1ª e 2ª FEM: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas
Non puido aguantar un Cee cheo de baixas a todo un Muxía, que segue pelexando polo título co Tordoia. As de Noe Iglesias golearon ao cadro ceense e seguen a 2 puntos do liderato, menestres fan colchón sobre as terceiras.
Preto deses postos de promoción sitúanse Corme e Dumbría, ambos agora con 26 puntos.. O COrme vencía na Coruña pero o Dumbría deixábase 3 puntos co Eirís. A 2 colócase a Esteirana trala súa vitoria, empatado co Cee.
Con todo, na zona media está todo moi apreitado e da 5ª praza á 11ª hai só 3 puntos de distancia.
1ª Div. Fem., xornada 14
Xallas - Victoria FC B (0-1)
- Xallas: Rosío, Carla, Graci, Ahinoa, Sara, Silvia, Paula Barcia, María Rial, Andrea Otero, Espasandín, Olalla. Tamén: Isa, Noe, Valeria.
- Gol: 0-1, m.66: Lucía Álvarez.
Volveu caer o Xallas, na súa 6ª derrota consecutiva, ante un rival superior, que someteu ás xalleiras a base de posesión, pero sen demasiadas ocasións. Na primeira apenas un córner que rematan as compostelás e un segundo balón que salva baixo paos Carla de cabeza. Tamén as de Eloy tiveron algunha contra por medio de Oli ou Gra.
No segundo tempo, as xalleiras algo liña e tiveron varios roubos altos con perigo que non acaban en gol por moi pouco e incluso un man a man de Espasandín que a porteira fai un paradón. Tamén chegaban as visitantes como un centro lateral moi perigoso que non atopou rematadora. Pero noutro centro si que chegaba o gol.
A partir de aí as xalleiras criticaron a actuación arbitral, con varias tarxetas polémicas, unha expulsión ou un par de penaltis non pitados.
2ª Div. Fem., Gr.1, xornada 16
Dumbría - Eirís (1-2)
- Dumbría: Lissette, Laura, Lara, Sabela, Yoli, Cundíns, Yaixa, Elba Lago, Carla Lago, Paula Fandiño, María. Tamén: Lucía, Ana, Alba, Carla Pérez, Carla Recarey.
- Goles: 0-1, m.20: Sara Romero; 0-2, m.36: Carolina; 1-2, m.81: María.
Saíron bastante enchufadas as de Santi Lira, sabendo ler o partido e xerando espazos contra un equipo que se defendía ben e permitía moi pouco, e cando máis cerca estaban de poder poñerse por diante un erro na saída de balón invertiría a situación permtindo ao cadro herculino poñerse por diante. Tardaron en reaccionar as costeiras, cun treito de desconcerto, e nun corner mal defendido o equipo visitante aumentaría a ventaxa. Pero na parte final do primeiro tempo o equipo retomou o mando e foise arriba, xerando ocasións pero atopándose unha e outra vez co bo papel defensivo do rival.
A volta de vestuarios vironse dous equipos con intencións claras, un Dumbría que buscaría o gol e un Eiris que buscaba defenderse e matar o partido á contra. O marcador non se movería hasta os minutos finales onde María daba esperanzas e fixo soñar á afección co empate, pero a pesar da insistencia, non chegou.
Orillamar - Corme (0-1)
- Corme: Lucía, Saskia, Laura, Aroa; Candela, Olalla, Ana, Lucía; Carla, Claudia, Cris (Zeltia). Tamen: Salomé e Carla Vázquez.
- Gol: 0-1, m.89: Claudia.
Sufríu o Corme para levar a vitoria da Torre, ante un Orilla cun bloque moi baixo pero cun traballo a nivel defensivo moi bo, ben ordenado e coas ideas moi claras, que llo puxo moi difícil ás de Rubén Souto, que xogaron todo o partido en campo contrario, pero ben puideron ter recibido algún gol nalgunha contra.
Xa no treito final, viña de avisar Claudia cun tiro a cruceta, e foi nunha falta colgada por Carla, que non siguen a marca de Claudia e esta finaliza como o gran dianteira para dar os 3 puntos tan ansiados por todas.
Muxía - Cee (8-1)
- Muxía: Sheila, Ana Toba, Raquel, Andrea Piroja, Nerea Barrientos, Patri Romaní, Mai, Eva Lago, Laura Doce, Barca e Eva Lema. Tamén: Nerea Pazos, Elsy, Andrea Insua, Irene e Karen.
- Cee: Valeria, Lurs, Ramos, Aroa, Caamaño, Saray Duarte, Laura, Martínez, Paula Veiga, Sharay Caamaño e Nayara Casais. Tamén: Noemi, Cris, Sabela, Caridad, Gala.
- Goles: 1-0, m.1: en propia; 2-0, m.9: Raquel; 3-0, m.14: Nerea Barrientos; 4-0, m.25: Patri Romaní; 5-0, m.26: Barca; 6-0, m.26: Barca; 7-0, m.36: Eva Lema; 8-0, m.82: en propia; 8-1, m.87: Martínez de penalti.
Derbi inusual marcado por un inicio fulgurante das Corviñas, que ao cuarto de hora xa sentenciaran o partido con 3 goles, e ao descanso o marcador sinalaba un cru 7-0. As muxiás estaban moi fortes, moi intensas, defensiva e ofensivamente e non deron opción nunha primeira metade tremenda.
Na segunda, igualouse máis o partido, e o Cee tivo máis achegamentos como un bo tiro de Paula Veiga ou o tanto de Martínez dende os 11 metros do treito final.
Esteirana - Unión Campestre (5-1)
- Esteirana: Maruxa, Nerea, Marta Piñeiro, Sara Brión, Sandra Dosil, Lidia, Lara Nuria, Alba, Bárbara, e Rut. Tamén: Alicia e Tobío.
- Goles: 1-0, m.15: Bárbara; 2-0, m.19: Rut; 3-0, m.22: Bárbara; 4-0, m.38: Rut; 5-0, m.44: Rut; 5-1, m.65: Yadura.
Nova vitoria na casa das de Fran Figueroa, nun partido marcado por unha primeira parte onde a superioridade local foi incontestable, cunha presión alta que impedía que as xogadoras rivais mativeran o balón e sairan do seu campo. Ademáis desta volta si que conseguiron materializar as ocasións xeradas e incluso puideron aumentar a renda.
Cambiou o conto na segunda, cun ritmo moito máis baixo e concedendo, rematando cun choque máis soso, pero sen perigrar. A nota negativa foi a lesión de Maruxa, a porteira, que viña de reincorporarse dunha ciruxía menor, notou un forte chasquido nunha saída no seu xeonllo dereito, e que se suma ás numerosas baixas do equipo.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.