Xoves. 25.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Camariñas pesca ao líder, mentres Cabana e Coristanco non frean

Bainas-Montelouro-Foto-Edu Olveira 21
Piti por fin xogou de dianteiro no Baínas-Montelouro-Foto-Edu Olveira
2ª Galicia: O Camariñas pesca ao líder, mentres Cabana e Coristanco non frean

Seguen as baixas afectando nesta xornada con 2 partidos suspendidos dos 8 por xogar na categoría. Polo sur da comarca, o gran protagonista da xornada foi o Camariñas, que vencía en Outes e alcanza á Esteirana no alto da táboa, se ben o cadro muradán ten un partido menos pois se tivo que suspender o choque ante o Muxía por COVID.
Cómpre destacar a primeira vitoria do Lira, no derbi ante o Muros.

Polo Norte, se o derbi malpicán caída do lado de Cerqueda, os protagonistas seguen a ser Cabana e Coristanco, que golearon a Zas e Nantón con solvencia.

 

2ª Galicia, gr.1A, xornada 9

Baíñas - Monte Louro (2-2)

  • Baíñas: Carlos, Chicote, Maikol, Samuel, Raúl, Cristian Canosa, Esteban, Hermida, Adrián Canosa, Lucas e Ruli. Tamén xogaron: Víctor e Rodrigo.
  • Monte Louro: Iago, Antón, Pablo, Manolo Chousa, Raúl, Xián, Dani, Miki Verán, Pesco, Íker e Piti. Tamén: Abel, Hugo, Yeray e David.
  • Goles: 0-1, m.2: Íker de penalti; 0-2, m.16: Xián; 1-2, m.83: en propio porta de Manolo Chousa de cabeza intentando pasarlle a Santi; 2-2, m.84: Cristian Canosa.

Bainas-Montelouro-Foto-Edu Olveira 3
Foto: Edu Olveira

Seguen os dous equipos sufrindo fisicamente esta situación. Boa mostra é este Monte Louro que aguante ben a primeira metade pero vai perdendo folgos, e se o partido durara algo máis aínda o Baíñas remontaba o choque, e iso que tamén chegaba con apenas 12 xogadores de campo.

O choque comezaba co cadro muradán dominando ante un equipo vimiancés durmido que deixaban dous erros defensivos que metían ao Louro con 0-2 aos 15 minutos.

Ata a segunda non espertaron os de Roski, que están demostrando que nunca se rinden. Pero a pesar de apretar, tardaron en meterse no partido, ata o gol en propia do cadro loureán a apenas 10 minutos do final. Flaqueaban as forzas dos visitantes e os vimianceses apretaron ata conseguir o gol do empate, e mesmo a piques estivo de conseguir o da vitoria.

Lira - Muros (3-1)

  • Lira: Balayo, Ángel, Cartamil, Pablo, Raúl, Elvis, Lucas, Mamadou, Fran, Juan e Dis. Tamén: Santi ,Oli, Alex Pri, Marcos.
  • Muros: Xandre, Ra, Gesto, Fran, Jurjo, Jose, Álvaro, Ivi, Je, Xavi, Alon. Tamén xogaron: Xaco, Flavio, Pelos, Thiago e Isma.
  • Goles: 1-0, m.5: Mamadou; 1-1, m.60: Thiago; 2-1, m.70: Fran Perico; 3-1, m.90: Oli.

Lira-Muros en Lombans

Comezaba o Lira de Gabri Sil algo máis cómodos no campo, e o gol inicial permitiulles armarse ben atrás buscando contras perigosas, como as que non concretaron Juan e Fran Perico en dúas ocasións. Quixo dominar o Muros e a maioría das ocasións foron visitantes, como balón ao largueiro de Ivi e outra de Jesús que salvou, moi ben, Balayo. O Lira á contra facía moito peligro ante unha defensa que tivo mellores días. Xandre tamen salvaría ao Muros nunha ocasión antes do descanso.

Na segunda foi un partido aínda máis tolo se cabe, sen control e con moito ritmo. O Muros comezou a bombardear a área local, e se Xaco tivo de cabeza unha moi clara, sería o brasileiro Thiago o que empataría de cabeza logo dun saque de falta. Seguía percutindo o Muros e Pelos mandaba unha ao pau, outra vez Xaco de cabeza remataría preto e Xavi lanzaría un disparo que se vai algo desviado. Pero sería o Lira o que empataría cun cabezazo de Fran Perico ao saque dunha falta.

Non decaía o Muros que seguía intentándoo, con Thiago, moi activo, e incluso Xavi nun balón que pedía un pase máis que un tiro. Pero xa cando o partido morría e co Muros en ataque a desesperada, Oliver facía o terceiro cun golazo desde moi lonxe pola escuadra.

Outes - Camariñas (0-2)

  • Outes: Álex, Iván, Cutu, Martín, Estegan, Chía, Veleiro, Adrián, Roberto, Santi e Eloi.
  • Camariñas: Pablo, Soule, Rodri, Saviola, Barreiro, Pablo Rey, Roi Miki Pose, Djibril e Mario. Tamén: Joel, Hugo e Josiño.
  • Goles: 0-1, m.66: Djibril; 0-2, m.83: Barreiro.

