2ª Galicia: Mazaricos e Corme seguen ao seu e a necesidade dos da zona baixa comeza a notarse
O Mazaricos impúxose in extremis ao Volantes de Baño no partidazo da xornada e dá un golpe na mesa que os deixa sós xunto na loita polo título de liga cun Corme que superou a un correoso Muros.
Pola súa banda, o Ponteceso non logrou pasar do empate ante un Monte Louro que é o rei da igualada da categoría xunto cun Buño que nesta xornada goleou a un rival pola permanencia como é o Sporting Zas.
Mentres tanto, o Muxía caeu ante a súa besta negra como é un Cerqueda que lle ten a medida collida aos de Adrián Lema e que practicamente certificou a súa permanencia.
O Baíñas caeu estrepitosamente ante o Lira, unha derrota que ocasionou a dimisión do seu adestrador Emilio Corzón. E o San Lorenzo tamén deu un paso moi importante cara a salvación logo de superar pola mínima ao Malpica.
No duelo de máis necesidade da xornada, o Cee superaría pola mínima a un deshauciado Ameixenda no derbi ceense.
Buño SCD 4 – 0 Sporting Zas
Buño SCD: Brais, David, Jorge Calvete, Petís (Cristian m.88), Fran, Moha, Borja, Álex, Mara, Pablo, Juan (Rubén m.73).
Sporting Zas: Vázquez, Pablo Vidal (Tefy m.73), Josito, Rubio, Dani Mato, Adrián (Miguel m.65), Amado (Lody m.73), Fabi, Juan, Santi (Carra m.56).
Goles: 1-0 m.17: Borja; 2-0 m.65: Petís; 3-0 m.67: Borja; 4-0 m.85: Petís.
Partido cunha primeira parte sen dominador e con escasas ocasións. Por parte visitante, Rubio estivo a piques de adiantar ao Sporting Zas logo dun roubo pero o seu remate estrelaríase no lateral da rede. E pouco despois, Borja adiantaba ao Buño no único achegamento de perigo dos oleiros neste primeiro tempo.
Na reanudación, os locais foron os amos e señores do encontro e aproveitaron as facilidades que lle deu a defensa zasense para lograr tres goles que poñería no electrónico un definitivo 4-0, que puido ser maior se os homes de Tito Pedreira chegasen a estar máis acertados de cara a portería.
Volantes de Baño FC 1 – 2 Mazaricos CF
Volantes de Baño FC: Javira, Thiago (Cajulo m.61), Pardelo (Godo m.47), Santi, Pesco, Iván, Berto (Vituco m.87), Rachón, Jano, Miguel, Álex Pri (Raúl m.70).
Mazaricos CF: Rubén Santos, Pose (Martín m.93), Borja, Amoedo, Carreira (Raúl m.51), Mario, Piki, Estéfano, Capelo, Roberto (Yago Dosil m.61), Pereiro (Ricardo m.79).
Goles: 1-0 m.57: Pesco; 1-1 m.89: Piki; 1-2 m.99: Martín.
Expulsión: O local Rachón no minuto 73.
Partido pouco vistoso no que o respecto primou sobre o xogo e no que houbo unha primeira metade no que ambos conxuntos arriscaron o mínimo. E de aí que as ocasións fosen escasas e que os poucos achegamentos de perigo que houbo fosen a balón parado, pero o encontro chegaría ao descanso co empate inicial.
Na reanudación, os locais sairían algo mellor que os mazaricáns e Pesco adiantaría aos bañeses cun lanzamento de falta dende a frontal da área.
Mediada esta segunda parte, o Volantes de Baño quedaría con dez homes despois de que Rachón vise un protestado segundo cartón amarelo, circunstancia que aproveitarían os visitantes para dar un paso á fronte pero non lograrían crear excesivo perigo sobre a portería defendida por un Javira que só tivo que intervir nunha volea de Capelo axustada a base do pau.
E cando o encontro ía tocando ao seu fin, Piki aproveitaría un erro defensivo dos locais á saída dun córner para facer o empate.
Tralo gol da igualada, parecía que tanto uns coma outros parecían dar o resultado por bo, pero Martín daríalle a vitoria aos mazaricáns ao materializar unha xogada individual no minuto 99.
UD Monte Louro 1 – 1 Ponteceso SD
UD Monte Louro: Iago, Abel, Pablo, Borja, Pedro (Miguel m.72), Adrián (Sambade m.61), Raúl (Pesko m.59), Yeray, Iker (Ivi m.59), Juan de Celia e Dani Corniños.
