Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Baíñas dá un paso importante para o ascenso directo e o Camelle para a promoción

Zas-Ameixenda-Noe 2
Zas-Ameixenda-Noe Touriñán
3ª Galicia: O Baíñas dá un paso importante para o ascenso directo e o Camelle para a promoción

Meteulle 6 o poderoso líder ao 3º clasificado, nun choque marcado, iso si, pola expulsión tempraneira do meta oleiro aos 5 minutos. A derrota do Buño e a vitoria do Baíñas permite que o cadro vimiancés saque xa 6 puntos aos oleiros, afianzando o seu posto no ascenso directo.

Fermosa e cada vez máis aberta está a loita pola promoción. O Zas parece que será un fixo, e ao seu carón o Camelle daba un paso de xigante ao vencer no duelo directo ao Pereiriña, que deixa o seu 6º posto a un Lira que tamén venceu a outro rival como é o Laxe.
O Xallas B perdeu unha boa ocasión ante un renovado Seaia que se mete de cheo na pelexa.

 

Baíñas - Castrelo (4-0)

  • Baíñas: Joel, Raúl, Borja, Maikol, Dylan, Hermida, Adrián, Oreiro, Cristian, Kevin e Chipi. Tamén xogaron: Esteban, Ruli, Aníbal e Carlos.
  • Castrelo: Martín, Peke, Oli, Canoas, Cachi (Gustavo, m.65), Quilmes, Chans, David (Conde, m.65), Picallo (Guillín, m.60), Xavi (Pereira, m.65) e Rubén (Miguel, m.75)
  • Goles: 1-0, m.35: Esteban; 2-0, m.37: Raúl; 3-0, m.60: Chipi; 4-0, m.63: Ruli tras unha fermosa xogada de Cristian pola banda.

Derbi igualado nos primeiros compases, con dúas lesións nas filas locais (Sergio no quecemento e Adrián aos 10 minutos) que obrigaban a Roski a facer cambios. Non había chegadas ata que un roubo no medio campo permite aos locais facer unha transición rápida e adiantarse cun golazo de Esteban dende fóra da área. Pouco despois era Raúl o que remacha un centro de Cristian dende a esquerda.

Xa na segunda parte non tardaron en sentenciar os verdes, cun balón en profundidad que Chipi finaliza cunha boa vaselina. Uns minutos mais tarde Ruli conseguíu o 4 e ainda dispuxo doutra boa para marcar o 5....creo que dominamos de principio a fin. Moi bo resultado pois na primeira volta aguantaron moi ben o 0-0. O Castrelo tamén superaba liñas e chegaba á área local, pero non estaba acertado.

Xusta vitoria dun efectivo Baíñas, que dá un salto importante cara o ascenso directo.

 

Porteño - Buño (6-0)

  • Porteño: José (Sergio, m.75), Vicente, Rodri, Yeray (Nico, m.55), Ángel, Nico (Joseba, m.55), Juan oVello, Alan, Carrabete e Lucas (Marquiños, m.57).
  • Buño: Xurxo, Sergio, Martín, Breo, Fran, Luismi, Elías López, Pablo, Eloy Suárez, Eloy Santos e Bastón. Tamén: Darío, Miguel Dourado, Mateo, Elías Suárez, Adrián Pose.
  • Goles: 1-0, m.43: Lucas; 2-0, m.44: Alan; 3-0, m.48: Carrabete; 4-0, m.60: Lucas; 5-0, m.70: Carrabete; 6-0, m.90: Ángel de cabeza.

A expulsión aos 5 minutos de Xurxo, parando coa man unha vaselina de Carrabete, condicionou completamente o partido. O Porteño, cun home máis, dominou a pracer o choque, aínda que o cadro oleiro aguantou ben o primeiro tempo, mesmo chegando cunha boa ocasión de Martín. Pero cando parecía que o partido marcharía sen goles ao descanso, dous tantos consecutivos de Lucas e Alan deixaban claro o choque para os de Cousillas.

Non puido reaccionar o cadro de José Caravel, que ficou todo o segundo tempo a mercé dun Porteño que fixo un gran partido.

 

Malpica - Nantón (0-2)

  • Malpica: Lamas, Simón, Jorge Martínez, Fran Pombo, Eloy Vilas, Lou, Aitor, Jorge Parga, Baye, Arcay e Nando. Tamén:Macías, Alberto Hombre, Fran, Rafa Hombre e Kevin.
  • Nantón: Guille, Fran, Dani Bardanca, Carlos Vidal, Micael, Fuentes, Roi Fachal, Dani Collazo, Pastor, Redondo, Iván Moreira.
  • Goles: 0-1, m.5: Iván Moreira; 0-2, m.38: Redondo.

Partido lento e sen ritmo, que arrincaba xa cun tanto dos visitantes tras un centro lateral que non defendía ben a defensa local. Tras un primeiro tempo igualado Redondo facía o segundo para os cabaneses contra o final. A segunda metade foi de trámite, con moito medio campo e pouco máis.

