1ª FUTGAL: Subindo ao segundo e ao terceiro vagón
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.

6ª xornada da 1ª FUTGAl e os nosos 6 equipos van collendo posicións. Dumbría e Castriz gañaban, pola mínima pero merecendo máis, e se colocan, como a Esteirana (que se deixou 2 puntos despois de poñer o fútbol e todo no seu partido), no segundo vagón, mirando cara os postos de promoción.
Un pouco máis atrás, xa no terceiro vagón, fican Muxía (que fixo sufrir o líder) e Fisterra (que salvou un puntiño en Calo), intentando afianzarse no bloque dos equipos que empezan a alonxarse de zonas perigosas para intentar vivir tranquilo o máximo tempo posible da temporada.
Un vagón que aínda lle queda lonxe ao San Lorenzo, que segue sen sumar de 3 en 3, fica de pechacancelas, pero onte demostrou que cando estea acertado cara gol, poderá competir incluso ante os de arriba, como este Boimorto.
San Lorenzo - Boimorto (1-4)

- San Lorenzo: Mario, Pablo Garrido, Baldo, Javi Pérez, Andrés, Añex Vázquez, Alex Costa, Riki, Iago, Alex Taibo e Eloy Arantón. Tamén: Benja, Raúl, Pablo Rod., Alberto Campos, Hugo, Ragusa e Rubén.
- Goles: 1-0, m.9: Javi Pérez; 1-1, m.23: Alexandre Villaravid; 1-2, m.41: Diego Quintas; 1-3, m.44: Manu Casal; 1-4, m.70: Borja Casal.

Amosou a súa candidatura ao ascenso o Boimorto nas Pedreiras, pero o equipo de Cantudo competiu ben, e mereceu máis premio para a cantidade de ocasións que tivo. Saían fortes os locais e pronto se adiantaban, tendo ocasiñons para ampliar a renda como un balón que petou no longueiro ou unha xogada a balón parado tamén clarísima. Pero era o cadro visitante o que acertaba nunha das súas poucas chegadas. O partido igualábase e antes do descando chegaban dous goles case consecutivos que non facían xustia ao visto no campo.
Tras o paso por vestiarios o SanLo estirou liñas para recurtar distancias, ante un Boimorto sólido en defensa, que non permitiu grandes ocasións e que sentenciou no treito final.

