FUTFEM: Repaso a unha xornada a medias
Nova xornada da 2ª Div. Fem, incompleta pois o Cee - Esteirana queda aprazado para o 27 polas baixas do cadro esteirán. A xornada 13 deixaba a vitoria clara do Muxía en Brexo Lema, que mantén ás de Noe Iglesias a 2 puntos do líder, o Tordoia de Curro, e con 5 puntos de vantaxe sobre o Bergan B, que descansaba.
Perdeu unha boa ocasión de achegarse ao filial carballés o Corme, que perdeu pola mínima na casa ante un aguerrido Unión Campestre. Mentres, o Dumbría sumaba 1 punto, qua sabe a pouco, ante un dos equipos en decenso.
Só un partido que quedaba pendente do longo parón na Liga da Costa FEM, no que o Soneira venceu ao Corcubión e se afianza na zona noble alonxando ao cadro de Rubén Castillo.
Queda a táboa co Cabana líder, pero a 1 só punto Juan Cabrejo e Soneira e a 2 o Outes.
2ª Div. Fem. Gr. 1, xornada 13
Nicrariense - Dumbría (0-0)
- Dumbría: Lucía, Yaiza, Carla Recarey, Laura, Lara, Cundíns, Alba, Alicia, Carla Lago, Elba, Paula Fandiño: Tamén: LIss, Ana, Yoli e Sabela.
Campo pequeno dos que non gustan ás dumbriesas para enfrontarse a un rival moi ben ordenadiño que non permitiu despregar o seu xogo ás de Santi Lira. Si que conseguiron xerar algunhas ocasións de gol, pero pecaron de falta de efectividade, e a medida que ían pasando os minutos, máis nerviosas se metían errando nas decisións. As locais foron asentándose e mesmo tiveron algunha chegada que salvou Lucía. Unha das mellores xogadas das costeiras chegaba xusto antes do descando nunha moi boa combinación que lle deixa o balón na frontal a Paula Fandiño que non consigue materializar.
Mesmo guión na segunda, pero as baixas obrigan á meta Liss a acabar xogando de dianteira, e mesmo estivo a piques, co equipo envorcado, de marcar o gol da vitoria, pero as presas e as imprecisións volveron impedir o acerto. Un puntiño que sabe a pouco no bando dumbriés.
Brexo Lema - Muxía (0-4)
- Muxía: Sheila, Ana Toba, Andrea Piroja, María, Karen, Eva Lago, Esly, Laura Doce, Patri Romaní, Eva Lema, Barca. Tamé: Nerea Pazos, Raquel, Paula Rey, Nerea Barrientos, Andrea.
- Goles: 0.1, m.5: Eva Lema; 0-2, m.11: Eva Lema; 0-3, m.21: Elsy; 0-4, m.80: Nerea Barrientos.
Empezaron o partido moi enchufadas as Corviñas,, combinando e creando perigo polas bandas, e pronto chegarían os dous primeiros goles de Eva Lema. Non baixaron o ritmo, alternando combinacións interiores entre Lau, Lago e Barca e as incursións por banda de Patri Romaní e Elsy, e nunha destas incursións chegaría o golazo de Elsy desde a banda esquerda. Aí houbo un baixón de ritmo que permitiu algunha chegada das locais no último treito da primeira.
Tras o descanso, as de Noe Iglesias mantiveron o control do partido e tiveron ocasións para ampliar o marcador, pero o xogo volveuse previsible polo medio e custaba atopar ocasións claras. Tamén elas terían unha moi clara que atallaría Sheila moi ben. Aínda así, Nerea Barrientos atoparía como é a súa especialidade, un balón ao segundo pau que entraría tras erro da porteira local para pechar o 4-0 final. A pesar deste erro, destacar que a porteira rival tivo boas paradas incluído o segundo dos dous penaltis que fallaron as muxiás, despois de o primeiro xa marchara fóra.
Corme - Campestre (0-1)
- Corme: Lucía; Saskia, Laura, Lucía (Aroa); Candela (Zeltia), Olalla, Ana, Natalia; Carla (Salomé), Claudia, Cris. Tamén: Carla Vázquez.
- Gol: 0-1, m.30: de falta dende 40 metros.
Saíu contento Rubén Souto a pesar da derrota, pois atopou un equipo moi recoñecible, facendo unha presión alta efectiva, competindo e gañando duelos, xogando en campo rival practicamente todo o partido, e sen deixar de intentalo durante os 90 min. Porén, un gol que sorprendeu a todos dende 40 metros foi suficiente para que o Unión levase os puntos do Cairo, xa que a única pega ao partido das cormelás foi a falta de eficacia de cara a gol, algo que veñen acusando nos últimos partidos.
Un man a man, un penalti, varias chegadas… varias tiveron as azulonas para levar o partido, pero non acertaron. Ademais, as cormelás criticaron un par de accións arbitrais, como un penalti non sinalado a Claudia, e outro man a man de Claudia que anulan por fóra de xogo.
O equipo, conto todo, tivo un nivel defensivo moi bo, coas medio centros moi serias.
3ª Div. Fem. Gr. 3, xornada 8
Soneira - Corcubión (4-0)
- Soneira: Karen, Dolo, Cris, Luana, Sara, Candela, Carmen Agra, Ana Mouzo, Leila, Kelly e Keny. Tamén: Lucía, Alexandra Lojo, Xaira, Carla, Cris, Ana Sierra, Lucía Garea, Andrea Romero, Helena, Sandra, Marúa Castro. Tamén: Elisa, Lara, Andrea, Sandra, Antía.
- Goles: 1-0, m.1: Kenny a pase de Kelly; 2-0, m.15: Carmen Agra de penalti; 2-1, m.60: Sandra; 3-1, m.80: Kelly dende fóra da área; 3-2, m.83: Sandra; 3-3, m.84: Andrea Romero; 4-3, m.90: Kenny.
Disputábase o último partido da 8ª da Liga da Costa, cun potente choque entre Soneira e Corcubión, coa loita do podio en xogo. E foi un partido tremendamente emocionante, cun final de infarto. O partido comezaba coas guerreiras K-Pop do Soneira facendo das súas. Kelly, a ex do Dumbria, cedía para Kenny e as de Roland abrían o partido nada máis comezar. Eran moi bos mintos para as locais e a o cuarto de hora Agra marcaría de penalti cometido sobre Kenny. Aínda pedirían as locais outra pena máxima sobre Candela pouco despois, pero o Corcubión ía asentándose e subindo liñas, creando peligro con balóns a espalda da nosa defensa, pero non conseguirón materializar ningunha.
Xa na 2° parte, o Corcubión recurtaria distancias no minuto 60 por medio de Sandra. Seguian os dous equipos intentando crear perigo, e co 2-1 se chegaban aos últimos 10 minutos, cando Kelly marcaba o 3-1, que parecía finiquitar o partido. Nada máis lonxe da realidade. O Corcubión metíase a fondo e primeiro Sandra e despois Andrea de falta directa empataban o choque en dous mintuos. E xa cando parecía que o partido ía ser empate, Kelly colga un balón a área rival que remata Kenny ao fondo da rede.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.