Xoves. 28.03.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Negreira demostra o seu potencial ante a invasión irmandiña

Negreira-Soneira en QPCtv 4
Negreira-Soneira en QPCtv 4
1ª Autonómica: O Negreira demostra o seu potencial ante a invasión irmandiña

Completita esta xornada 7 da miniLigadaCosta na 1ª Galicia. Unha miliLiga que se expandiu ata Negreira, ata onde foi o equipo de #QPCtv para retransmitir o partido da semana. O xa líder da categoría demostrou por que é o máximo candidato ao ascenso, cun equipazo equilibrado en todas as liñas que venceu con solvencia a un bo cadro soneirán.

No resto de partidos, o Mazaricos segue facendo do Peña de Ouro un fortín e venceu a un Dumbría que ademais caza na parte alta da táboa, onde tamén está un Tordoia que onte podía co Volantes. O partidazo da xornada protagonizouno o Corme, cunha remontada incrible ante o Belvís.

 

Baio - Ponteceso (1-1)

  • Baio: Diego, Ceide, Peke, Yago, Alberto, Alex Varela, Iván, Damián, Braian, Paco e MC. Tamén: Víctor, Pedro, Naim, Sergio e Hugo.
  • Ponteceso: rais, Isaac, Ismail (Moscoso, m.77), Eloy Trigo, Luca, Pablo Vázquez, Dani Cotelo (Nando, m.42), Alberto Recarey, Mendieta (Juanjo, m.87), Charro (Eloy Álvarez, m.74), Iago López.
  • Goles: 0-1, m.6: Charro de penalti; 1-1, m.54: MC.

Baio-Ponteceso-Foto-Brais Pose
Capis do Baio-Ponteceso-Foto-Brais Pose
Fotos de Brais Pose

Saía mellor o Ponteceso ao Platas Reinoso, chegando arriba e apurando ao cadro local. Nunha desas internadas o colexiado viu man de Ceide e sinalou os 11 metros, dende onde non marrou Charro para adiantar aos de Pablo Mallón.
Cambiaba o partido e era o Baio o que collía o balón ante un Ponteceso que se xuntaba no seu campo para intentar roubar e saír rápido. Pero non puido o Baio chegar arriba malia ter o control.

Na segunda metade, sairía o Baio enchufado, e pronto igualaba cun tanto de MC que remataba con dificultades un pase de Damián. Igualáronse as forzas, nun treito final trabado e lioso para o colexiado, que viu como os baieses lle protestaban dous penas máximas. Si que nos últimos minutos Hugo estivo a piques de conseguir o gol da vitoria nunha ocasión que se lle vai longo o control e remata de tacón. Pero o Ponteceso, que aguantou mellor contra o final, tivo varias chegadas por medio de Charro, Nando e Eloy Trigo.

 

Volantes - Tordoia (0-2)

  • Volantes: Alberte, David Pais, Godo, Oscarín; Miguel da Corocha, Pardelo, Santi, Pesco, Mateo, Toni; Álex. Tamén: Isma, Damián, Pablo, Riki e Kevin Lariño.
  • Goles: 0-1, m.12: Denis; 0-2, m.91: Abel.

Volantes-Tordoia-Foto-Adriana Fdez
Foto de Adriana Fdez.

Partido moi aberto que deixou escapar o Volantes na casa ante a súa entregada afección. Comezaba o choque con alternativas por ambos lados nos primeiros minutos. Non empezaron mal os de Iván González, que presionaban arriba e disputaban o control do balón. Os visitantes, con Abel, Denis creaban perigo á contra, e se adiantaron nun nun balón longo, que malia boa transición rematou o punta local Denis.

Inentou levantar o partido o cadro muradán, malia non ter grandes reforzos polas baixas, pero tivo o control na segunda metade. Pasaban os minutos e ían chegando tímidas ocasións, pero o choque foise rompendo. Tivo que salvar Alberte varias chegadas visitantes, pero os laranxas puideron empatar en varias ocasións, como un cabezazo de David ou unha chegada de Toni. Cando parecía que estaba preto o empate, xa no desconto, chegaría a sentenza dos de Dani Calvete, o adestrador de Buño.

 

Mazaricos - Dumbría (1-0)

  • Mazaricos: Iván Baña, Manuel Sueiro, Raúl, Marcos, Esteban Pereiro, Marcos Corzón, Kevin Trillo, Mario, Mario Roo, Rachón, Brais. Tamén: Ángel, Juan, Carreira, Ricardo e Cives.
  • Dumbría: Anxo, Kanario, Matías (Marcote, m.60), Pablo Paz, Sendón, Baba, Xaco, Darío, Mataso (Lucas, m.80), Mario e Alfredo (Brais Fdez, m.70).
  • Gol: 1-0, m.58: Kevin.