Ponteceso SD: Damián, Dani Cotelo, Matías, Nando (Puente m.61), Charro (Eloy Álvarez m.77), Iván, Mendieta, Ismail, Iago (Aday m.66), Luca, Adrián (Moscoso m.72).
Goles: 0-1 m.48: Luca; 1-1 m.52: Juan de Celia.
Primeira metade de dominio do Ponteceso ante un Monte Louro que intentaría saír á contra cando roubaba, pero nin uns nin outros lograrían crear perigo sobre a portería rival.
Nos minutos iniciais da segunda parte, Luca adiantaría aos visitantes logo de rematar un bo centro lateral. Este gol dos pontecesáns fixo que os locais desen un paso á fronte para buscar un empate que chegaría logo de que Juan de Celia superase a Damián cunha bonita chilena.
Tras isto, Juan de Celia marcaría de novo pero o colexiado anularía o gol por fóra de xogo.
No tramo final, ambos conxuntos tiveron as súas opcións pero non lograrían concretalas, polo que habería reparto de puntos.
UC Cee 1 – 0 SD Ameixenda
UC Cee: Maikel, Jorge, Pablo, Aitor, Esteban (Brais m.77), Martín, Javi (Leo m.66), Rafa, Chema, Luis Lojo, Brais (Astray m.46).
SD Ameixenda: Rubén, Kamacho, Samuel, Mataso, Castrexe, Bicho (Saulo m.35), Po (Álex m.51), Dany (Cristian m.69), Juanfran, Tomás e Javichu.
Gol: 1-0 m.87: Rafa.
Expulsión: O local Chema no minuto 85 con cartón vermello directo.
Xogábase moito o Cee neste encontro de rivalidade local e intentou manifestar esa necesidade controlando e dominando o partido. Pola súa contra, o Ameixenda situábase ben en defensa e non concedía ocasións de gol, que no Cee se limitaban a tiros exteriores e xogadas a balón parado.
Segundo ían pasando os minutos, o Ameixenda ía medrando no partido ata que nos últimos vinte minutos do primeiro tempo tivo o control do xogo, e ainda que non tiña oportunidades claras, si chegaba con asiduidade á área de Maikel.
No segundo tempo, o Cee voltou a saír dominando e mesmo parecía que podería rachar o encontro, pero os cambios no Ameixenda deron bo resultado e os visitantes faríanse de novo co partido.
Mataso e Álex eran os donos do centro do campo e precisamente nun balón en longo a Mataso, Maikel sae a despexar levando balón e xogador por diante nunha acción que reclamarían un penalti pero que o colexiado non sinalaría.
No treito final do partido, non se atinaba a pensar noutro resultado que non fose o empate, xa que era o xusto polo visto sobre o terreo de xogo, pero o fútbol pouco entende de xustiza, e no minuto 87, Rafa aproveitou un rexeite nun córner para marcar de tiro cruzado e darlle a vitoria a un Unión Clube Cee que se aferra á permanencia.
CD Baíñas 1 – 5 Lira CF
CD Baíñas: Paulo, Rodri, Ramón, Luis, Cristian Canosa (Pablo Muíño m.40), Esteban Canosa, Esteban Rodríguez (Naya m.57), Felipe, Javi, Cristian (Samuel m.75) e Toño.
Lira CF: Baitir, Óscar, Porto, Rodrigo, Óliver, Mamadou, Cristian Caamaño, Borja Bouzón, Fran, Raúl e Toni. Tamén xogaron: Demetrio, Josiño e Danis.
Goles: 1-0 m.10: Felipe; 1-1 m.46: Óliver; 1-2 m.62: Toni; 1-3 m.76: Mamadou; 1-4 m.80: Óliver; 1-5 m.82: Óliver.
O Lira dominou de principio a fin o encontro ante o Baíñas, pero a pesares disto, serían os vimianceses quenes se adiantarían por medio de Felipe. E co 1-0 chegaríase ao descanso.
A segunda metade comezaría cun temperán gol de Óliver que significaría o empate a un que afundiría aos locais e que lle daría folgos a un Lira que se poñería por diante no marcador e que iría aumentando a súa renta co paso dos minutos ata o 1-5 final que puideron aumentar os lirachos se estivesen acertados de cara a gol e que puido maquillar o Baíñas se Pablo Muíño chega a materializar algunha das oportunidades coas que contou.
