2ª Autonómica: O Muxía presenta a súa candidatura en Verdillo
Tardou o cadro de Leis e Lobelos en arrincar, pero parece que este domingo presentou a súa candidatura vencendo en Verdillo, ante un San Lorenzo que contaba partidos por vitorias. Aínda así, os de Santi Cambón manteñen o liderato tras 5 xornadas, empatado cun Ponteceso que sufriu, pero venceu ao Baíñas, e cun puntiño de vantaxe sobre o Corme, que venceu a un bo Cee. Esteirana, Muros e o propio cadro ceense forman a segunda comanda.
Por abaixo, o Zas de Periscal sumou o seu primeiro punto da tempada, caían Buño, Cabana e Baíñas e o Castriz sumaba un punto ante o Coristanco.
Zas - Cerqueda (1-1)
- Zas: Puyol, Balsa, Juan, Brais, Atu, Manu Fuentes, Fabi, Elou (Iván, m.76), Manu Guillamet (Andi, m.73), Oreiro (Brais Espasandín, m.58) e Molinos (Andrés, m.87).
- Cerqueda: Darío, Estefan, Dani, Javi Souto (Julián, m.76), Javi Pazos (Marcos Pensado, m.26), Diego, Lorenzo, Dani Mato (Bastón, m.84), Iván Rojo, Iván Mato, Pitu (Eloy, m.58).
- Goles: 1-0, m.8: Dani en propia porta tras cabecear para atrás un saque longo de Puyol collendo descolocado a Darío; 1-1, m.9: Iván Mato a liña de gol.
Foto: Ra
Reparto de puntos en San Andrés que non satisfai a ningún dos dous equipos, tras un choque moi igualado, sen apenas ocasións pero con moita intensidade. Era un partido especial para Raúl Periscal ante o seus ex como nos contaba o pasado venres.
O Cerqueda tratou de ter máis o balón e saír xogando desde atrás, pero o xogo era moi embarullado. En apenas dous minutos o Zas se adiantaba nunerro da defensa visitante, e Iván Mato empataba. Tivo nese ratito o Cerqueda varias ocasións, pero tamén Eloy facía dano por banda do lado dos locais. Os de Míchel tampouco conseguían dominar na segunda metade, e apenas houbo unha ocasión por bando: unha acción de Iván Mato, que regateaba ao porteiro e mandaba fóra a porta baleira, e un remate de cabeza de Brais nos minutos finais que marchou ao longueiro.
Foto: Ra
Coristanco - Castriz (2-2)
- Coristanco: Mauricio, Álex, Samuel, Damián, Villajos, Rubio, Jose, Corral, Erre, Sergio e Samu Vázquez. Tamén: Rubén, Pazos, Jonathan, Dani Vázquez, Mario.
- Castriz: Fran Fagín, Carlos Paredes, Alex Mourelle, Iván Castro, Chiki (Pablo Martínez), Iván Pastoriza, Adrián, Anxo, Espi, Iván Rey (Brais Sendón), Sebas (Martín Cambón)
- Goles: 1-0, m.4: Marcos; 1-1, m.25: Espi a pase de Iván Rey; 1-2, m.50: Sebas a centro pasado de Chiki; 2-2, m.60: Samuel de penalti.
Empate xusto, visto o visto nun novo partido moi intenso. Fixeron os de Miguel Chouza un cambio de sistema, e empezaron ben pero unha perda tonta permitiu aos coristanqueses poñerse por diante. O Coristanco aproveitaba as dúbidas do cadro xalleiro, que se foi colocando e fixo unha moi boa media hora ata o descanso, colléndolle o ritmo ao partido, obrigando aos de Juni a sacar balóns longos. Marcou Espi e puido caer algún máis do lado xalleiro antes do descanso.
Saíu tamén ben o Castriz, e ampliaban a vantaxe, pero chegaba un penalti, de novo protestado por uns xalleiros que se seguen queixando das actuacións arbitrais.
Co 2-2, o partido puido caer de calquera lado, cun intercambio de golpes, con ocasións a balón parado para os rossoneros, e tamén tres córners seguidos do Coristanco no desconto que puideron decantar o partido para os locais.
San Lorenzo - Muxía (2-3)
- San Lorenzo: David Pena, Raúl, Pablo Garrido, Diego, Ures, Fuentefría, Alex Fdez, Brais, Yago e Pablo Díaz. Tamén: Brais Rey, Fran, Styven, Padín e Kuki.
- Muxía: Hugo. Conguito, Brais, Michael, Maikel. Tati, Pereira, Mauro, Edu, Rati e Nogueira. Tamén xogaron: Víctor Alcaina, Mariño, Martín e Reigía.
- Goles: 0-1, m.17: Mauro; 1-1, m.41: Fuentefría; 1-2, m.58: Manu Nogueira; 2-2, m.68: Brais; 2-3, m.75: Tati.
Tarde soleada e vistosa nas Pedreiras, aínda que, non tan vistoso foi o partido na primeira parte, na que os dous equipos xogaron a non cometer ningún erro. Foi un choque moi disputado ata o final, que puido ter rematado en empate, pero no que o cadro muxián foi ata tres veces por diante.
O primeiro tempo rematou con empate tras dous goles en xogadas a balón parado. Na segunda parte os dous equipos abríronse un pouco para ir polo partido na que se viron máis ocasions para os dous equipos pero nesta tarde a efectividade nas áreas decidiu o partido. Sóubose repoñer o Muxía e non agazaparse a cada golpe dos locais, e Tati na recta final fixo un auténtico golazo para levar os 3 primeiros puntos de Verdillo.
Corme - Cee (5-2)
- Corme: Illote, Jesús, Javi Peón, Alejandro, Pandi, Sergio Sueiro, Adrián Doldán, Brais Corral, Toniño, Manu Bermúdez, e Alejo. Tamén: Lucas, Samu, Brais Torrado, Dani Casal e Javi Bermúdez.
- Cee: Carlos, Álex Agulleiro, Jorgito, Aitor, Cote, Ezequiel, Martín, Josiño, Chema, Leo e Patera. Tamén: Joselu, Brais Rey, Alex Castro, Rubén Yaya, e Iago.
- Goles: 1-0,m .20: Alejo; 2-0,m .23: Alejo ; 2-1, m.44: Ezequiel de gol olímpico; 3-1, m.64: Alejo de penalti; 3-2, m.76: Aitor; 4-2, m.79: Lucas; 5-2, m.90: Lucas.
Partido máis igualado do que di o marcador final. Primeira metade na que o Corme, que deixaba no banco xenres como Dani, Lucas, Samu ou Brais Torrado, saíu a por todas e ante un Cee agazapado tratando de defender ordeados buscando contragolpear. Pronto comezou a percutir o pichichi Alejo, que en 5 minutos colocaba o 2-0 no marcador. Esperou aí o Cee, que antes xa puido ter empatado o primeiro con cun remate de cabeza de Cote ao pao. Antes do descanso Ezequiel recurtaba cun córner directo.
Saíu o Corme algo temeroso ante un Cee ue saía polo partido na segunda parte e foise igualando o partido ata a saida ao campo de Lucas e Dani. O Corme voltou a facerse co mando e así Alejo completou o seu hat trick. Pero antes Aitor volvía meter no partido a un Cee que tivo que arriscar, e deixar espazos para que Lucas sentenciase nos 10 últimos minutos.
Baíñas - Ponteceso (1-2)
- Baíñas: Brais, Quintela, Eloy Trigo, Alvite, Cristian Canosa, Esteban Canosa, Esteban Rodríguez, Samuel, Cristian Hermida, Antonio, Baba. Tamén: Héctor, Abel Souto e Brais Lado.
- Ponteceso: Rubén, Isaac, Moscoso, Ismail, Luca (Juanjo, m.79), Dani Cotelo (Mendieta, m.76), Alberto Recarey, Nando (Charro, m.55) (Adrián min.85), Abel Torres (Mara, m.55), Martín Puente, Xuco.
- Goles: 0-1, m.38: Baba; 1-1, m.75: Martín Puente; 2-1, m.82: Xuco de penalti.
Capis do Baíñas, Esteban Canosa, e do Ponteceso, Nando, co colexiado Adrian Perez Rellan-Foto-SD
Partido especial tamén para un Barca que volvía enfrontarse ao que foi o seu ex equipo. Un Barca que tiña 13 xogadores dispoñibles (4 sancionados e 2 lesionados do partido do Cee), 3 tocados e un novo lesionado no partido.
Así, o Baíñas comezou replegado, deixando dominios aos locais. A primeira metade, o partido foi bastante igualado, sen demasiadas ocasións. Xuco avisou dende fóra pero safou o meta Brais. A balón parado fixo dano o Baíñas, e ademais do gol de Baba (que tamén se enfrontaba ao seu ex equipo), tiveron un remate de Toño nunha prolongación a saque de banda, ou un tiro de Luis ao que respondeu Rubén.
Na segunda o Ponteceso subiu unha marcha ante un Baíñas que trataba de aguantar, facendo dano por bandas. O gol do empate chegou tras un tiro de Martín Puente que toca nun defensa e despista ao porteiro. E apenas 5 minutos despis Xuco non desaproveitou un penalti cometido sobre el mesmo para poñer por diante aos de Pablo Mallón.
