Venres. 26.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Xornada practicamente aciaga para os nosos

11 inicial do Dumbría ante o Tordoia
11 inicial do Dumbría ante o Tordoia
1ª Galicia: Xornada practicamente aciaga para os nosos

Os resultados non acompañaron aos nosos equipos durante a pasada xornada, na que o Dumbría foi o único de sacar algo positivo nun partido no que empatou co Tordoia do oleiro Dani Calvete.

No resto dos encontros, ningún dos conxuntos costeiros foron quenes de sacar algo positivo xa que nin Volantes de Baño, nin Soneira, nin Baio, nin tampouco o Mazaricos, lograron puntuar nos seus respectivos enfrontamentos.

Volantes de Baño FC 2 – 7 Cordeiro CF

Volantes de Baño FC: Alberte, Jano, Abel (Charles m.36), Thiago, Rubén (Álex Pri m.68), Xián (Pesco m.46), Rachón, Berto, Cacho, Kevin, Ángel (Óliver m.46).

Goles: 0-1 m.7: Manu García; 0-2 m.20: Marcos; 0-3 m.27: Manu González; 1-3 m.27: Xián; 1-4 m.39: Sergio (p); 1-5 m.63: Rivadulla; 2-5 m.73: Pesco; 2-6 m.85: Lucas; 2-7 m.90: Sergio (p).

Expulsión: O bañés Cacho no minuto 37.

Non foi un bo día para un Volantes de Baño que viu como o Cordeiro xa deixaba o encontro visto para sentenza nunha primeira metade que remataría cun claro 1-4 a prol dun conxunto visitante que aproveitou a tesitura coa que se presentou o equipo das velutinas, o cal presentou moitas novidades no once inicial.

Na reanudación, co partido xa decidido, o Cordeiro aínda aumentaría a súa vantaxe e Pesco volvería a recortar diferencias cun golazo de falta.

Pero xa nos minutos finais, os visitantes pecharían a goleada por medio de Lucas e Sergio.

Val do Ulla UD 2 – 1 Soneira SD

Val do Ulla - Soneira SD

Soneira SD: Javi Souto, De La Sierra (Darío m.76), Mayor, Richi, Basti, Diego Lois (Dylan m.87), Vía, Brais (Sergio m.67), Taibo (Fran m.76), Pichi e Leilán.

Goles: 1-0 m.39: Cristian; 2-0 m.75: Jacobo; 2-1 m.95: Pichi.

Expulsión: O local Guille no minuto 79.

Un efectivo Val de Ulla levouse os tres puntos ante un Soneira plagado de baixas nun partido que máis xusto sería un empate.

Os vimianceses sairían ben ao terreo de xogo e Basti avisaría das intencións dos seus cunha ocasión que acabaría sacando o porteiro.

No tramo final desta primeira metade, un golazo de falta de Cristian adiantaba ao Val do Ulla. Ao fío do descanso, Richi tivo a igualada nas súas botas pero o seu disparo sairía fóra por pouco.

Na reanudación, os irmandiños buscarían o empate pero o pau cruzaríase no camiño de Vía cando a afección visitante xa cantaba o gol.

Javi Souto evitaría o segundo gol con dúas boas intervencións, pero no minuto 75, un despiste defensivo dos de Pedro Gómez custaríalle o 2-0, obra de Jacobo.

O dianteiro vimiancés Basti puido meter aos seus de cheo na loita polo partido pero o seu remate sairía fóra por pouco. E xa no minuto 95, Pichi faría o definitivo 2-1 pero sería demasiado tarde para sacar algo positivo do encontro.

CF Dumbría 2 – 2 SD Tordoia

CF Dumbría: Anxo, Gusa, Canario, Pablo Paz (David m.52), Matías, Xacobe, Sergio, Mataso (Iago m.61), Yuyo (Charly m.82), Cespón, Marcote (Xabi m.75).

Goles: 1-0 m.10: Marcote; 2-0 m.14: Cespón; 2-1 m.73: Maki; 2-2 m.87: Fariña.

O Dumbría poñía o marcador moi favorable nos primeiros minutos, xa que Marcote nun man a man e Cespón cun gol olímpico superaban a Juanjo para poñer o 2-0 no luminoso.

Tras isto, Cespón estivo a piques de volver a sorprender dende o saque de currucho e o Tordoia non se veu abaixo e tería varias oportunidades para recortar diferenzas pero Maki por dúas veces e David non acertaría.

Na reanudación, o Tordoia saíu a por todas pero non sería ata o minuto 73, cando Maki faría o 2-1. A continuación disto, o propio Maki e Dani Pena puideron empatar pero non serían quenes de materializar as súas ocasións.

Co Tordoia na procura do empate, o Dumbría tivo dúas oportunidades para sentenciar o encontro pero Juanjo estaría moi acertado e mantería aos seus no partido, o cal remataría co empate a dous despois de que Fariña superase a Anxo.

CD Baio 1 – 2 Praíña SC

Baio-Praíña

CD Baio: Diego Mallo, Norberto, MC, Bieito (Cebey m.87), Braian (Martín Gemelo m.53), Manu Santiso (Mohedano m.65), Porti, Rubio (Carlos m.77), Peke, Javi Suárez y Yago.

Goles: 0-1 m.14: Román; 1-1 m.40: Rubio; 1-2 m.74: Javi Sánchez.

Resultado inxusto o que sufriu un Baio que fixo merecementos para sacar algo positivo deste encontro no que se adiantaría o Praíña nun erro na saída de balón por medio de Román. A pesares disto, os branquiazuis reaccionarían e Rubio devolvería as táboas ao marcador.

Xa no treito final, Javi Sánchez faría o definitivo 1-2 nun partido no que o Baio tivo ocasións para levarse, canto menos, un punto.

Mazaricos CF 0 – 1 SD Piloño

Mazaricos CF: Dani Varela, Cutu, Borja, Mario, Ricardo, Barbeira, Piki, Estéfano, Pereiro, Joseph (Viturro m.57) e Pose.

Mazaricos-Pilono

Gol: 0-1 m.81: Diego.

O Mazaricos saltou ao terreo de xogo máis enchufado ca un Piloño que saíu decidido a deixarlle levar a iniciativa a un cadro amarelo que a pesares de ser superior neste primeiro tempo non foi quen de inquedar en exceso á portería dos de Vila de Cruces.

Na reanudación, foron os visitantes quenes saltaron mellor ao Peña do Ouro e cando todo facía parecer que o empate non se movería, Dani Varela evitaría o gol do Piloño con dúas grandes intervencións.

E no minuto 81 chegaría o único gol do partido despois de que Diego rematase un centro lateral para superar ao gardameta mazaricán e darlle os tres puntos aos visitantes.

Comentarios