3ª FUTGAL: O Malpica tamén gaña o derbi ante o Buño e se mantén arriba de todo
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.

Era o partido da xornada na 3ª, e o Malpica puido gañar o apretado derbi ao Buño, e se coloca líder en solitario aproveitando o descanso do Volantes. Non recúa o Sofán B, agora segundo, e formando o trío de equipos que aínda non coñecen a derrota.
Por detrás Zas e Cerqueda collen posicións.
Oza - Cerqueda (3-3)
- Oza: Samuel; Alex Moreno, Alberto, Nacho, Kuki, Archi, Crespo, Salah, Puñal, Alexis Rodríguez e Abib. Tamén: Aarón Caamaño, Hamza, Salaar, Amine e Christian Gabin.
- Cerqueda: Mateo, Hugo Fraga, Marcos Pensado, Christian Velo, Andi Rey, Andy, Hugo Paredes, Jesús, Iván Mato, Alex e Suso. Tamén: Breo, Rubén Fuentes, Sergio, Rubén e Aitor Pena.
- Goles: 1-0, m.4: Nacho tras un córner; 0-2, m.32: Archi; 0-3, m.43: Nacho á contra; 1-3, m.45: Iván Mato; 2-3, m.50: Suso de penalti; 3-3, m.70: Iván Mato.
Unha parte para cada equipo, que comezaba moi enchufado, marcando pronto, e dominando sen demasiado perigo pero ante un inoperante Cerqueda, con moitas imprecisións. Á media hora Archi aproveitaba un erro do defensa visitante dando un pase atrás para facer o segundo. Tiña que aparecer aí Samuel para facer un paradón nunha das poucas chegadas dos visitantes na primeira, antes de que Nacho fixese o terceiro a 2 do descanso. E cando parecía que se marcharía así a cousa ao vestiario, na última xogada Iván Mato recurta.
Cambiou o conto na segunda. Pronto se mete de cheo o cadro de Gurita do partido co segundo dende os 11 metros. O Cerqueda empurraba, con máis ocasións se ben no treito final o Oza ve como lle anulan un gol por fóra de xogo, pero aínda tivo o Cerqueda unha última tendo que salvar Samuel baixo paus.
Laxe - Inter de Brens (1-1)
- Laxe: Jacobo, Roi (Brais), Martín, Mohamed, Torrado (Sergio), Jalal, Pablo, Abdel, Unay (Roi Zas), Santi e Eliseo (Pasarelo).
- Inter de Brens: Gonzalo, Diego, Christian, Jose Ángel, Brais Canosa, Marcos, Fabián, Alex Castro, Cristian Canosa, Miguel Papin e David Regueira. Tamén: Evaristo, Juan Lagoa, Santi Agulleiro, Adrián Pasantes e Brais Iglesias.
- Goles: 0-1, m.50: Juan Lagoa; 1-1, m.89: Jalal de falta directa.
Frouxo pero igualado partido o vivido no Rogelio Martínez Cabo dArea de Laxe. Pouco que destacar dunha sosa primeira metade. Comezaba a segunda cun tanto de Juan Lagoa, que daba conta da melloría do Brens. O cadro de Ordóñez comezou a apretar con balóns arriba, intentando aproveitar os segundos balóns e facendo que o meta visitante aparecese en varias ocasóns. Ata que Jalal, xa case no último segundo, facía o empate. Aínda na última xogada o meta Jacobo salvou o empate para os locais nun remate de Evaristo.
Zas - Muxía B (6-1)
- Zas: Guille, Eloy Moreira, Adrián Rama, Pablo Fuentes, Redondo, Álvaro Fariña, Adrián Domíngiez, Darío, Juan Touriñán, Fran e Raúl Corzón. Tamén: Pereiras, Anxo, Mauro e Marcos.
- Muxía B: Ángel, José Luís, Mario Trillo, Baamil, Mateo, Furelos, Noé, Santi, Martín, Eloy Sambad, e Fabián Tamén: Xabi, Damián, Isma, Antonio e Brais.
- Goles: 1-0, m.8: Raúl Corzón; 2-0, m.9: Raúl Corzón; 3-0, m.53: Raúl Corzón nunha contra perfectamente executada; 4-0, m.63: Darío; 4-1, m.67: Eloy Sambad de penalti; 5-1, m.77: Redondo; 6-1, m.81: Raúl Corzón.
O Zas recibía ao filial do Muxía nun encontro onde os visitantes comezaron mellor, buscando constantemente as espaldas da defensa local. Pero o novísimo equipo muxián segue pecando da experiencia e da forza necesaria para a categoría sénior, e en 2 minutos un inspirado Raúl Corzón facía dous bos tantos. Con esta vantaxe, o Zas seguiu presionando, aínda que sen demasiado xogo fluído, chegando a crear algunhas ocasións que ben eran detidas polo porteiro visitante ou marchaban fóra.
Pero cando o cadro de Isidro conseguía baixar o balón e xogar ao que quere, é capaz de dominar e ter boas posesións e chegar arriba, obrihando a Guille a facer 2-3 paradas de mérito.
Na segunda, Raúl volveu a aparecer para marcar o terceiro, un golpe para o Muxía, que viu como o Zas gañaba en vitalidade tras os cambios, especialmente en ataque. Darío ampliou a vantaxe cun gol a balón parado, pero o Muxía conseguiu recortar distancias transformando un penalti que situaba o 4-1 no marcador.
