mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Interrogatorio de Leis con... Pablo Vigo

Pablo Vigo como capitan da Seleccion da Costa QPC nun dos Partidos Solidarios
Pablo Vigo como capitán da Selección da Costa QPC nun dos Partidos Solidarios
O Interrogatorio de Leis con... Pablo Vigo

A finais de outubro de 1979 disputouse unha eliminatoria de Copa do Rei entre o Noia e o Compostela, e nela tivemos protagonismo costeiro xa que o Noia aliñou a Paco Leis (Lariño) mentres que o Compostela tiña a Suso Insua (Cee) no seu once inicial.
A eliminatoria caeu do lado de Suso pois o Compos gañou o partido de ida por 0-3 en Noia e a volta rematou cun empate a un gol. Por certo, esa foi a Copa que tivo como finalistas o Real Madrid e o Castilla.

45 anos despois, a mesma experiencia que viviron Paco Leis e Suso Insua, xogar unha eliminatoria de Copa do Rei, vivirana dous dos nosos: Manolo Varela, membro da familia QPC, como delegado dun Compostela que se enfronta ao Alavés; e Pablo Vigo como xogador dun San Tirso que de seguro fará sufrir ao Español en Riazor. 
Hoxe conversamos co camariñán, toda unha lenda en activo do noso Fútbol da Costa.

banner alvaro fdc 580x90

  • Cal foi o primeiro equipo no que xogaches?

O meu primeiro equipo federado foi o Calasanz xa que en Camariñas naqueles tempos só había o equipo sénior.
Aínda que a miña andaina futboleira empezou nas prazas do pueblo e indo os entrenamientos do Camariñas con meu pai xa que el era un integrante do mellor Camariñas que houbo (Vigo, Camuel, Panadeiro, Jamela…). Daqueles tempos é onde máis alto estivo o Camariñas (na Preferente) por dúas veces e sendo campeóns da Copa da Costa. Aí doi onde me entrou o fútbol nas veas.

  • Que recordos gardas daqueles primeiros pasos futbolísticos?

Dos primeiros pasos gardo moi bos recordos xa que foron nas prazas do pueblo, onde non había premisas nin cousas da actualidade, o único eran 2 porterías que podían ser bancos ou ata dúas pedras que marcaban a portería e unha pelota. Tempos aqueles… xa choveu!! Fútbol de verdá!

  • 15 temporadas entre Preferente e 3ª división, case nada, cunha pandemia polo medio. Que balance fas de todo o que viviches ?

Pois a verdade é que nunca pensei nin mirei atrás… só vou mirando ano a ano e sempre intentando superarme. Cada ano é unha oportunidade nova para poder conseguir algo e cando decida cerrar esta etapa é cando mirarei atrás. Son algo inconformista e iso faime seguir e tirar para adiante.

  • Soneira, Xallas, Arteixo, Betanzos, Montañeros, Fisterra e San Tirso son algúns dos clubs da tua traxectoria, o colofón será xogar na Liga da Costa?

Antes de empezar esta ruta e ao pasar a sénior, estiven un par de anos sen xogar xa que ao estar na Coruña, quería ir para Camariñas pero ao ter que xogar os findes non podía baixar… entón estiven ese tempo sin xogar… ata que Vicente Carril veu buscarme e falar conmigo e xoguei 3 anos no Camariñas. Esa pode ser unha das cousas que me arrepinto, estar eses 2 anos sen xogar… onde podía ir a aquel Laracha de Vara pero decidín parar (cousas da xuventude).

banner-deluxe-macrober-cee

  • Con toda esta longa historia terá mil e unha anécdotas que contar, déixanos unha que destaques.

Anécdotas moitas, pero podería dicir a última final da Copa da Costa contra a Esteirana… 3 de xullo do 22, faltaban aínda 20 días para ser papá pero non quixo esperar… tiña que vir o día 3 ás 19:00 da tarde. Ese día ía xogar a miña 5ª final, todo preparado para ese partido pero en vez de coller o coche para ir pora campo, tivemos que cambiar a ruta… mira que fixen o posible por estar, pero nada eh… forza maior… jejeje… din que os bebes veñen cun pan debaixo do brazo pero a miña nena veu con unha Copa 🏆.

  • Aínda temos a Pablo Vigo para rato ou estás pensando en retirarte?

Cando naceu Mía, estaba no Fisterra pero co traballo (horarios de 6 a 2 de luns a sábado), as viaxes ata ala decidín acercarme un pouco máis a casa e fichei polo Betanzos co obxectivo de devolvelo a onde non debeu de baixar (eu xa estivera no Betanzos fai agora 12 anos, a última vez na 3º). Conseguimos o obxectivo devolvendo a 3ª División e o ano pasado mantelo na categoría (obxectivo conseguido).
Ao acabar o ano, co traballo, familia, os anos que teño… pasouseme pola cabeza máis dunha vez poñer punto e final e dedicarme á familia e non lle faltou muito… máis ben moi moi pouco.
Pero apareceu Fabio (entrenador do San Tirso) que xa levaba algún que outro ano falando conmigo e ao final entre a familia e el convencéronme para seguir, do cal doulle as gracias enormemente de convencerme.
Ata cando??? non o sei… día a día e veremos o que nos depara o futu
ro.