Outes-Camarinas en xogo

Saíu o Outes a maniatar o xogo dun Camariñas que ía intentar xogar o balón, e conseguiu dominar algo máis o tempo do partido. Os de Miguel Ramos tivo varias chegadas, pero seguen sufrindo nese último pase. Tivo Djibril unha boa ocasión que salvou Álex.

A lesión de Iván, que mesmo tivo que ir ao Hospital por unha posible fractura nun brazo, trastocaba un curto de efectivos cadro local, pero aínda así saía con moita forza ao comezo da segunda metade, con 3 boas ocasións que salvaba ben Pablo Novo. Rompíase o partido co golazo de Djibril, cun bo remate no segundo pau a unha falta lateral.

Intentouno o cadro da Serra con novas chegadas, pero xa contra o final, unha contra camariñá sentenza o partido.

 

2ª Galicia, gr.1B, xornada 9

Buño - Cerqueda (0-4)

  • Buño: Xurxo, Jose, Miguel Dourado, Luismi, Yago, Elías, Fran, Adrián Pose, Diego Ferreiro, Omar, Juan Antelo, Tamén: Ángel Garrido; Martín, Eloy Suárez e Sergio Bastón.
  • Cerqueda: Miguel, Dani Reigía, Marcos Pensado, Javi Souto, Breo Rey, Breo, Lorenzo, Iván Blanco, Manu Guillamet, Cristian Méndez e Julián. Tamén: Héctor, Adri, Nico e Hugo.
  • Goles: 0-1, m.30: Cristian Méndez; 0-2, m.38: Cristian Méndez; 0-3, m.69: Manu Gullamet; 0-4, m.88: Cristian Méndez.

Tivo o Cerqueda a eficacia que lle faltou noutros días, e conseguiu levar o derbi ante un Buño que non levanta cabeza. Foi Méndez, o home do partido, o que abriu o marcador á media hora e tamén el, no 38' ampliou a vantaxe coa que se chego ao descanso.

Na segunda parte chegaría a máis importante do Buño, con 0-2, primeiro o pau salvo ao Cerqueda e despois no rexeite finalizaron por encima do longueiro, parecía que se viña arriba o Buño pero na saída dun corner Manu Guillamet ampliou a vantaxe cun remate de cabeza e cerca do 90' Méndez ampliaría a vantaxe ata o 0-4 final.

Coristanco - Nantón (4-0)

  • Coristanco: Rubén, Jonathan, Pazos, Juan Lagoa, Mario, Sergio Lorenzo, Borja, Kevin, Gonzalo, Damián e Nico. Tamén: Belar, Raúl, Dani, Adrián e Corral.
  • Nantón: Guille, Diego Bello, Eloy Moreira, Pablo, David Fariña, Martín, Fran Gavín, Micael, Iván Redondo, Orgueira, e Juan. Tamén: Pablo Fuentes, Iván Moreira, Josiño, Javi Muíño e Alberto.
  • Goles: 1-0, m.25: Borja de penalti; 2-0, m.57: Damián; 3-0, m.81: Corral; 4-0, m.85: Raúl.

Partido moi disputado nos primeiros 20 minutos, cunha xogada que puido ser clave, unha entrada de Nico á borda da área a Juan cando entraba só que quedou en amarela. Na xogada seguinte, penalti na área contraria e Borja pon en vantaxe ao Coristanco.

A partir de aí estirouse un pouco o cadro de Carlos Vida, e o equipo local aproveitou moito perigo neses espazos, pero o marcador non se movería.

Arrincaba a segunda cun gol de Damián tras unha falta lateral, e co Nantón volcado, unha contra de Corral tras un pase en profundidade, e un córner rematado por Raúl puxeron demasiada distancia para o visto no campo.

Cabana - Zas (9-2)

  • Cabana: Víctor (Diego Suárez), Aarón, Sergio Ferreiro, Duda (Raúl), Dani (Rubén), Sergio Antelo, Diego Cacha (Fernando), Diego Moreno, Castro (Simón), Manuel, Raúl Corzon.
  • Zas: Adrián, Iago, Fariña, Marcos, Andrés, Mikel, Cristian, Mato, Brais Espasandín, Dani. Tamén: Xavi, Iván, Miguel Ángel, Adrián Rama.
  • Goles: Iago (2) para o Zas; Sergio Antelo (3); Manuel (3), Moreno, Raúl Corzón, Dani.

Cabana-Zas nas Redondas

Partido no que o Cabana saiu apretando e adiantouse con golazo de Sergio Antelo desde o medio do campo. Seguir dominando e creando ocasións o Cabana pero nunha perda de balón montaría unha contra o Zas empatando por medio de Iago. O partido non cambiou e os locas seguían creando ocasións que marraban ou paraba o porteiro ata que Moreno primeiro e Manuel despois poñian a vantaxe local.
Na segunda parte os locas impuxéronse claramente con dous goles máis de Manuel, dous de Sergio Antelo, un de Raúl Corzon e outro de Dani.

 

Resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.

Comentarios