Dumbria en Mazaricos
11 do Dumbría na Pedra de Ouro

Partido tremendamente igualado esta tarde, feo para o espectador con escasas ocasions de gol pero si moi competido durante os 90. Comezou o cadro de Pablo máis enriba do cadro local, e foi dono da 1ª parte e estrelaria dous balóns na madeira, un por parte de Sendón e outro dun precioso lanzamento de falta de Darío.

Cambiaría o choque na segunda, que se igualaría. Os de Diego Gálvez chegaban con algo máis de perigo, como a contra que significou o único gol do partido, que partía dun córner dumbriés. A partir de aí nada, perdas de tempo, e moi pouco fútbol, máis alá dun gol anulado a Brais nunha acción de saque de esquina e un par de remates a gol de Chumiko e Borja que non subiron ao marcador.

 

Negreira - Soneira (2-0)

  • Negreira: José Dacuña, Juanjo, Paco Sanín, José Caamaño, Juan Diego; Marcos García, Canabal, Piki, Brais, Gonzalo e Berto. Tamén: Uxío, Berdullas, Xaco, Julián e Álvaro.
  • Soneira: Javi Souto, Ángel, Brais Pereira, Brais Mouzo, De la Sierra; Diego Lois, Javi Souto, Dani Casal, Álex Figueiras, Maki e Agra. Tamén Mayor, Basti, Fran Calvo, Darío e Damián.
  • Goles: 1-0, m.28; Berto remata un centro dende a dereita tras unha bonita xogada trenzada; 2-0, min.68: Berto remata un centro de Juan Diego.

Negreira-Soneira

Xa tendes en www.qpctv.gal o partido ao completo, no que podedes comprobar o potencial deste Negreira dirixido por Chus Baleato. O Soneira, que chegaba con moitas baixas, non puido plantarlle cara e só durante 20 minutos da segunda metade deu a sensación de poder darlle a volta ao partido.

Comezou mandando o cadro local que na primeira metade tivo varias ocasións claras. Aguantaba o chaparrón o Soneira cun gran Javi Souto, dun Negreira que entraba pola banda dereita, do costeiro Piki e o avión Juan Diego, que controlaba no medio campo co káiser Marcos García, e que tiña arriba dous puñais como Gonzalo e Berto. Nunha xogada combinada chegaba o primeiro de Berto, tras unha combinación precisamente de Piki con Juan Diego.

Ademais das ocasións, tamén caían as lesións no cadro de Pedro Gómez, que se xa viña en cadro, marchou practicamente con 11 xustos.

Na segunda, tras un cuarto de hora de control local, o cadro soneirán con Basti e Javi Souto foise estirando, pero non daban chegado arriba. Si que houbo minutos que parecía que se podían ter metido no partido, pero outra xogada por banda dereita acaba cun centro de Juan Diego e un remate de cabeza de Berto que case atalla Javi Souto pero que significaba o tanto da sentenza. Pouco máis de aí ao final.

  Negreira-Soneira en QPCtv Javi Souto
Javi Souto foi protagonista do postpartido de QPCtv

Belvís - Corme (4-5)

  • Corme: Illote, Jesús, Brais, Pandi, Aitor; Brais Torrado, Sergio Sueiro, Lucas, Josiño, Eloy Villar e Alejo. Tamén: Mauro, Hugo, Borja , Senén e Samu Costa.
  • Goles: 1-0, m.11; 1-1, m.40: Lucas; 1-2, m.47: Samu Costa; 2-2, m.48; 3-2, m.58; 3-3, m.65: Alejo de penalti; 2-4, m.72: Alejo; 2-5, m.75: Lucas; 4-5, m.90.

Partido de tolos nas Cancelas, que empezaba Belvís levando o peso do partido e o Corme esperando. O cadro santiagués conseguía un gol pronto froito da posesión e do mal inicio do Corme. Pero co pasos dos minutos os de Lelo foron encontrando o seu sitio, e pronto conseguían empatar cun golazo de Lucas de volea por toda a escuadra.

Empezaba a segunda parte como terminou a primera, co Corme mellor e conseguía adiantarse por medio de Samuel, que define moi ben logo dun gran pase de Lucas. Pero pouco duraría a alegría porque o Belvís empataba case de seguido nun balón colgado e pouco despois se metía por diante cun tiro cruzado.
O partido abriuse e o Corme, gracias a un penalti por mans, conseguia empatar. A raiz do empate xogaron mellor os cormeláns e outro pase de Lucas en profundidade aproveitabao Alejo para facer o 3-4. O Belvís trataba de xogar e conseguía crear perigo con balóns laterais. Pero o Corme aínda presionaba ben no medio e nun balón que Lucas rouba en tres cuartos encara o central e bate o porteiro cun tiro cruzado abrindo distancia definitiva. O Belvís con seguía recurtar distancia no desconto pero sin tempo para nada máis.

Ve o Negreira - Soneira en QPCtv

Comentarios