 

Pereiriña - Camelle (1-2)

  • Pereiriña: Isma, Grille, Soneira, Diego Oca, Fabián, Isma Graíño, Brais Lagoa, Antelo, Carlos Leus, Rubén Yaya e Kevin. Tamén: Esteban, Tito, Rodri, Adrián Ozón e Salva.
  • Camelle: David, Dido, David Vázquez, Martín (Ruso), Quintelo, Piquero, Estiben, Crejo, Chori (Marcotiño), Gabi (Adrián), Sergio (Makareno).
  • Goles: 0-1, m.32: Dido; 0-2, m.78: Crejo dende lonxe por riba do porteiro; 1-2, m.89: Tito.

Partido moi parello, de importancia na loita pola promoción, no que comezou mellor o equipo local, levando o peso e tendo un par de boas ocasións como unha Charli que no man a man mandou alto. Adiántanse nunha falta lateral o cadro de Sergio.

O partido convertiase na segunda nun ida por volta, con ocasións nas dúas áreas. Pero era Crejo o que marcaba o segundo para os visitantes cun tiro dende moi lonxe. Aí os de Emilio Corzón envorcáronse e case que co tempo cumplido Tito recortaría, pero a pesar dos continuos balóns colgados os locais non conseguiron o empate.

 

Zas - Ameixenda (12-0)

11 do Zas-Ameixenda-Noe

  • Zas: Adrián Reborido, Adri Santos, Darío, Álvaro Fariña, Marxcos, Anxo, Manu Fuentes, Darío, Christian, Dani Mato, Alvite, Andrés.

11 do Ameixenda en Zas

  • Ameixenda: Costa, Evaristo, Sambade, Chapu, Sergio, Esteban, Juan Lagoa, Dani, Pikita e Cristian.
  • Goles: Álvaro Fariña (2), Andrés (2), Christian (2), Dani Mato (2), Pablo Pardiñas, Samu, Iván.

Partido sen moita historia cun Ameixenda que chegou a Zas con 10 xogadores, e Chapu con problemas musculares… Malia quedar con 10 pola expulsión de Darío, era cuestión de minutos que foran caendo os goles. E así foi, xa dende o minuto 2.

E notouse a igualdade de xogadores no tramo final do primeiro tempo así coma nos primeiros 20 minutos do segundo. O Zas xa non avasallaba e o Ameixenda tivo tres ou catro ocasións para marcar.

 
Zas-Ameixenda-Noe
Foto: Noe Touriñán

Lira - Laxe (3-0)

  • Lira: Balayo, Cartamil, Cristian, Isaac, Santi, Ángel, Lucas, Saúl Lariño, Saúl Lira, Pablo e Rubén. Tamén: Golpes, Ramón, Alexis Lariño e Alexis Pedrafijeira.
  • Laxe: Rubén, Mikel, Jacinto, Pablo, Gora, Iago Torres, Miguel Torres, Pombo, Bieito, José ñAngel. Tamén: Felipiño, Fran e Sergio Blanco.
  • Goles: 1-0, m.2: Pablo nun man man; 2-0, m.43: Santi; 3-0, m.60: Rubén.

Púxose de cara o partido para o Lira cun tanto de Pablo tras un balón longo que colleu despistada á defensa laxense. O cadro de Lilo reaccionou e controlou boa parte do primeiro tempo pero sen demasiada profundidade, nun choque que parecía un partido de tenis con moito balón directo. Miguel Torres mandaba unha falta ao longueir, pero era Santi o que faría o segundo para os de Gabri Sil ao fío do descanso.

Na segunda parte Rubén de cabeza poría o terceiro e partir de aí os visitantes desapareceron do partido.

 

Xallas B - Seaia (0-1)

  • Xallas B: Fabián, García, Jota, Becerra, Chinda, Kevin, Suárez, Dani Barbeira, Steven, Javi Caamaño. Tamén: Julián, Doriño, Balsa, Adrián Forján e Adrián Couto.
  • Seaia: Piña, Anxo, Pablo, Suárez, Mara, Martín, Mario, Manu Garrido, Luisma, Camilo, Juni. Tamén: Diego, David, Raúl Reigía, Alex Mato e Pablo Caamaño.
  • Goles: 1-0, m.57: Luisma marcou un golazo.

Xallas B-Seaia

Choque moi igualado, importante na loita pola promoción, moi tenso, bronco e protestado. O Seaia comezaba facendo moito dano por banda, obrigando aos xalleiros a cambiar a 4 defensas. Na área contraria dúas de Kevin e unha de Barbeiriña eran salvadas por un Piña que foi un dos grandes protagonistas. En resumo, pouco acerto nos dous bandos.

Marcou Luisma un auténtico golazo tras unha xogada de Juni por banda, que permitiu ao Seaia dar un paso atrás e defender ben a súa portería, demostrando que vai estar moi dentro da pelexa pola fase.

Durante a última media hora foi un asedio do filial xalleiro, colgando balóns, pero sen grandísimas ocasións, salvando iso si, Piña, a mellor ocasións dos xalleiros a un tiro baixo.

Máis crónicas da 3ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios