Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Mazaricos ponse de líder

Mazaricos-Tordoia
Imaxe do Mazaricos-Tordoia
1ª Galicia: O Mazaricos ponse de líder

Volveu rodar o balón nos campos do Fútbol da Costa. Non en todos, pois foron un total de 9 partidos suspendidos por problemas de COVID dos 21 que se tiñan que desputar nesta xornada. Unha xornada que ademais foi retrasada no calendario trala suspensión das ligas costeiras na última fin de semana de 2021, polo pasamento do colexiado cormelán Lucas Vicente Vidal.

Así, nesta xornada suspendéronse o Negreira-Ponteceso e o Soneira-Corme pola cantidade de positivos que asolagaron a todos os equipos. Unha situación que aproveitou o Mazaricos para colocarse líder, cun punto sobre o propio Tordoia e 3 sobre o poderoso Negreira, que ten 2 partidos menos.

 

Mazaricos - Tordoia (1-0)

  • Mazaricos: Iván Baña, Mario, Borja, Esteban Pereiro, Rachón; José Ángel, Chumiko, Sandelo; Marcos, Kevin e Sandelo. Tamén: Ricardo, Ferreiro, Molinos, Chiqui e Pose.
  • Gol: 1-0, m.73: Sandelo no segundo pau.

Ambientazo no Pedra de Ouro

Partido entre dous equipos dun nivel similar, con moito xogo en medio campo e sen moitas ocasións. O cadro local saía moi enchufado e o tivo dúas claras, Kevin darialle ao longueiro desde a frontal e Marcos non acertaría no segundo pau unha xogada por banda. O Tordoia apenas se achegou a portería de Iván, únicamente con dous tiro de Manu sen apuros para o porteiro local.

Xa na segunda parte o Tordoia deu un pequeno paso adiante ata que o Mazaricos encontra unha boa boa xogada por banda de Marcos, que dá o pase atrás, o balón pasease e Sandelo remata espectacular chegando dende segunda liña.

De aí ata o final o Tordoia tratou de colgar balóns. Pouco antes de acabar unha "trifulca" despois dunha falta sobre Rachón, acabou con dous expulsados no bando do Tordoia. O partido decaeu, pero aínda puido ter algunha sorpresa, como un gol anulado a Molinos, ou unha última ocasión do cadro de Dani Calvete sobre o pitido final na que Alex manda por riba de Iván.

Unha vitoria moi importante que pon ao cadro mazaricán líderes seguindo como imbatidos no Pedra de Ouro, onde aínda non recibiron un só tanto.

 mazaricos celebrando unha nova vitoria
O Mazaricos celebrou a vitoria por videoconferencia co seu confinado adestrador Diego Gálvez.

Belvís - Baio (1-3)

  • Baio: Diego, Iván Rod., Iván García, Damián, Yago, Álex Varela, Santiso, Bieto, Braian, Paco. Tamén: Iago Cancela, Norberto, Mario, Naim e Hugo.
  • Goles: 0-1, m.6: Paco; 1-1, m,10: de penalti; 1-2, m.41: Braian; 1-3, m.65: Yago Couto.

Partido controlado de principio a fin polo cadro de Pablo Torreira. Puido ser un marcador máis claro, pero os baieses fallaron moitas ocasións. Adiantáronse cun gol de Paco tras un roubo na presión, pero de contado, nun erro defensivo chegou o penalti por man de Yago que supuxo o empate. Tras o gol tiveron os visitantes varios ocasións, a máis clara un man a man de Paco e varias chegadas por banda se remates claros. Anuláronlle, de feito, un gol a Bieito por fóra de xogo dubidoso e posteriormente, antes do descanso metiu Braian o 1-2.

Na segunda non cambiou a dinámica e o Baio seguía mandando, e chegando pero sen sorte cara gol, ata que Yago nun rexeite nunha falta lateral sentenciou co 1-3.
Na última xogada do partido Naim puido facer o 4º, cun pase o espacio de Hugo pero salvouna o porteiro.

 

Dumbría - Volantes (2-3)

11 do Dumbria

  • Dumbría: Anxo, Pablo Paz (Sendón), Matías (Róber), Kanario, Mataso, Baba, Brais (Lucas), Xaco, Dario, Code e Mario (Marcote).

11 do Volantes

  • Volantes: Alberte, David Pais, Santi, Godo, Pablo, Alex, Pesco, Pardelo, Toni, Kevin, Alex. Tasmén: Alex Figueiras, Isma Mayo, Mateo, Kike e Ricardo.
  • Goles: 0-1, m.44: Godo; 1-1, m.47: Code; 1-2, m.56: Alex; 1-3, m.89: Pablo; 2-3, m.94: Lucas Toba.

DUmbria Volantes

Partido moi igualado no Conco, con alternativas para os dous equipos, con chegadas nas dúas áreas, se ben o Dumbría tivo unha fase de dominio nos primeiros 45 minutos, que remataban co gol sobre a vocina dos visitantes.

Con ese tanto, os de Iván González pensaban controlar máis, pero nada máis saír Code marca nunha xogada na que a defensa laranxa queda pedindo fóra de xogo. Os de Pablo volveron apretar arriba, con ocasións, pero nun corner mete Alex un balón morto.
O Dumbría fixo cambio e botáronse arriba, e os visitantes aguantaban as embestidas e saían á contra. Xa sobre os 89, tras dous córners facía o terceiro o Volantes, algo excesivo para o visto no campo, pero o Dumbría non se rendía e marcaba Lucas o 2-3 , facendo sufrir aos visitantes os últimos 5 minutos do longo desconto.
3 puntos que saben a gloria aos de Iván González.

Comentarios