Corme CF 4 – 1 CD Muros
Corme CF: Illote, Jesús, Pandi, Sueiro, Manu Bermúdez, Adrián Doldán (Brais Torrado m.87), Lucas, Brais Andrade (Alejandro m.76), Toniño, Javi Peón, Samuel (Ángel m.91).
CD Muros: Xandre, Bernardo (Suso Pata m.46), Juanchy, Adán, Dani, Pedro, Xaco, Saúl, Varo, Yanky, Ramón (Bruno m.89).
Goles: 1-0 m.6: Sueiro; 1-1 m.62: Yanky; 2-1 m.82: Alejandro; 3-1 m.84: Lucas; 4-1 m.93: Lucas.
Expulsións: Os muradáns Juanchy e Adán nos minutos 80 e 83, respectivamente.
O encontro poñeríase moi rapido a favor do bando local cun gol de Sueiro nunha xogada persoal na que sería a única ocasión clara do Corme nesta primeira parte.
Pola súa banda, o Muros intentaba chegar arriba e poñer en apuros a un Corme moi ben plantado.
Tralo tempo de lecer, Yanky empataría o encontro despois dunha falta lateral.
O Corme intentouno ata o final e nos instantes finais, farían tres goles en 11 minutos que lle darían a vitoria. Alejandro de cabeza faría o 2-1 e despois Lucas vería portería por partida dobre para poñer o 4-1 final ante un Muros que remataría con 9 xogadores polas expulsións de Juanchy e Adán.
SD San Lorenzo 3 – 2 SCD Malpica
SD San Lorenzo: Rubén, Fidalgo (Álex Fernández m.71), Luciano, Diego, Jose (Styven m.75), Brais (Fuentefría m.76), Pablo Garrido, Yago (Kuki m.67), David Lorenzo, Juanjo, Pablo Díaz (Rudi m.78).
SCD Malpica: Lamas, Mante, Andy (Brais Ceán m.91), Fuentes, Villar, Capelán, Aitor (Jorge m.86), Laik (Dimitri m.71), Jairo, Gonzalo, Marcos (Roberto m.57).
Goles: 1-0 m.16: Brais (p); 2-0 m.27: Brais; 2-1 m.36: Gonzalo; 3-1 m.72: Brais; 3-2 m.73: Jairo.
Expulsión: O malpicán Gonzalo no minuto 93.
O partido da peor maneira posible para un Malpica que tivo un cuarto de hora no que non estiveron nada seguros atrás e os da vila da vida da Costa da Morte pagaríano encaixando dous goles na primeira media hora, obra de Brais ámbolos dous.
Tras isto, o Malpica foi contrarrestando o dominio do San Lorenzo e lograría meterse no encontro cun gol de Gonzalo.
Na segunda metade, os malpicáns achegaríanse continuamente á área rival pero serían os verdilleses quenes lograrían marcar logo de que Brais certificase o seu hattrick ao aproveitar unha falta de entendemento entre a defensa e o porteiro visitante.
Non se veu abaixo un Malpica que volvería a meterse no partido cun gol de falta de Jairo.
Xa nos minutos finais, o propio Jairo tería a última para acadar o empate pero o seu remate sairía rozando o pau e os tres puntos quedarían nas Pedreiras.
Muxía CF 0 – 2 UD Cerqueda
Muxía CF: Hugo, Gerardo, Brais, Pereira, Víctor Alcaina, Julián, Manu Nogueira, Maikel, Mario, Tomás e Mauro. Tamén xogaron: Reigía, Toja, Isma Pose e Peski.
UD Cerqueda: Diego Dourado, Marcos Pensado, Javi Souto, Javi Pazos, Manu Guillamet, Dieguito, Lorenzo, Méndez, Ceide, Dani e Molinos. Tamén xogaron: Atu, Gonzalo, Martín Añón e David Dourado.
Goles: 0-1 m.45: Méndez; 0-2 m.76: Dieguito.
Partido cunha primeira parte igualada na que houbo escasas ocasiones e na que o Cerqueda aproveitaría un erro defensivo para irse ao descanso con vantaxe no marcador, grazas ao gol de Méndez.
Na segunda parte, o Muxía deu un paso adiante e intentaría sacar algo positivo e tería unha boa ocasión Isma Pose para empatar pero a cruceta evitaría o gol dos da vila da Barca.
Non había un dominador claro, o Muxía non tivo as ideas claras e non había fluidez no xogo local e noutro erro defensivo, Dieguito faría o definitivo 0-2.