3ª FUTGAL: 4 equipos destacados
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Catro equipos destacados neste comezo de Liga. Intratrable está o Malpica, sumando 7 de 7, con dous puntos de vantaxe sobre un gran Sofán B. Pero o Volantes tamén conta partidos por vitorias (descansou xa) mentres que o Zas está só a 5 do liderato, demostrando que este ano a cousa vai en serio.
Por detrás quedan Cerqueda, que non pasaba do empate ante o Nantón, ou Pereiriña, que caía precisamente ante o Zas.
Ollo aos goleadores da categoría, un Raúl Corzón que suma 12 goles en 7 partidos, 2 máis que Isma Ramos, do filial do Sofán.
Malpica - Laxe (6-0)
- Malpica: Joel, Eloy Vilas, Anxo, Samuel Peris, Luís, Adrián Pose, Pablo, Fran, Diego Hombre, Aday e Charro. Tamén: Alberto Verdes, Miguel, Chicha, Jorge Parga e Raúl.
- Laxe: Jacobo, Roi, Martín (Pasarelo), Mohamed, Pablo, Torrado, Jalal, Abdel (Sergio), Mustafá (Juan), Santi e Eliseo.
- Goles: 1-0, m.5: Aday; 2-0, m.8: Charro dende fóra da área; 3-0, m.30: Luis dende fóra da área; 4-0, m.33: Fran tras un rexeite a un tiro de Luís; 5-0, m.36; Diego tras un bo pase de Eloy Vilas; 6-0, m.80: Samuel Peris.
Partido roto xa na primeira media hora, cun dominio total do líder da categoría, facendo un gran xogo combinativo, e definición marcharon o descanso cun rotundo 5-0.
Na segunda entre que o rival empezou a facer cambios e baixar algo o ritmo, e que o Laxe de Ordóñez situouse mellor, o partido igualouse algo máis, e só contra o final o Malpica ampliaría a renda tras saque de esquina ben sacado por Alberto Verdes, que debutaba no día de hoxe.
Zas - Pereiriña (7-4)
- Zas: Pereiras, Anxo, Adrián Rama, Pablo Fuentes, Redondo, Andrés, Marcos, Fran, Darío, Raúl Corzón. Tamén: Guille, Eloy Moreira, Álvaro Faria, Mairo e Adrián Dom.
- Pereiriña: Jesús, Adrián Ozón, Oca, Estebo, David Marcote, Martín, Gabri, Carlos Leis, Pablo Trillo, Antón Lestón e Tito. Tamén: Charli, Isma Graíño, Brais Lagoa, Saulo e Sergio.
- Goles: 0-1, m.1: Diego Oca remata unha falta de Antón Lestón; 1-1, m.6: Raúl Corzon; 2-1, m.12: Andrés; 3-1, m.13: Adrián Rama; 4-1, m.15: Raúl Corzón de penalti; 5-1, m.21: Andrés; 6-1, m.24 Redondo; 6-2, m.60: Charli; 6-3, m.53: En propia; 7-3, m.69: Raúl Corzón de penalti; 7-4, m.83: Brais Lagoa.
Partido de todos en San Andrés, que comezaba con Marcos fóra do campo trala revisión inicial, con tarxeta, e o Pereiriña aproveitando para adiantarse de falta. Pero o gol non fixo máis que espertar ao Zas de Pereiro e Forján, que en media hora endosou 6 goles ante un cadro ceense desaparecido.
Fixo tres cambios xa Joaquín Quintáns no m.35, e o equipo recuperouse recurtando antes do descanso. No segundo tempo, o Pereiriña regresou con máis forza e controlou mellor o xogo tendo ocasións nas que apareceu Pereiras. Nunha desafortunada acción, Fran marcou en propia meta, recurtando distancias a un 6-3. Pouco despois, Raúl, tras converter o segundo penalti do partido, selou o seu hat-trick e puxo o 7-3 no marcador. Finalmente, Brais anotou para o Pereiriña, pechando o marcador cun definitivo 7-4.
Baíñas - Oza (3-6)
- Baíñas: Fabián, Raúl, Joel, Santi Moreira, Rodri, Pablo Calvo, Marcos, Edu, Arias, Aníbal e Rulli. Tamén: Dani Martínez, Fabio Allo, Leandro e Pedro.
- Oza: Samuel, Alex Moreno, Alberto, Nacho, Kuki (Hamsa), Archi, Salah, Puñal (Christian Gabin), Alexis (Nico) e Abib (Casais).
- Goles: 1-0, m.22: Rulli; 2-0, m.30: Joel; 2-1, m.35: Nacho; 2-2, m.41: Nacho; 2-3, m.47: Archi; 3-3, m.75: Arias remata unha boa falta lateral de Aníbal; 3-4, m.79: Nico; 2-5, m.82: Hamxa, e 3-6, m.90: Nico.
Partido emocionante que comezaba o Oza apretando e tendo dúas ocasións boas ao comezo, por medio de Abid e Nacho, o mellor do partido. Pero o cadro local reaccionaba e se metía 2-0 cos tantos de Rulli e Joel. Non decaían os carballeses, moi intensos, e antes do descanso eran quen de empatar.
Marcaba pronto o Oza na segunda, e seguía dominando lixeiramente, pero o Baíñas estaba de cheo no partido, conseguindo empatar aínda cun cuarto de hora por diante.
E foi aí cando lle entraron ao Oza, 3 tantos seguidos que decantaron a balanza para un equipo carballés que lle dedica a vitoria a Javi Puñal, que saía lesionado.
Camelle - Seaia (0-2)
- Camelle: Joel (Hucho); Pastelero, Raiku (Ruso), Dido, Chans; David V, Estiben, Fabián (Gabi), Sandro (Óscar), Kampi (Sergio), e Lucas.
- Seaia: Anxo, Marcos, Jorge Calvete, David Muíño, Martín Costa, Manu Castro, Antonio Añón, Diego, Iván, Raúl e Juni. Tamén: Lamas, Brais, Pablo, Alejandro e Alex Mato.
- Goles: 0-1, m.5: Manu Castro; 0-2, m.30: Diego.
Partido moi bregado no Rodeiro, moi igualado, de moita batalla aérea e con balóns longos polos dous equipos dado o estado do terreo de xogo. Era o cadro visitante o que gañaba máis duelos, e soubo aproveitar dúas imprecisións para poñser por diante. Manu Castro marcaba moi prointo e Diego ampliaba a renda á media hora. O Camelle tamén chegaba á área rival pero non estaban acertados e a defensa e o meta malpicán conseguía aguantar ata o descanso.
Tiña que poñerse Hucho (xogador de campo) baixo paus trala lesión de Joel, o que mermou o potencial dos de Sergio. Así e todo, dominaron todo o segundo tempo, iso a pesar de quedar con 10 durante 20 minutos, pero non estiveron acertados cara gol.
Boas novas para o Seaia que suma a súa segunda vitoria da campaña, comandanda por un gran Jorge Calvete, gozando ademais da volta aos campos de Juni, xogador fundamental na parte de arriba dos malpicáns.
Cerqueda - Nantón (0-0)
- Cerqueda: Mateo, Hugo Fraga, Andy, Dani Reixía, Marcos Pensado, Andi Rey, Hugo Paredes, Jesús, Salah, Brais Costa e Alex López. Tamén: Christian Velo, Palermo, Suso, Víctor e Andrés.
- Nantón: Jose, Mikel, Adrián Abelenda, Miki, David Fariña, Xoel, Javi Muíño, Iago, Cesar, Josué e Alberto Fuentes. Tamén: Álvaro, Nando Cabeza, Juan, Carlos Vidal, e David.
Partido de moito xogo no medio campo, poucas ocasións, pero a meirande parte do lado dos de Gurita, aos que o empate lle sabe menos que ao rival. Suso tivo a mellor ocasión para os locais pero Jose estivo seguro baixo paus. Tamén tiveron algunha os de Adrián Varela, como unha de Javi e outra de Miki que sacou a defensa.
Sofán B - Buño (7-0)
- Sofán B: Diego; Borja, Samuel, Ivàn, Raúl; Nachete, Breogán; Adrián Vázquez, Dani Calvete, Saydou e Isma. Tamén: Marco, Eloy Cabeza, Ceide, Nacho Eirís e Brais Calvo.
- Buño: Piña, Alan, Hugo, Adrián Pose, Castro, Brais Fraga, Adnrés, Eloy Santos, Martín, Facal. Tamén: Rubén, Fran Souto e Ciss Mamadou.
- Goles: 1-0, m.5: Adrian Vázquez Fraga; 2-0, m.12: Isma Casal; 2-1, m.22: Hugo Álvarez; 3-1, m.52: Adrián Vázquez; 4-1, m.55: Isma Casal: 5-1, m.75: Rubén Ceide; 6-1, m.82: Adrián Vázquez; 7-1, m.88: Adrián Vázquez.
Gran partido ofensivo do filial ante un Buño que fixo un mal partido, e vou como xa en 10 minutos lle endosaban dous goles. Aínda recurtaron os de Lilo, sendo o treito final do primeiro tempo un ida e volta bo que puido pasar de todo.
Pero á volta do descanso o filial foi un rodillo e sentenciou, cunha gran actuación do pichichi do ano pasado, Adrián Vázquez, que anotou un póker de goles.
Inter de Brens - Volantes (0-5)
- Inter: Ema, Diego, Christian, Brais Canosa, Regueira, Evaristo, Miguel Papin, Torices, Juan Lagoa, Leo, Ricardo. Tamén: Carballo, Marcos, Santi Agulleiro, Fabián e Brais Iglesias.
- Volantes: Alex de Yi, Rama, Dani Mariño, Manu Teijo, Alex Louro, Isma, Hugo, Fran, Raúl Lestón, Manu de Yi, Borja.
- Goles: 0-1, m.20: Raúl Lestón; 0-2, m.40: Raúl Lestón; 0-3, m.60: Hugo; 0-4, m.74: Borja; 0-5, m.80: Raúl.
Partido máis igualado do que sinala o marcador, cun Inter competindo ben pero en fronte cun Volantes, que a pesar de chegar a Cee con 11 xogadores xustos, demostrou a súa pegada, cun Raúl Lestón que fixo 3 tantos.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.6: O Malpica tamén gaña o derbi ante o Buño e se mantén arriba de todo.
- X.5: Tres equipos invictos.
- X.4: Volantes e Malpica póñense por diante.
- X.3: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada.
- X.2: A Festa do gol.
- X.1: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.