Club do Mar - Muxía (2-1)
- Muxía: Adrián, Anxo, Congui, Carlos Costa , Darío, Julián, Mauro, Isma Pose, Iago Muíño, Manu Nogueira e Adam. Tamén: Ángel, Mateo, Manu Martínez, Fran Moreira, Víctor Alcaina, Hugo Haz e Kevin.
- Goles: 0-1, m.6: Manu Nogueira nun córner; 1-1, m.25: Rubén Pallín; 2-1, m.66: Tiago.
Bo partido no municipal da Laracha cos dous equipos indo polo partido dende o primeiro momento. Adiantouse pronto o cadro de Pataca tras unha xogada ensaiada, deixando que o partido fose collendo ritmo. No ecuador do primeiro tempo chegaba o empate nunha xogada na que os muxiáns pedían unha falta no medio campo. Nese treito os locais pegaban a balón parado, pero os muxiáns tiveron dúas ocasións clarísimas para poñerse por diante, un man a man de Iago e un remate de Mauro a “bocajarro” na que o porteiro se atopa con ela.
Na segunda parte, os locais comezan a facer dano por banda, pero as mellores ocasións eran protagonizadas por Fran Moreira. Nun mal despexe de Adri, fan o segundo os caioneses. O Muxía non decae e envórcase polo partido, conseguindo ter un par de ocasións moi boas, sobre todo unha de Manu Nogueira xa no último suspiro, convertindo ao meta local, Adrián Rama, no heroe do partido.
Esteirana - Bastavales (1-1)
- Esteirana: MJ, Kevin Rial, Simón, Godo, Tobío, Pablo Rama, Alex Rama, Pachi, Piki, Oli e Rober Pladur. Tamén: Adrián, Uxío, Héctor, Antón e Adán Vara.
- Goles: 1-0, m.40: Rober Pladur de penalti; 0-1, m.50: Rubén Portos;
Outro partido no que os dominadores absolutos son os esteiráns, circulando o balón con calidade ante un rival que o único que busca e cortar e lanzar en longo. Facía correr o cadro de Esteirana ao rival, facendo boas xogadas e tendo boas ocasións (un córner, un par de tiros…). Así chegaba o gol, ao sufrir un penalti tras unha fermosa combinación.
Tiveron os de Iván González boas chegadas para matar o partido no comezo da seguunda, pero nun saque longo do porteiro, o balón bota, o pesca o dianteiro visitante que lla cola por arriba a MJ. Entraron as dúbidas e as presas aí nos locais, pero aínda así foron chegando as ocasións, como unha clarísima dentro da área de Rober Pladur que marcha alta, ou mesmo outro penalti do 9 que vai ao pau. Tamén Aán Vara, que debutaba, tiña unha boa ocasión pero o balón non quería entrar. E xa contra o final tivo que aparecer MJ para salvar un man a man.
”Nós puxemos o fútbol e todo, pero levamos só 1 punto. Esperemos que o fútbol que etsamos facendo se reflexe máis na clasificación”, sinala con algo de rabia Iván González.
Calo - Fisterra (1-1)
- Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Rubén, Dani, Piti, Jano, Lobelos, Mauro, Bruno, Isaac. Tamén Luisete, Jose, Aarón Domínguez e Ángel.
- Goles: 0-1, m.37: Isaac Fábregas de penalti; 1-1, m.65: Rosendo.
Enfrontábase o Fisterra a un equipo moi serio, que sabe moi ben ao que xoga, e se ben lle falta un puntiño de calidade para estar arriba, é do máis firme da categoría. En fronte, Diego Lobelos con moitos problemas de efectivos (onte non puideron estar catro fixos como Makaay, Maikel Mouzo, ademais dos Breixo e Juan, fóra dende hai un mes). Así e todo saían ben os locais, con diagonais e entrando en segunda liña pero sen grandes ocasións máis que unha que ten que salvar Jano e un saque rápido nunha falta ao que non chegan ao remate. No lado fisterrán tamén tiñan algunha chegada, como un tiro de Mauro e outro de Isaac, que tamén sufría un penalti que transformaba para poñerse por diante chegando ao descanso.
Na segunda os locais dominanban, sen grandes atrancos nin ocasións. So que tivo o segundo Isaac, pero tropezaba cando estaba só no man a man. Era un monólogo local, pero sen ocasións clarísimas véndose dous goles anulados por fóra de xogo, un en cada área. Faltando 5 minutos, Joselu recibe unha amarela por perder tempo, faille o xesto do pulgar arriba de aceptación, pero o colexiado o toma como falta de respecto e o expulsa, tendo que colocarse Isma baixo paus. Probaron dende lonxe pero non colleron portería. Lobelos volve satisfeito co puntiño, e xa pensa no Vista Alegre, que aínda non gañou, para facer este punto no, e ver como resolve a baixa de Joselu, pois non conta con outro porteiro de referencia.
Castriz - Vizoño (4-3)
- Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Borja Gándara, Brais, Iván Facal, Adrián García, Alberto Mata, Sebas, Miller e Iván Pastoriza. Tamén: Rodo, Noli, Álvaro, Iván Fraga, Gesto e Saul.
- Goles: 1-0, m.1: Borja Gándara a centro de Iván Pastoriza; 2-0 m.37: Brais nun corner de Iván Facal; 3-0, m.54: Borja Gándara; 3-1, m.55: Jesús Ois; 3-2, m.64: Diatta; 4-2, m.71: Rodo a pase de Noli; 4-3, m.83: Diatta de cabeza nunha falta lateral.
Bo partido do Castriz, pero parece que non poden estar tranquilos un domingo en San Pedro. Defendían ben os balóns directos do Vizoño, e atacaban con calma e con calidade, marcando dous e tendo un par máis para sentenciar cunha de Miller mandou unha vaselina no man a man fóra, e un remate de Sebas de cabeza na área pequena.
Seguía moi ben o cadro de Miguel Chouza na segunda, e pronto facía o terceiro. Parecía que se acababa o partido, pero na seguinte xogada recurtaban e a cousa se igualaba. Arriscaron os locais, que se metían de novo no partido co segundo tanto. Pero deixaban moitos espazos é a contra, Rodo ampliaba. Segunda vez que parecía que o partido se daba por morto, pero nada diso. A falta de 7 minutos recurtaban outra vez nnunha falta, e a falta de 5, Coke protestaba unha acción na que o colexiado non lle deixou colocar a barreira e acabana expulsado. Era Saúl o que tiña que poñerse baixo paus, tendo ademais que aparecer para salvar os puntos.
Dumbría - Agolada (2-1)
- Dumbría: Anxo, Marcos, Kanario, Pablo Paz, Samuel Quintáns, Marcote, Toni Vilar, Dani Cao, Lucas, Raúl e Estévez. Tamén: Isma, Quique, Iago, Adri Periscal, Baba e Xabi.
- Goles: 1-0, m.50 Xabi Castro; 1-1, m.69: Currás; 1-2, m.92: Diego Estévez.

Complicado choque o que afrontou o cadro de Pablo Conde ante un equipo que formulaba un partido de ritmo baixo, trabado, provocando que a primeira metade fose moi aburrida.
Na segunda soltáronse algo máis os locais, adiantáronse os locais por medio de Xavi, pero cando máis claro estaba o partido, un roubo de balón permitiu aos visitantes empatar. De aí o equipo empurou e empurrou chegando unha e outra vez á área contraria. Tamén tiña que aparecer Anxo para salvar o 1-2, pero de tanto ir, xa no desconto Estévez salvou os puntos.
Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
- X.5: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis.
- X.4: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza.
- X.3: Fútbol total
- X.2: O Dumbría pon a quinta marcha.
- X.1: Dumbría e Fisterra comezan de 4 en 4.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.