Venres. 04.10.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Soneira ponse líder

Equipo do CD Baio en Pilono
Equipo do CD Baio en Piloño
1ª Galicia: O Soneira ponse líder

O Soneira recibía a todo un Negreira e se coloca líder da categoría. Os de Pedro Gómez sufriron pero se encaraman ao máis alto e presentan as súas credenciais.
Algo máis abaixo, pero apenas a 4 puntos do líder, sitúase un Dumbría que vai collendo a intensidade que pide Pablo Conde e parece que vai sumando cara arriba.

O que troupezou foi un Baio falto de intensidade en Piloño, e perdeu unha boa ocasión para meterse en postos de ascenso.

O Mazaricos, algo tocado trala marcha de Amoedo, sacou un puntiño en Escravitude, que o saca dos postos de descenso.
E volveu ter mala sorte o Volantes, que mereceu moito máis da visita ao Praíña, pero aínda así non teñen dúbida os muradáns de que vai ser un ano moi bo.  

Esclavitud - Mazaricos (1-1)

  • Mazaricos: Fedello, Mario, Borja, Pose, Cutu, Pereiro, Adrián (Ricardo), Piqui, Barbeira (Yago Dosil), Estéfano (Joseph) e Stefan.
  • Goles: 0-1, m.20: Piki de penalti; 1-1, m.43.

Partido cun Mazaricos que saía a esperar, para intentar roubar e armar contras. Os 15 primeiros minutos foron moi igualados sen un claro dominador. A partir de aí o amarelo íase impoñendo, e froito dunha recuperación, nunha contra entre Stefan e Barbeira e fixéronlle penalty ao primeiro. Transforma Piki. Eran bos minutos dos visitantes que puideron facer o segundo nunha contra, pero antes do descanso, empataban os locais nas súas mellores ocasións, sempre a balón parado.

Os locais saíron máis enchufados na segunda, pero sen grandes ocasións. Cos cambios o partido perde a tranqiuilidade e aparecen as ocasións. Mario puido marcar para os costeiros pero os locais tamén. Co partido enfilando os vestiarios, nunha condución de Pose desde atrás conbina con Stefan e prántase no man a man con Flori, que saca unha boa man.

 

Soneira - Negreira (1-0)

  • Soneira: Javi Souto, Cristian, Pichi, Alberto, Alex Taibo, Agra, Richi, Leilán, Javi, Róber Pladur e Basti. Tamén: Joel, Darío, Fran Calvo, De la Sierra, e Diego Lois.
  • Goles: 1-0, m.64: Richi.

Partido que empezaba cos soneiráns protestando un penalti por mans na área visitante, que o colexiado pensou que fora Pladur. A primeira metade sería moi igualada se ben os primeiros minutos sería de maior dominio soneirán, con ocasións como un centro chut de Pichi que batería na cruceta e un disparo de Richi dentro da area que responde ben o meta visitante.
Co paso dos minutos o Negreira empezaba a notarse máis cómodo no campo e lanzaba contras con Jose Caamaño coma home máis perigoso. O Negreira avisaría cun lanzamento de falta directa que respondería ben Javi e Jose Caamaño tamen tería un disparo perigoso que se vai fora tras tocar nun defensa soneirán.

O comezo da segunda metade chegaría a xogaba clave do partido, na que o vimiancés no Negreira Mayor vería a segunda tarxeta amarela por mans que deixaría os seus cun home menos toda segunda parte. A partir de aí o Soneira viríase arriba e contaría cun carrusel de ocasións clarisimas. A primeira sería de Rober Pladúr que no man a man dispara forte abaixo e quedaríalle debaixo das pernas o meta visitante. Tras unha boa xogada soneirán Richi recolle un balón dentro da área para batir o meta cun disparo cruzado pegado o pau para facer o 1-0.

Rober Pladur, Javi e Vía puderon ampliar a renda, pero non deron sentenciado e houbo que sufrir, sobre todo tras un erro na defensa soneirán tralo que Javi Souto tivo que salvar a vitoria.

 

Praíña - Volantes (2-0)

  • Volantes: Alberte, Kevin, Kacho, Rachón, Parde, Charles, Óliver, Pri, Rubén, Pesco e Berto. Tamén xogaron: Xian, Jano, Abel e Godo.
  • Goles: 1-0, m.62; 2-0, m.91.

Partido igualado e disputado que se descantou, unha vez máis, en contra do cadro muradán. Unha primeira parte onde o Praiña só creou unha xogada de perigo na que tras gañar liña de fondo ninguén chegou a rematar. O Volantes si tivo unha ocasión clara de Rubén, pero o meta local fixo un paradón. Tamén Pesco mandou un balón ao longueiro.

A segunda comezaba cunha boa contra, pero o tiro de Berto petou no porteiro. E case que na xogada seguinte o Praíña adiantábase. Neses minutos o cadro local quedaba con 10 e o Volantes volcouse sobre a meta rival. A máis clara para acadar o empate chegou xa no desconto, pero Charles, só na área pequena, mandaba o balón alto. E na seguinte xogada, contra deles e sentencia.

 

Unión - Dumbría (0-1)

  • Dumbría: Anxo, David, Kanario, Pablo Paz, Gusa, Xaco, Code, Mataso, Diego Cespón, Marcote e Yuyo. Tamén Rivi, Xabi, Diego e Charli.
  • Gol: 0-1, m.30: Marcote tras unha internada de David e un pase de Cespón.

Partido disputado, ante un Unión que ten moito mellor equipo do que di a clasificación. O Dumbría soubo xogar, chegando algunha vez por fóra, pero ben formado e sen permitir ocasións aos locais. Á media hora Marcote aproveitaba unha boa xogada para marcar. A partir do gol os locais colleron algo máis de balón e meteron algo atrás aos dumbrieses ata o final da primeira metade.

No descanso saíu Rivi, e o equipo, con 4 defensas, tivo media hora moi bo, chegando sobre todo cunha de Yuyo. Os locais intentábano con algún balón bombeado, e a incertidume do marcador obrigou a sufrir, pero con Rivi e Iago o equipo estivo moi seguro por arriba.

 

Piloño - Baio (2-0)

  • Baio: Diego Mallo, Rubio, Peke, Yago, Damián, Norberto, Bieito, Sergio, Braian, Manu Santiso e Martín MC. No banco quedan Julián, Carlos, Martín e Mario.
  • Goles: 1-0, m.26; 2-0,m .64.

Comezou o Baio tendo boas ocasións nos pés de Norberto, MC ou Santiso. Pero non estiveron acertados os de Pablo Torreira, que foron baixando a intensidade co paso dos minutos. Á media hora adiantáronse os locais.
No segundo tempo estiveron máis metidos os locais, e conseguiron sentenciar sen que os baieses ameazasen a vitoria.

 

TODAS AS TÁBOAS DE RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios