Martes. 07.05.2024
El tiempo

1ª Galicia: Este San Lorenzo vai en serio

San Lorenzo tras vencer ao Dumbria
Plantel do San Lorenzo tras vencer ao Dumbria
1ª Galicia: Este San Lorenzo vai en serio

Coa Copa da Costa xa na mente de todos, disputouse a 5ª xornada da 1ª Galicia, cun equipo destacado entre os nosos: O San Lorenzo.
Un Juanjo en estado de gracia (5 goles en 5 partidos) permitiu que o cadro de Verdillo sumase a súa 4ª vitoria en 5 partidos, esta noutro derbi ante o Dumbría, e se manteña no podio da categoría.

Polo demais, cómpre salientar a vitoria da Esteirana, que soubo rectificar erros e venceu a todo un Unión chegado de Preferente.
Vitoria tamén do Fisterra, no que a pesar da dinamita, por agora, cada gol vale ouro.

Mal partido do Baio, que queda en postos de descenso.

Baio - Agolada (0-3)

11 do CD Baio na casa outubro 2023

  • Baio: Iván Fraga, Pablo Rod., Pazos, Aitor Vilas, Sergio, Pablo Díaz, Iván Rod., Dani Pombo, Bieito, Guille Botas e Pazos. Tamén: Javi Souto, Josiño, Rubén, Guille Eiroa, Damián, Bryan e Sergio.
  • Goles: 0-1, m.63: Alex Bernárdez; 0-2, m.69: Alexandre; 0-3, m.74: Alexandre.
Baio-Agolada-Foto-Luis Gonzalez 3
Baio-Agolada-Foto-Luís González

Mal partido dun Baio con moitas baixas, ante un Agolada superior. Os de Félix aguantaron a primeira hora de xogo pero a partir do primeiro tanto quedaron a mercé do rival, que sentenciou en pouco minutos.

Baio-Agolada-Foto-Luis Gonzalez 2
Baio-Agolada-Foto-Luis Gonzalez

San Lorenzo - Dumbría (1-0)

  • San Lorenzo: Puyol, Samu, Lucho, Raúl, Andy, Juanjo, Jairo, Diego Varela, Alex Taibo, Manu Guillamet e Eloy Arantón. Tamén: Dani Varela, Davidson, Quin, Hugo, Dutra e David.

11 do Dumbria en Verdillo

  • Dumbría: Anxo, Samuel Quintáns, Pablo Paz, Kanario, Alex Sánchez, Baba, Dani Chao, Mataso, Xián, Raúl, Lucas Toba. Tamén: Carlos, Álex Sendón, Dani, Rivi, Alex e Adrián Periscal.
  • Gol: 1-0, m.27: Juanjo de penalti.

Partido igualado nas Pedreiras, de novo cun ambiente excepcional, entre dous equipos moi parellos. O cadro de Dani Casal compite cara a cara con todo o mundo neste comezo de liga, e tamén ante un Dumbría que viña de golear a todo un Fisterra (equipo que visita a semana que vén o propio San Lorenzo).

Arrincaba o choque cunha ocasión tras un saque de banda para os de Pablo Conde, na que Manu Guillamet, nun intento de despexe obriga a Puyol a facer un paradón. Moito medio campo e poucas ocasións ata que, á media hora, non desaproveitaba o “goleador” Juanjo un penalti cometido sobre Jairo para colocar por diante aos locais. A piques estivo de igualar o cadro visitante cun remate de Lucas tras unha xogada por banda.

Na segunda, o Dumbría apretou territorialmente, adiantando liñas e metendo atrás a un San Lorenzo moi ben ordenado, sen deixar fisuras. Creaba incerteza sobre todo en xogadas a balón parado o cadro dumbriés, se ben no último treito tanto puido caer o empate como a sentenza nunha clara de Riki.

Estrada - Fisterra (0-1)

  • Fisterra: Joselu, Piti, Colombia, Jano, Juan, Juan Lagoa, Lobelos, Mario, Luis, Estévez, Adrián Makaay. Tamén: Paulo, Rubén, Adri Castro, Coté, Martín Canosa, Moha e Guille.
  • Gol: 0-1, m.19: Piti.

3 vitorias con 4 goles a favor leva o Fisterra. O equipo de Diego Lobelos levou unha apretada vitoria da Estrada, nun choque moi sufrido. Comezaron os dous equipos saíndo co balón en corto dende atrás e buscando un fútbol combinativo, con moitos achegamentos pero sin rematar con perigo, ata que nunha xogada a balón parado, a defensa despexa, Piti lonxe da área controla e dispara facendo un golazo.

Co paso dos minutos e con tanto calor, o ritmo de ambos baixou. A Estrada dispuxo de ata tres boas ocasións que fixeron lucirse a Joselu.

No segundo tempo, os fisterráns apretaron liñas, tendo o equipo moi ordenado e intentando máis saír en contras. E o equipo soubo sufrir para aguantar o resultado e mesmo puido sentenciar no desconto, despois da expulsión de Luisete.

Unión - Esteirana (2-3)

  • Esteirana: MJ, Kevin Dasilva, Simón, Code, Samuel, Damián, Alex Rama, Pablo Rama, Brais, Oli e Piki. Tamén: Martín Rama, Adrián Abelleira, Roberto Pladur, Carajillo, Kevin Lariño, Tobío e Sergio.
  • Goles: 1-0, m.2: Simón en propia; 1-1, m.23: Brais; 2-1, m.26: Sergio Nieto; 2-2, m.30: Alex Rama; 2-3, m.74: Kevin Lariño.

Vitoria fantástica dos de Néstor. E iso que na primeira metade non saíron os esteiráns coa tensión e intensidade necesaria, e se viron superados. O choque comezaba xa cun tanto en propia meta, e os locais dominaban, combinaban… Así e todo, o equipo non daba o choque por perdido, e nun par de zarpazos no que parecía que espertaban os blaugranas, o xuvenil Brais e o capi Alex Rama empataban dúas veces os goles locais.

Cambiou o conto na segunda. O equipo subiu a marcha, moi firmes e sólidos, sen deixar ocasións, foi crecendo a medida que pasaban os minutos, superando fisicamente a un rival que vén da Preferente e mesmo tendo ocasións máis claras. Foi Kevin Lariño o que nunha desas internadas metía ao equipo por diante, e a partir de aí, foron 20 minutos de brega para manter a vitoria. Importante destacar que a expulsión de Kevin ao fío do 90 non descompuxo ao equipo.

 

Novas relacionadas

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios