Sábado. 20.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Remontadas para que nada cambie

Ponteceso e Zas no Pinguel-Foto-Roberto
Imaxe do Ponteceso e Zas no Pinguel-Foto-Roberto
2ª Galicia: Remontadas para que nada cambie

Unha xornada menos, dúas remontadas máis. O Corme e a Esteirana tiveron que remontar os seus respectivos choques ante Muros e Coristanco para manter alto da táboa. O Ponteceso goleaba ao pechacancelas, e se mantén líder, con só un punto de vantaxe ante Corme e Esteirana, tendo por diante 6 xornadas por diante, e un Esteirana-Ponteceso na última xornada que pode ser vital.

Por abaixo o máis destacado é a espectacular remontada do Cabana. Tras 8 xornadas sen perder, xa deixa abaixo ao Baíñas, como primeiro equipo que sufriría un hipotético arrastre, e xa alcanza ao Lira na loita por evitar unha segunda praza, que vendo como está a 1ª, non é descartable que aconteza.
O Buño, en plena fin de semana da Mikaela, vencía precisamente ao Baíñas do que se coloca agora a 6 puntos.

 

Muxía - Castriz (1-1)

  • Muxía: Hugo, Tati, Maikel, Michael; Pereira, Víctor Alcaina, Isma Márquez, Adrián Alcaina, Mauro Romaní, Abel e Manu Nogueira. Tamén xogaron: Julián, Toja, Alex
  • Castriz: David, Álex Forján, Martín Gemelo, Álex Mourelle, Carlos Paredes, Adrián, Chiki, Anxo, Mata, Espi, Iván Pastoriza. Tamén: Iván Castro, Rubén.
  • Goles: 1-0, m.68: Isma Márquez; 1-1, m.78: Rubén.

Muxia e Castriz en Arlina

Chegaba a Arliña de novo tocado o cadro de Miguel Chouza, que recuperaban a Espi e Mata, pero con problemas físicos. O Castriz comezaba co forte aire a favor, pero o Muxía controlaba ben as chegadas. Si que tivo o Castriz unha moi clara de Martín Gemelo nun man a man, tras pase de Mata, que salvou Hugo. O Muxía, xogaba máis directo, e Manu Nogueira movía ao equipo aproveitando as segundas xogadas. Abel, o propio Manu e Michael tiveron as súas e Adrián Alcaina mandou un balón o pau.

Cos cambios obrigados e co vento en contra, o Castriz meteuse atrás a aguantar as embestidas do cadro local. O balón estivo en campo xalleiro practicamente a primeira media hora, salvi unha contra na que Pastoriza non viu a Martín Gemelo e acabou parando Hugo de novo. Tras numerosas chegadas por banda, Isma conseguía abrir a lata. Pero o Castriz sacou forzas de onde non as tiña, e tras un roubo no medio campo, Rubén aproveitaba un pase en banda de Pastoriza para marcar dun tiro raso cruzado.

Quedaban 10 minutos de acoso local, pero non conseguiu superar a un Castriz ao que lle sabe moi mellor o puntiño colleitado.

 

Cee - Cerqueda (4-3)

  • Cee: Joselu, Borja, Jorgito, Leandro, Chema, Isaac, Coté, Leandro, Tomás, Bruno e Leo. Tamén xogaron: Brais e Martín.
  • Cerqueda: Víctor, Dani, Javi Souto, Breo, Diego, Nacho, M. Breo, Lagoa, Iván Rojo, Lorenzo, Méndez. Tamén xogaron: Marcos Pensado, Iván Cadete, Nico.
  • Goles: 1-0, m.3: Bruno; 1-1, m.60: Breo; 2-1, m.61: Tomás; 3-1 m.65: Leo a pase de Eze; 3-2, m.77: Javi Souto; 3-3, m.84: Marcos Pensado; 4-3, m.90: Isaac.

Recibían os ceenses con baixas moi sensibles (4 xuvenís e un cadete xogaron no San Paio de Refoxos no cadro local) a un Cerqueda en alza, buscando a primeira vitoria do ano como locais. E moi pronto, sería Bruno quen adiantaría aos locais, cun expectacular remate de cabeza. O Cerqueda tomaba o mando do partido, e comezaba a chegar por bandas, pero sen acerto.

A segunda comezaba co partido desenvolvéndose no campo do Cee, e o Cerqueda conseguía empatar pronto. Pero o Cee volvía pegar de contado co tanto de Tomás, e pouco despois co tanto de Leo tras un bo pase de Eze. O partido estaba tolo, e o Cerqueda, que continuaba dominando o partido, igualaba a contenda cos tantos de Javi Souto e Marcos Pensado. O choque estaba máis de cara para a remontada, pero xusto co tempo cumplido, o cadete Isaac empalmou un balón dende 40 metros nunha fantástica volea, que se colou pola escuadra da portería visitante, para darlle unha vitoria, se cadra, excesiva, para os locais.