Segue gañando confianza, experiencia e veteranía o cadro de Isidro, que a partir de decembro seguro que será moito máis perigoso, como o demostra co balón nos pés.
Pereiriña - Camelle (4-1)
- Pereiriña: Jesús, Fabián, Adri Ozón, Oca, Estebo, David Marcote, Pablo Trillo, Gabri, Martín, Juan oBello e Tito. Tamén: Miguel, Charly, Isma Graíño, Carlos Leis e Saulo.
- Camelle: Joel; Pastelero, Dido, Ruso, Chans; David V, Fabian, Sergio, Sandro, Kampi (Raiku) e Lucas.
- Goles: 1-0, m.18: Fabián tras unha xogada por banda de Martín; 2-0, m.63: Miguel nunha acción de Saulo; 2-1, m.65: Ruso; 3-1, m.78: Miguel; 4-1, m.85: Charly nunha xogada de Saulo.
Partido condicionado polo forte vento no San Paio de Refoxos, ao que se adaptou mellor o cadro local. Co aire a favor os visitantes tiveron un par de boas ocasións que desbarataba o meta Jesús, ante un Pereiriña armado atrás coas liñas moi xuntas. Nunha contra Fabián abre o marcador tras unha gran xogada de Martín. Tivo unha máis para aumentar a renda o Pereiriña, pero non foi ata a segunda cando ampliaba a renda Miguel. De contado reaccionaría o Camelle nunha acción a balón parado, pero nun mal despexe do meta camellán, Miguel facía o terceiro e Charly, o cuarto para pechar o partido.
Seaia - Baíñas (2-1)
- Seaia: Lamas, David, Marcos, Brais, Iván, Alex Mato, Alex García, Martín Costa, Pablo Caamaño, Diego e Iván Caamaño. Tamén: Jorge Calvete, Anxo, Kevin Reino, Antonio e Raúl.
- Baíñas: Joel; Pablo (Gustavo), Rodri, Manu, Raúl; Santi, Anibal, Ruly (Pedro), Edu, Marcos (Chavico); Kevin.
- Goles: 1-0, m.48: Alex Mato nun córner; 1-1, m.49: Kevin; 2-1, m.93: Iván Caamaño.
Partido soso na primeira metade, cun Seaia máis insistente co vento a favor pero sen grandes ocasións.
Comezaba máis revolta a segunda, meténdose por diante os locais nun córner, pero empatando na xogada seguinte o Baíñas por medio de Kevin, aproveitando un erro do meta local.
Volveuse tolo o partido, primeiro coa expulsión ao adestrador vimiancés, despois a de Kevin por unha suposta protesta que criticou o cadro vimiancés. Xa no desconto, despois de moito insistir e de moito esforzo, chega o gol da vitoria para o Seaia, no que tamén pediron os visitantes unha posible falta ao porteiro.
Buño - Malpica (0-1)
- Buño: Piña, Hugo, Pablo, Alan Moscoso, Facal, Miguel Mallo, Fran Santiago, Jose Castro, Andrés, Edu Souto, e Martín. Tamén: Fran Souto, Adrián Pose, Simón, Eloy Santos e Braus Fraga.
- Malpica: Joel, Anxo, Pablo, Diego, Mario, Luisma, Adrián pose, Fran, Ada, Cristian e Charro. Tamén: Senén, Niguel, Chicha, Jorge Parga e Raúl Riegía.
- Gol: 0-1, m.33: Charro a centro de Luís.
Intenso e igualado derbi en Xaviña que comezaba co Malpica moi enchufado, facendo perigo e superioridade pola banda esquerda. Así chegaba o gol de Charro á media hora tras un despexe frouxo dun defensa. Tivo Fran o segundo para os de David Baña pero aparecía Piña para manter vivo ao equipo.
Cambiou o panorama na segunda. Os oleiros de Lilo comezaron a apretar, pero den demasiada pegada, chegando cunha ocasión de Andrés e Edu, que tamén pediu un penalti. Á contra tiveron Charro e Aday un par para sentenciar. O Buño seguía coa súa presión alta e intentado entrar polas bandas pero sien atopar fisuras.
Nantón - Sofán B (1-4)
- Nantón: Álvaro, Mikel, Adri Abelenda, Alberto Fuentes, David Fariña, Xoel, Muíño, Nando Cabeza, Iago Torres, Julio e Josué. Tamén: Jose, David, Dani Castro, Dany Añón e Juan.
- Sofán B: Mario; Samuel, Nacho, Ivàn, Christian; Nachete, Roi; Saydou, Adrián Vázquez, David de Jesús e Isma.
- Goles: 0-1, m.24: Adrián Vázquez nun córner; 1-1, m.27: Iago Torres de vaselina; 1-2, m.50: Nacho Moreno; 1-3, m.53: Saydo; 1-4, m.63: Raúl Rodríguez.
Tardou en adaptarse ao céspede de Fontiñas o filial carballés, e o Nantón aguantaban moi ben na primeira metade, que chegou cun xusto empate ao descanso.
Saía moito máis enchufado o cado de Barca na segunda, e en 10 minutos marcaban dous goles claros. Debutaba Raúl Rodríguez que demostou a súa calidade a balón parado anotando. O cadro de Adrián Varela “Fofi” intentouno con máis corazón que cabeza.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.5: Tres equipos invictos.
- X.4: Volantes e Malpica póñense por diante.
- X.3: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada.
- X.2: A Festa do gol.
- X.1: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens.
Máis info
- Así queda a lista de adestradores, e adestradoras, do Fútbol da Costa para a 24/25.
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.