Non tivo posibilidade de reaccionar o cadro vimiancés, que seguirá sufrindo a escabechina de Cee, que lle vail lastrar os vindeiros partidos.
Malpica - Esteirana (1-1)
O Malpica cos seus peques-Foto-Fede
- Malpica: Lamas, Laik, Belar, Juan Abelenda, Cristian, Juan Fuentes, Kevin, Alberto, Michi, Aitor, Andy. Tamén xogaron: Pace, Damián, Brais, David e Marcos.
- Esteirana: MJ, Dani Rama, Adrián M., Code, Tobío (Samu), Dani M., Adri, Pablo (Carlos), Álex, Elías e Raúl (Brais).
Foi un partido moi competido e moi duro dende o principio ata o final. O Malpica, a pesar das baixas, comezou com intenso, e creaba perigo sobre todo con Michi. Pero era a Esteirana o que se adiantaría aos 5 minutos cun gol de saque de esquina, ao que respondeu Michi co empate nunha xogada individual facendo un golazo. Durante o resto da primera parte, dominaba o cadro de Gurita pero os de Geno tiveron tamén un par de ocasións por medio de Elías.
Na segunda, Gurita tiña que retirar a Michi, Cristian Villar e Alberto Hombre por lesión, deixando que fose o cadro esteirán o que dominase. Non habería moitas ocasións, se ben unha dos locals que salvaría MJ. O encontro remataría con 20 homes sobre o campo tralas expulsións de Samuel por insultar a un contrario e de Belar por doble cartón.
Para os malpicáns a Esteirana fixo un xogo demasiado duro, e para os de Esteiro a actuación arbitral deixou moito que desexar, pois solicitaron un penalti sobre Elías.
Buño - Lira (1-4)
- Buño: Brais, Manoliño, Pablo, David, Miguel Dourado, Simón, Fran, Agustín (Luismi, m.58), Adrián Rama, Juan Antelo, Ferreiro (Álex m.53).
- Lira: Baba, Oscar, Maikel, David, Marcos (Yerai, m.65), Miguel, Borja, Mamadou (Costiña, m.75), Toni, Raúl (Manu, m.70) e Óliver.
- Goles: 0-1, m.14: Oli; 0-2, m.25: Toni; 0-3, m.26: Mamadou; 1-3, m.50: Juan Antelo; 1-4, m.57: golazo de Raúl.
Partido no que o Lira ca mentalidade de ter posesion e tranquilidade. Combinaban e saían con rapidez, permitíndolles ter aos de Juan Rey ocasións suficientes para colocarse 0-3 ao descanso ante un Buño ao que non lle saía nada.
Sairon algo relaxados tralo descanso os lirachos, e o Buño recurtaba pronto e mesmo pediron un penalti por mans do Lira que os puido ter no partido. Pero un pase diagonal sobre banda esquerda e unha excepcional volea de Raul sin deixar botar o balón sería o 1-4 que mataría o partido. A partir de aí os minutos pasaron sen demasiado interese.
Cabana - Muros (1-3)
11 do Muros nas Redondas
- Cabana: Víctor, Pablo (Fernando Rodríguez), Rubén, José, Raúl (Manolo), Castro, Moreno (Cristian), Fernando Rey, Pablo Pose (Simón), Diego Cacha e Aarón.
- Muros: Xandre, Iván, Pelos, Dani Jurjo, Ramón; Xaco; Saúl, Jose Cacharro, Varo; Xavi e Ivi.
- Goles: 1-0, m.25: Diego Moreno; 1-1,. 26: Pelos; 1-2, m.71: Pelos de penalti; 1-3, m.84: Ra.
Partido igualado con moito xogo de ida e volta no que empezaba mandando o cadro muradán. Pero eran os cabaneses os que se adiantaban por medio de Diego Moreno. Xa avisara Iván Cerilla tras un saque de esquina e o empate non tardou en chegar, tamén nun córner que remataba Pelos. E a casi consigue o 1-2 Jose Cacharro nun disparo cruzado que saca un defensa de debaixo dos paus.
A segunda comezou igualada, de novo co Muros levando algo máis a batuta. Pero a falta de 20 minutos chegaba a xogada clave: un penalti que deixaba aos cabaneses con dous homes menos polas protestas e 0 1-2 no marcador. Non se rendiron os de José Manuel, pero foi Ra o que sentenciaban no treito final para un equipo de Felipe Candamo que puido ampliar a renda no desconto coas ocasuións de Xasvi e Miguel Riomao.