 

Lira - San Lorenzo (1-2)

  • Lira: Baba. Óscar, Marcos (Maikel), David, Eloy, Mamadou, Miguel, Manu (Toni), Raúl (Thiago), Oliver (Yago) e Cristiam.
  • San Lorenzo: David, Alexis (Luciano), Diego Fidalgo, Iglesias, Pablo, Diego Varela (Dani Padín), Ures, Fuentefría (Styven), Yago (Hugo), Verdes e Brais Cancela.
  • Goles: 1-0, m.43: Miguel; 1-1, m.48: en propia; 1-2, m.66: Brais Cancela.

Tarde revolta e pasada por agua no campo de Lombáns na que os dous equipos empezaron moi intensos, cun fútbol moi directo e sen conseguir facerse co control. O cadro liracho comezou algo mellor, pero o visitante tamén ía achegándose á meta de Baba. Cando mellor estaba o San Lorenzo, o Lira atopuse cun tiro lonxano de Miguel que se cola na meta de David tras facer un estrano.

Puideron calmar o xerro de auga fría os de Santi Cambón nos vestiarios, pero os de Juan Rey saíron moito mellor na segunda. E cando mellor estaban os lirachos, facendo moito dano, empate visitante tras un tiro sen aparente perigo, que pega nun defensa e se cola.

Seguía o Lira dominando o partido, ante un San Lorenzo ben armado en defensa e trataba de buscar contras rápidas. Nunha desas, Baba non bloca un tiro sinxelo, o balón pega no pau, e o rexeite é aproveitado por Brais Cancela para facer o segundo. De aquí ao final os locais seguían xerando oportunidades a través dun ataque directo, pero o cadro liracho non se dá quitado de enriba o “meigallo de Lombáns.

 

Muros - Corme (2-3)

11 do Muros ante o Corme

  • Muros: Xandre, Juanchi, Pelos, Iván Cerilla, Xaco, Varu, Xavi, Ivi, Kiko, Jose Cacharro e Dano. Tamén: Flavio, Gesto e Saúl.
  • Corme: Illote, Jesús, Pandi, Alejandro, Toniño, Javi Peón, Brais, Dani Casal, Adrián Doldán, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén: Lucas, Pombo, Brais Torrado e Aitor.
  • Goles: 1-0, m.40: Pelos de penalti; 1-1, m.64: Alejo de penalti; 1-2, m.67: Alejo; 2-2, m.72: Flavio; 2-3, m.90: Alejo.

Partidazo o vivido no Eleuterio, que volveu decidir o olfato de Alejo, que leva xa 25 goles no que vai de campaña. O choque comezaba con moito respecto, sen ocasións nin posesións longas, con máis xogo directo que outra cousa. Puidose adiantar o Corme pero Xandre salvaba un tirazo de Brais cun paradón cas xemas dos dedos mandando o balón ao pau. Antes do descanso, Pelos transofra un penalti cometido por Illote sobre Xavi.

A entrada de Lucas no campo permitía que o Corme dominase mellor o balón. Toniño avisaba e chegaría o empate por un penalti moi discutido, pedindo os locais falta fóra da área sobre Lucas. Alejo volvía marcar moi pronto ao darse a media volta, noutra xogada de killer. Pero o Muros reaccionaba. Flavio empataba nun córner, e Xavi tivo unha clarísima que saíu lambendo o pau. Cos dous equipos buscando a vitoria, e xa co tempo cumplido, volvía aparecer no alto, tras un córner, outro gol de cabeza para completar o seu triplete e a 8ª remontada que remata con vitoria dos de Lelo esta temporada.

 

Ponteceso - Zas (4-0)

  • Ponteceso: Rubén, Luca (Isaac, m.67), Moscoso (Adrián Pose, m.52), Juanjo, Ismail, Dani Cotelo, Mendieta (Diego Ferreiro, m.46), Nando, Maradona (Aday, m.58), Abel Torres, Eloy Álvarez (Xuco, m.61)
  • Zas: Puyol, Bruno, Marcos (Dani, m.67), Xabi (Roi, m.65), Tinciño (Iván, m.46), Balsa, Fabi, Fraga (Eloy, m.55), Brais Espasandín, Darío e Molinos.
  • Goles: 1-0,m .13: Abel Torres dende a frontal; 2-0, m.36: Maradona de xogada persoal; 3-0, m.42: Luca; 4-0, m.80: Aday de xogada persoal.

SD PONTECEso e Sporting Zas no Pinguel con Oscar Santos-Foto-David Antelo e Brais Pose
SD Ponteceso e Sporting Zas no Pinguel con Oscar Santos-Foto-David Antelo e Brais Pose

Con 8 xuvenís chegaba Periscal ao novo Pinguel, nun choque que o Ponteceso deixaba sentenciado na primeira metade.

