martes. 12.05.2026
El tiempo

FUTFEM: O Soneira remata o curso como único equipo invicto do Fútbol da Costa sénior

Soneira campion da Ligada da Costa FEM
O Soneira xa co trofeo de campión da LigadaCosta FEM
FUTFEM: O Soneira remata o curso como único equipo invicto do Fútbol da Costa sénior

Unha semana menos para o remate das Ligas Fem. Na LigadaCostaFEM, só o Soneira adiantou o seu choque, goleando ao Ponteceso (11-0 con 4 de Kenny, 2 de Tamara, 2 de Kelly, e 1 de Laura, Noa e Cristal) e certificando que é o único equipo invicto da temporada no Fútbol da Costa sénior. As de Roland rematan con 18 vitorias, 4 empates, 87 goles a favor e 20 en contra, nunha exhibición tremenda.
Queda aínda unha xornada, o domingo que vén, cun enfrontamento directo entre Outes e Cabana xogándose o ascenso directo e a promoción, xunto co Juan Cabrejo.

No que atinxe á 2ª Div. Fem., continúa a loita do Muxía arriba de todo, de goleada en goleada (só leva 1 derrota en todo o curso, sumando goles por se hai empate, xa que está o golaveraxe individual igualado), cóbado con cóbado co Tordoia, que tampouco rebaixa. Quedan 3 semanas por diante, co Corme aínda aspirando á promoción tras vencer ao Milagrosa, ao que deixa a 4 puntos e cun partido máis.

Eva Lema, a pichichi

Eva Lema no Muxía-Union Campestre-Foto-Marina Busto
Eva Lema no Muxía-Union Campestre-Foto-Marina Busto

Se ben ao Muxía aínda lle quedan 3 xornadas por diante, non quixo esperar Eva Lema par certificar o seu pichichi das Ligas da Costa e asegurar o prezado balón da Olería de Buño. A muxiá marcaba 5 ante o Ordes e suma 49 (Rebeca do Tordoia, 44; e a tamén corviña Barca é terceira con 39), superando xa á soneirá Kenny, que facía 4 ante o Ponteceso, pero queda con 47 puntos xa sen partidos que xogar.

A pichichi vimiancesa Kenny
A pichichi vimiancesa Kenny

2ª Div. Fem, xornada 31

San Lázaro - Esteirana (4-2)

  • Esteirana: Lidia, Tobío, Nerea, Marta, Melania, Lara, Nura, Alba, Rut e Bárbara.
  • Goles: 0-1, m.20: Rut; 1-1, m.21: Douaa; 2-1, m.23: Douaa; 3-1, m.32: Paola; 3-2, m.40: Rut; 4-2, m.88: Douaa.

Esteirana en Lugo

Heroínas son estas esteirás que outro día máis volveron presentarse con 10 en Lugo, pero é que aos 5 minutos, Alba disputa un balón aéreo onde impacta de maneira fortuita na cabeza dunha defensa rival tendo que marchar con Fran Figueroa para o hospital cunha brecha na que tivo que levar 5 puntos. Con 9 competiron as blaugranas todo o partido, ante un cadro lucense que estivo máis acertado.

Corme - Milagrosa (3-1)

  • Corme: Lucía, Lucía Rod., Olalla, Zeltia, Ana Suárez, Cris, Saskia, Laura, Claudia, Natalia, Carla. Tamén: Candela e Aroa.
  • Goles: 1-0, m.14: Claudia; 1-1, m.20: Candela; 2-1, m.85: Carla Pose; 3-1, m.95: Claudia.

Aínda está moi vivo este Corme, despois do partidazo vivido no Cairo, con dous equipos que competiron a un nivel alto de intensidade moi ordenados defensivamente e cunha presión alta na saída de balón. Aínda así, os dous equipos superaban ben a presión rival e trenzaban fermosas xogadas de ataque. Demostración de entrega das de Rubén, que comezaban marcando pronto, pero o rival empataba.

Cee - Orillamar (3-0)

  • Cee: Noemi, Lurs, Cris, Ramos, Aroa, Sabela, Caro, Laura, Martínez, Saray Duarte, Nayara. Tamén: Valeria, Paula Veiga, Thalia, e Aroa.
  • Goles: 1-0, m.3: Martínez a centro de Cris; 2-0, m.71: Thalía marca un golazo tras un córner; 2-0, m.79: Paula Veiga.

Segue manténdose en forma o Cee esperando a final da Copa da Costa do 6 de xuño ante o Xallas. O domingo non o tiveron doado ante unhas novas herculinas que xogan moi ben. Comezaron pegando e atacando moito con balón, facendo unha fantástica primeira metade, pero sen acerto. Na segunda comezaron de novo presionando moi arriba, pero ata o último treito de partido, non sentenciaron as de Rafa, co golazo de Thalia e o de Paula.

Brexo Lema - Dumbría (4-0)

  • Goles: 1-0, m.40: Rebeca; 2-0, m.50: Estela; 3-0, m.70: Amanda; 4-0, m.87: Noa.

Partido apático dunhas dumbriesas xa desexando rematar a temporada, que se presentaban con 11 xogadoras xustas no que as locais superaron en intensidade e gañas dende o primeiro ao último minuto.

Órdenes - Muxía (0-13)

  • Muxía: Vero, Nerea Pazos, Raquel, Nerea Barrientos, Piroja, Eva Lago, María, Andrea, Patri Romaní, Eva Lema, Barca. Tamén: Sheila, Paula, Irene, Laura Doce, Karen.
  • Goles: Eva Lema (5), Barca (4), Patri Romaní (3), Nerea Barrientos.

Pouco que dicir dun partido a días marchas. As Noe Iglesias adaptáronse fenomenal ao céspede natural de Vista Alegre, marcando goles buscando alcanzar na loita polo golaveraxe xeral co Tordoia.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info

Comentarios