  • Retirada no teu Camariñas que arrancou de forma espectacular esta tempada e xa lidera a mellor liga do mundo ?

Sempre me gustaría acabar onde empecei… no meu Camariñas que agora é líder da Liga da Costa. Espero que sigan así e poder chegar o máis alto e si pode ser gañando a súa 3º Copa da Costa!!! Camariñán de pura sepa!!!

  • Veste de adestrador nun futuro ?

Non. Creo que non aguantaría, o fútbol actual cambiou muito de cando eu empecei. Nada que ver.

  • Que che di esta data, esta hora e este lugar: 31/10/2024 – 19:00h - Riazor.

Unha nova experiencia, algo máis para apuntar nese balance que se fará ao final da carreira. Impensable pero gracias a convencerme a familia, Fabio de seguir xogando, pois mira vaia premio para seguir sumando a ese balance ou pode ser o colofón da miña carreira futbolística…

  • Sei que non é como xogar a final da Copa da Costa pero bueno, non está nada mal, non? Que sensacións tes de cara á eliminatoria?banner_omoncho

Home, a Copa da Costa para os que somos da Costa… sabemos o que significa, pero ese partido, en Riazor, Copa do Rei, contra un Primeira campeón da copa 4 veces… iso é a ostia (debería de collerme con algún que outro ano menos, jejeje).
Esperemos que podamos facerlle algo de fronte, por gañas e ilusión non vai ser, sabemos que é difícil… eles viven do fútbol, nós cada un temos o noso traballo pero… por que non soñar???

  • Ademais de ti, tamén teremos representación costeira noutra eliminatoria con Manolo Varela como delegado do Compostela ante o Alavés, menudos embaixadores costeiros no verde e nos bancos. Atrévete cun pronóstico para eses dous partidos.

Valeriame con ganas 1-0 ou si non podemos ganar…xa que tamos nun soño…vamos seguir soñando…😉
A Manolo deseolle o mellor igual ca nos…que ganen 1-0 tamen Sería a ostia poder pasar ou 2…quen dixo medo???jajaja

A selección… que che valoren na túa terra, na Costa da Morte non ten precio… eu son moi costero e todo o que puiden conseguir xogando ao fútbol reflíctese nesas convocatorias e máis puidendo ser capitán nesta última… para min un orgullo enorme poder representar á nosa comarca.
Hai que valorar o traballo que facedes e a visión que dades da nosa terra, do noso fútbol… cas galas, ca selección… gran traballo!!!👏👏👏

  • Xa sabes que a convocatoria da selección faise cos votos da xente dos clubs costeiros e iso dá aínda máis valor a ser seleccionado. Aínda haberá posibilidade de volver a verte nunha gala e a súa correspondente selección?

Posibilidade sempre… encantado de poder estar, para min un orgullo enorme… oxalá ainda que cada vez quede menos tempo.

  • Xa que es defensa, imos despexar algún que outro balón… Con tantas tempadas ao lombo, xa din por aí as malas linguas que os dous mellores representantes de futbolistas son o de Morata e o teu, que hai de certo?

Nada nada… eu son un máis que o único que intenta e dar o mellor de min e depaso demostrar o que vale un da Costa…💪💪💪

  • Compartir vestiario con Juan de Dora fíxoche pensar máis na retirada?

Jajaja con Juan só me falta durmir… traballamos xuntos tamén e hai muito que aguantar… pero no fondo somos moi parecidos, competitivos máximos e os dous levamos a Costa dentro, deseolle o mellor siempre… aínda que non me perdone ganarlle a Copa da Costa na que nos enfrontamos (Xallas-Sofan) marcandolle eu o penalti decisivo… jajaja.

  • É certo que na final de Copa ante a Esteirana borrácheste para non ser entrevistado por Alberto Pose?

Jajaja Con Alberto sempre, o que lle faga falta… outro que tamen leva a Costa o donde sexa. Un grande e un abrazo forte para el tamén.

  • A quen lle vas adicar o gol co que vas eliminar ao Español?

Dios che oia. Entonces si que a fariamos boa… non sei que pasaría si pasamos e marco eu… quedariame pequena A Coruña para celebrar… o gol dedicariallo á familia… á muller e á nena que son quen me aguantan todolos días, e as meus pais que non perden partido.

  • Moita sorte Capi!!

banner faro larino

O Interrogatorio de Leis

Outras entrevistas en QPC: Os traballadores na sombra

Comentarios