 Ponteceso-Zas-Foto Roberto 2
Ponteceso-Zas-Foto Roberto

Esteirana - Coristanco (2-1)

  • Esteirana: MJ, Samu, Dani Corniños, Dani Rama, Tobío; Alex Rama, Pachi, Adri, Raúl, Elías, Carajillo. Tamén: Xián, Pablo Fdez., Pablo Rama, Code.
  • Coristanco: Rubén, Sergio, Rubio, Álvaro, Samu, R, Jose, Mario, Joni, Álex, e Corral. Tamén xogaron: Casti, Raúl, Adri.
  • Goles: 0-1, m.10: Jonatan; 1-1, m.20: Tobío; 2-1, m.76: Raúl de penalti.

Non esperadaba demasiado Juni dos seus trala Mikaela, pero os coristanqueses este ano compiten todos os partidos. Comezaron mandando durante os 10 minutos, e se adiantaban cun bo gol de Joni tras unha elaborada xogada. Chegou varias veces a portería local sobre todo a balón parado pero a defensa blaugrana estivo segura. Pero reaccionou o cadro de Geno, que empataba a balón parado nunha das poucas chegadas que tiveron no primeiro tempo. A mellor ocasións antes do descanso era un tiro ao pau do visitante Mario.

Á volta dos vestarias comezaban mandando os locais, axustando ben as marcas e inclinando o partido para o campo visitante, e en transicións rápidas se presentaban ante un Rubén que mantiña no partido aos coristanqueses no partido con dous mans a man salvados. Se os locais pediron unha man dentro da área, os visitantes protestaron a xogada clave, un penalti que consideraban fóra da área. Raúl non fallaba, e nos últimos 15 minutos os visitantes deron un paso arriba, aproveitando ademais a expulsión de Pablo, que obrigou aos de Geno metese atrás a saber sufrir. Un remate de Sergio nunha xogada a balón parado foi a mellor ocasión para intentar un empate que non chegaría, deixando á Esteirana no liderato, e confirmando ao Coristanco como un dos equipos revelación da temporada a pesar dos últimos resultados.

 

Malpica - Cabana (2-4)

  • Malpica: Lamas (Damián, m.46) Fuentes, Ceide, Dimitri (Lucio, m.28), Belar, Migueliño, Mante, A. Esmorís (Kevin) e Gurita (Aitor, m.46).
  • Cabana: Víctor, Aarón, Rubén, Raúl, Duda (Fernando Rey), Pablo, Diego Cacha (Ismael), Sergio, Moreno, Castro (Manolo) e Simón (Cristian).
  • Goles: 0-1, m.12: Pablo; 0-2, m.43; Diego Cacha; 0-3, m.50: Duda; 1-3, m.60: Mante; 2-3, m.75: Aitor; 2-4, m.81: Sergio.

Espectacular a serie deste Cabana de José Manuel, capaz de levantar outro partido nun campo impracticable debido ao mal estado do céspede e á tarde de auga e vento en Pedra Queimada. Saían máis intensos os visitantes, apretando na saída de balón, roubando cerca da área rival e facendo dáno a Lamas. Pronto se adiantaba logo dun centro de Castro que rematou Pablo. Ao fío do descanso Diego Cacha marcaba de falta.

No segundo tempo nada máis empezar Duda poría o 0-3 logo dunha galopada por banda. Puxo o Malpica máis folgos e ca entrada de Aitor fíxose co dominio do partido e acurtaba distancias. Mante e o propio Aitor metían o 2-3, e cando parecía que se lle podia dar a volta o resultado, unha falta lateral protestada polos locais, acababa co remate de Sergio para o 2-3. A expulsión de Jairo nos últimos minutos acabou cas esperanzas locais.

 

Buño - Baíñas (3-2)

  • Goles: 1-0, m.16: Elías a pase de Antelo; 1-1, m.23: Charly; 2-1, m.34: Juan Antelo; 3-1, m.52: Josito; 3-2, m.76: Cristian Canosa.

3 puntos no post-Mikaela nunha fin de semana para lembrar para a familia do Buño. Foi un partido disputadisimo cun Buño que sempre pegaba primeiro, pero ao que respondía e respondía o cadro de Roski. Empezaba o Buño máis entonado facendo dano por bandas con Elías e Antelo como puntais. Marcou pronto Elías, pero Charly empataba pronto. Noutra boa contra, tras un roubo nunha saída de balón, o pichichi oleiro Antelo facía o segundo.

Aumentaria Josito a diferencia ao pouco de comezar a segunda metade, e a piques estivo de meter o cuarto pero sacaba Paulo unha boa man. O Baíñas tardou pero reaccionou. Sacaron forzas (por fin chegaron con cambios os vimianceses) e se Cansoa recurtaba, os últimos 15 minutos apretaron ata o final, tendo mesmo un balón ao longueiro do propio Canosa.

 

Máis información

Comentarios