1ª e 2ª FEM: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada
Xornada positiva esta primeira do ano na 2ª Div. Ao fermoso empate entre Corme e Esteirana, súmanse as vitorias de Muxía, Cee e Dumbría, quedando xa os 5 equipos costeiros entre os 9 de arriba.
Pola contra, o Xallas non dá cambiado a a dinámica negativa que atravesan a pesar do parón de Nadal. Despois de 5 derrotas seguidas e 7 partidos sen gañar segue con 11 puntos, aínda con 5 de marxe sobre o teórico descenso directo.
1ª Div. Fem., xornada 13
Xallas - Lóstrego B (0-2)
- Xallas: Rosío, Graci, Ahinoa, Andrea Otero, Barcia, Sara, Noe, Carla, Marías Rial, Espasandín e Olalla. Tamén: Silvia, Soraya e Isa.
- Goles: 0-1, m.30: Amandha; 0-2, m.57: Mónica.
Chegaban as 3ª clasificadas a Fontenla e se formulou un choque moi igualado, decidido pola eficacia das visitantes e a falta de acerto das xalleiras. O primeiro gol chegou por mor dun mal despexe da central local nun centro lateral. Aí se refixo o equipo de Eloy, e Barcia cun tiro lonxano e Otero cun remate de cabeza, puideron alcanzar o empate.
Na segunda parte dominaría máis o cadro verde, tendo boas ocasións como unha falta de Oli e un remate de Ainhoa a centro de Gra, que a porteira ssca unha gran man. Pero contra chegaría o segundo, que fixo moito dano, descolocou ás xalleiras, que tardaron 15 minutos en volver a meterse no partido coa entrada de Isa, tendo mesmo unha cuádruple ocasión que salvaron porteira e defensa visitante.
2ª Div. Fem., Gr.1, xornada 15
Cee - Maniños (4-0)
- Cee: Noemi, Lurs, Cris, Ramos, Lucía Caamaño, Aroa, Laura, Martínez, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Nayara Casais. Tamén: Paula Veiga, Aroa, Carolina e Gala.
- Goles: 1-0, m.52: Cris; 2-0, m.64: Paula Veiga de penalti; 3-0, m.66: Paula Veiga; 4-0, m.70: Gala.
Ata a 6ª praza ascende o Cee trala nova e contundente vitoria ante o Maniños. O equipo de Rafa xa nota a volta de Paula Veiga, que xa xogara na Copa, e que volveu á competición ligueira tras moitos meses fóra dos campos con dous tantos. Pola contra, vai perder por moito tempo a Naiara Vázquez.
Con todo, a primeira metade, en contra de vento, as ceenses non foron capaces de causar perigo. Tiñan o control do partido pero non chegaban á area contraria.
Na segunda parte saíron máis agresivas e Cris abría a ata un golazo dende o borde do área. Tras unha caída nunha internada de Martínez na área, marca Paula Veiga. E pouco despois completaba o doblete tras un pase da morte. Para rematar a goleada Gala fai o 4-0 tras disparar no área tras un balón morto.
Órdenes - Dumbría (1-5)

- Dumbría: Lucía Martínez, Ana Bermúdez, Laura, Carla Recarey, Alicia, Sabela, Cundíns, Carla Lago, Elba Lago, Yaiza e Paula Fandiño. Tamén: María, Carla Pérez, Yoli, Lara Villar, e Lara Arias.
- Goles: 0-1 m.18: Paula Fandiño; 0-2, m.21: Elba; 0-3, m.23: Carla Recarey; 0-4, m.31: Cundíns; 0-5, m.34: Paula Fandiño; 1-5, m.87: Anabel.
Corme - Esteirana (3-3)

- Corme: Lucía; Saskia, Laura, Aroa; Candela (Zeltia), Olalla, Ana, Lucía (Natalia); Cris, Claudia, Carla. Tamén: Salomé e Carla Vázquez.

- Esteirana: Maruxa, Sara Brión, Nerea, Marta Pileiro, Nuria Torres, Alba Carou, Melania, Lara, Bárbara e Rut. Tamén: Alicia.
- Gooes: 1-0, m.8: Carla; 1-1, m.28: Alba; 2-1, m.49: Ana; 2-2, m.58: Rut de penalti; 2-3, m.77: Bárbara; 3-3, m.89: Cris.
Derbi "clásico" do fútbol da Costa, con auga, vento, moita intensidade, intercambio constante de golpes, goles, protestas… Foi un choque no que os dous saíron coa sensación de poder ter pescado algo máis, pero é que foi un constante ir e vir, con alternativas no marcador e no xogo. Os dous equipos chegaban con 12 e 13 xogadoras, o que dá conta da entrega dos dous gerupos comandados por Rubén Souto e Fran Figueroa.
Os dous equipos atacaron continuamente e foron respondendo ás embestidas das rivais. As cormeláns malograron algunha ocasión mentres que por banda esteirá destacan o gol de Alba que, volvía ao campo tras moitos meses parada por lesión, é un exemplo da ilusión por xogar para mellorar. Mención especial para a capi Bárbara, que o domingo tocoulle labores máis defensivas do que adoita polas necesidades do equipo, e aínda así, leva 14 goles, os mesmos de Rut, a só 8 da pichichi Rebeca Puente (Tordoia) e a 5 da muxiá Barca.
Eirís - Muxía (2-4)
- Muxía: Sheila, Nerea Barrintos, Andrea Piroja, María, Raquel, Nerea Pazos, Eva Lago, Laura Doce, Patri Romaní, María, Eva Lema e Barca. Tamén: Ana Toba, Andrea, Elsy, Paula Rey e Irene.
- Goles: 0-1, m.34: Patri Romaní; 1-1, m.41: Caro; 1-2, m.52: Barca; 1-3, m.56: María; 1-4, m.67: Eva Lema; 2-4, m.80: Carolina.
Non para este Muxía que xa suma 5 vitorias seguidas e segue soplándolle na caluga ao Tordoia de Curro. As de Noe Iglesias asumiron o control dende o comezo, pero non daban finalizado, ata que Patri Romanía abría a lata cun golazo de falta. Pouco despois, e tamén a balón parado, nun córner, as locais empataban o choque.
Metíanse moi pechadas atrás as locais, e as muxiás combinaban e combinaban, abrindo rapidamente ocos na defensa. Pronto Barca e María ampliaban a renda, e Eva Lema facía o cuarto no ecuador. Co fival afundido o equipo baixou a marcha.
A gran noticia do día foi o regreso de Irene Alcaina que volvía aos campos de fútbol tras unha grave lesión, tivo os seus primeiros minutos e puido sentirse futbolista de novo.

Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.

