1ª Autonómica: A igualdade como norma
Dous empates, dúas vitorais pola mínima e unha derrota son o balance dunha 5ª xornada nesta igualadísma 1ª Galicia. “Gañas dous partidos estás mirando cara arriba, e perdes dous e xa estás co ollo cara abaixo”, recoñece o adestrador mazaricán Chicho, que destaca o bivel de esixencia no aspecto físico desta categoría con respecto á Liga da Costa.
Volantes - Tordoia (0-0)
- Volantes: Marcos, Godo, Rachón, Kevin, Jano, Charles, Pardelo, Óliver, Thiago, Pesco e Berto. Xogaron tamén: Rubén e Abel.
Partido moi físico, moi disputado, con máis intensidade que fútbol, onde as defensas e porteiros se impuxeron as dianteiras. A primeira parte pasou apenas sen ocasións, e na segunda tuvo máis o Volantes pero Santi estivo moi acertado na meta dos de Dani Calvete. No cómputo global tivo algunha chegada mais o cadro local, pero os visitantes tamén tiveron 3 claras chegadas.
Os muradáns protestaron dous penaltis sobre Rubén e sobre Berto, pero o voleciado non o sinalou. Quedan contentos, en todo caso, os de Sil porque competiron moi ben e seguro que así acaban chegando as vitorias.
Riveira - Soneira (1-2)
- Soneira: Javi Souto, De La Sierra (Basti, m.64), Mayor, Javi (Fran, m.76), Richi, Diego Lois (Taibo, m.64), Vía, Pichi, Pladur (Darío, m.90), Agra e Leilán.
- Goles: 1-0, m.50; 1-1, m.60: Javi cun zurdazo cruzado que entra pegado o pau; 1-2, m.70: Vía tras un boa deixada de Javi de cabeza, dende a frontal de volea.
Traballados os puntos do Soneira ante un bo At. Riveira, que saía coa idea de levar o peso do partido e facendo un bo xogo combinativo. Unha formulación arriscada que lle custou un susto aos 5 minutos cando Vía, tras un roubo se prantaba diante do porteiro local pero non acertaba. O Riveira tocaba ante un Soneira ao que lle custaba tapar, e ían chegando as ocasións, e mesmo Agra tiña que salvar un tanto na liña de gol. Pouco despois Pladúr e Javi de cabeza terían duas inmellorables ocasións para adiantar os seus pero os seus cabezados en boca de gol iríanse fora. E Javi Souto, inconmensurable no día de hoxe, voaría para salvar os seus.
Na segunda meta adiantaríase o Riveira tras un auténtico paradón a “bocaxarro” de Javi, o rechace sería aproveitado polo Riveira para facer o primeiro. A partir de aí o Soneira despertou e Leilán e Richi avisaban. Sería Javi quen poñería as táboas no marcador, epouco despois Vía o que colocaría por diante aos de Pedro.
Basti e Vía puideron ter sentenciado pero tocaba sufrir. Javi Souto protagonizou unha das paradas da temporada, facendo unha estirada espectacular e salvando un tiro á escuadra dende a frontal que non conseguía ver pola maraña de xogadores, dándolle así 3 puntos fantásticos ao seu equipo.
Dumbría - O Pino (1-1)
- Dumbría: Anxo, David, Pablo, Samu, Gusa, Mataso, Xaco, Diego, Code, Yuyo e Marcote. Tamén: Rivi, Xabi e Iago.
- Goles: 0-1, m.2: golazo dende fóra da área; 1-1, m.63: Codesal.
Vibrante e con moito ritmo o choque vivido no Conco. Comezou costa arriba o choque cun golazo dende fóra da área dos visitantes. O Dumbría non conseguía subirse ao ritmo dos visitantes que apretaron moito durante o primeiro cuarto de hora. Foron establecéndose os de pablo Conde, e conseguiron baixar o balón pero sen chegar á área rival.
Na segunda saíron moito mellor os dumbrieses que non deixaban pasar do medio campo aos visitantes. Chegaría o empate por medio de Codesal, e o partido volveuse tolo, sen dono, un ida e volta nos que os dous equipos puideron decantar o partido.
Baio - Unión (1-0)
- Baio: Diego Mallo, Martín, Yago, Peke, Braian, Norberto, Rubio, Sergio, Mohedano, Manu Santiso e MC. Tamén xogaron: Julián, Pablo, Damián, Mario e Carlos.
- Gol: 1-0, m.57: MC.
Pois foi un partido moi igualado, con moito respecto e poucas ocasións durante o primeiro tempo. Pouco máis houbo nunha segunda que se decidiu por un tiro desde a frontal de MC. Pouco despois os visitantes puideron empatar, pero tamén o cadro baiés tivo algunha boa ocasión para sentenciar, sobre todo despois de que o Unión quedase con 10 pola expulsión dun xogador.
Mazaricos - Lalín (0-2)
- Mazaricos: Dani Varela, Cutu, Ricardo, Borja, Barbeira, Estéfano, Pose, Adrián García, Pereiro, Yago Dosil, e Raúl. Tamén: Joseph, José, Carreira, Piki e Roberto Amoedo.
- Goles: 0-1, m.41; 0-2, m.76.
Complicado partido para os de Chicho, que contaba con 6 baixas das importantes, que obrigaban mesmo a Piki e Amoedo a ficar no banquiño. Empezou moi ben o equipo amareño, dominando durante 25 minutos, facendo o xogo traballado durante toda a semana. Pero volveu chegar un baixón físico e o Lalín fíxose co dominio, e as ocasións. Nunha boa combinación por banda, cun 2 contra un chegaba o gol, e mesmo puideron sentenciar antes do descsanso.
Na segunda reaccionaron os amarelos, que dominaron tamén o primeiro ecuador, tendo boas ocasións. Protestaron unha falta dubidosa no medio campo cando quedaba Yago só contra o porteiro, e na seguinte xogada, outra falta permite ao Lalín ampliar a vantaxe nunha xogada a balñón parado.
Pese a derrota Chicho fica relativamente contento, a pesar da racha, o xogo e ante a cantidade de baixas, pois o equipo compite contra todos cara a cara.