceso ante o Dubra.
1ª Div. Fem. Gr. 1, xornada 12
Xallas - Carral (1-2)
- Goles: 0-1, m.6: Noellia; 0-2, m.70: Laura; 1-2, m.85: Noe Vimi de falta.
Bo partido das xalleiras que comezaban moi fortes, pero que se viñan sorprendidas por un tiro dende a frontal, nunha das poucas chegadas das visitantes na primeira metade. Na outra área, as internadas de Barcia e os centros sobre Oli e Valeria daban conta do dominio local. Era Valeria que tia un man a man. espasandín a que case mete á meta local dentro da súa propia portería.
Na segunda, as de Carral recuperaron algo o control e o cadro xalleiro partiuse máis buscando a presión alta. Un saque longo de Rosío case acaba en gol (a porteira salvaba o balón con moitas dúbidas sobre se estaba dentro ou fóra) e Espasandín tamén probaba dende lonxe. Pero chegaba o segundo da xogadora extremo Laura, que regatea e bate a Rosío. Non decaeu o cadro de Eloy, que se metería de novo no partido cun gol de Vimi de falta, e Oli tivo tivo o empate nun tiro no que a porteira lle fixo un paradón e asdemais se lesionaba sobre o pitido final.
2ª Div. Fem. Gr. 1, xornada 12
Dumbría - Victoria CF C (1-0)
- Gol: 1-0, m.60: Sabela.

Seguen se recuperar a confianza as de Santi Lira e amosar o seu mellor xogo, pero así e todo foron dominadoras do partido, e tiveron as mellores ocasións, nun primeiro tempo no que ademais da falta de acerto viron como lle anulaban un gol.
Na segúnda parte por un momento parecía que lle entraban as dúbidas ás locais dudas, ás que lles costaba un pouquiño máis entrar, aínda así seguíamos tendo as ocasións ata que Sabela faría o 1-0. Reaccionaron as herculinas e nos últimos minutos tocou sufrir, pero aguantaron as embestidas e conseguiron recuperar un bo sorriso.

Muxía - Nicrariense (3-0)
Meteuse atrás o nicrariense dende o comezo pero o gol de Patri abría o camiño. A base de paciencia, as corviñas foron movendo o partido, sen precipitacións e abrindo o campo para que os goles foran chegando. Na segunda, con máis mobilidade e máis espazos, conseguiron pechar o partido.
Esteirana - Eirís (2-2)
- Goles: 1-0, m.4: Bárbara; 1-1, m.40: Carolina; 2-1, m.50: Melania; 2-2 m.70: Sara Romero.
Con 11 xustas e sen porteira chegaba ao partido o cadro de Fran Figueroa para enfrontarse ao Eirís. Alicia puxo os guantes mentras Maruxa se recupera dunha intervención, que a maiores debido ás lesións e unha plantilla curta tocounos plantexar o partido intentando minimizar riscos e aproveitar as cualidades das xogadoras dispoñibles. Comezaron melor, e con mellores ocasións as blaugranas, pero volveu fallar a puntería.
Fran espera recuperar algunha xogadora, pero xa perde a Terre para o vindeiro partido.
Milagrosa - Cee (4-2)
- Goles: 0-1, m.8: Martínez; 1-1, m.14: Irene; 2-1, m.29: Irene; 2-2, m.51: Naiara Vázquez; 3-2, m.65: Gabriela; 4-2, m.83: Irene.

Derrota do Cee en Lugo marcada polas baixas. Empezaron gañando o partido as ceenses cun gol de Martínez pero o cadro local empata tras unha transición. Tiveron varias ocasións as de Rafa pero non tiñan fortuna de cara a porta e nunha perda atrás adiántanse no marcador.
Na segunda parte saíron as costeiras moi agresivas e marcaron o empate por medio de Nai. Pero noutra contra marcan o 3-2 e aí estiveron algo precipitadas buscando o empate. Case contra o final marcarían o gol da sentencia. Derrota que nos sabe a pouco, xa que o resultado podía ser outro.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.