3ª Galicia: ”O Camariñas é o equipo a batir”
Así de rotundo se amostou o adestrador do Laxe, Antelo, tras recibir 4 tantos (se cadra excesivos) dun Camariñas que conta partidos por vitorias. O cadro de Berto e Abel está moi forte atrás e ten moita pólvora adiante, como comprobou o cadro de Antelo.
Outes, Camelle e Porteño seguen por detrás, e os da Ponte xa pensan no derbi da semana que vén.
Corcubión - Castrelo (1-1)
O Castrelo quixo animar a Esteban
- Corcubión: Marcos, Evaristo, Camacho, Pablo, Mario Suárez, Alán, Adán, Gabi, Lema, Chiru e Roi. Tamén xogaron: Kali, Trillo, Mario Lagoa e Castillo.
- Castrelo: David Carreira, Miguel, Luís, Esteban, Víctor, Dani Picallo, Maikol, Chans, Darío, Javi Toba, Adrián Pasantes. Tamén xogaron: Estebo, Roi, Gustavo, Luís Blanco.
- Goles: 1-0, m.4: Iago Lema; 1-1, m.54: Adri Pasantes.
Empezou dominando o equipo local, con 3 claras ocasións (dúas ao pau) nos primeiros 10 minutos que puderon matar o partido, pero só o capi Iago Lema acertou para poñer por diante aos de Nito, aproveitando un erro da defensa visitante. Co paso dos minutos o dominio local desapareceu, pero o Castrelo non conseguía facer dano, máis que algo de susto a balón parado.
Saíu mellor o cadro visitante na segunda, metendo balóns arriba, por medio do porteiro goleador Davir Carreira. Nunha desas chegaba o empate por medio de Adrián Pasantes. O partido pudo caer para cualquera dos dous bandos pero finalmente habería un xusto reparto de puntos.
Laxe - Camariñas (0-4)
- Laxe: Jacobo, Toja, Naya, Zurich, Vieito, Jacinto, Carra, Íñigo, Borga, Andrés e Santi. Tamén xogaron: Elías, Dani, Santi e Adrián.
- Camariñas: Pablo, Souley, Mañe, Rodrigo, Carlos, Mickael, Piche, Javi Antelo, Pablo, Nicolás, Roi e Nazo. Joel, Oli, Moriño, Dani e Brandon.
- Goles: 0-1, m.6: Javi Antelo; 0-2, m.44: Javi Antelo; 0-3, m.89: Nazo; 0-4, m.91: Brandon.
Este Camariñas é o equipo a batir da categoría, se ben o resultado do sábado foi algo excesivo. Soubo aproveitar as súas ocasións nos momentos claves o cadro camariñán ante un Laxe que non fixo tan mal partido como para levar 4.
Pero Javi Antelo, o Bicho, marcou ao comezo e ao final da primeira metade, momentos claves para o devir do partido, ante un cadro local que estaba aguantando moi ben, cun gran traballo a nivel de presión e derroche físico. O Camariñas, algo impreciso na circulación de balón, permitiu un par de ocasións que o cadro local non soubo atinar. Soule facía dano por banda pero nin el nin Piche acertaron antes de que Javi fixese o segundo antes de ir ao descanso cun golazo dende fóra da área.
No segundo o Laxe intentouno pero o Camariñas controlou moi ben o partido e chegaron dous goles mas o terceiro de nNzo tras unha boa xogada de Pablo por banda esquerda e rematou a goleada brandon co 0-4.
Nantón - Montelouro (2-1)
- Nantón: Guille; Fran, Pasarela, Amado, Eloy; Martín, David (Bardanza, m.85), Pablo Fuentes; Josiño (Maikel, m.70), Cristian (Iván, m.60) e Redondo (Cachopo, m.82).
- Montelouro: Marcos, Pablo, Juan, Borja, Manolo Chouza, Dani, Iker, Raúl, Jose, Miguel, Rapante. Tamén: Yerai, Samu, David.
- Goles: 1-0, m.61: Iván; 1-0, m.78: Fran; 2-1, m.87: Juan de penalti.
Partido que comezaba con igualdade máxima, e pouco fútbol nunha primeira metade na que as únicas chegadas ás áreas eran a balón parado e sen perigo. Apenas un balón de Cristian que rematou frouxo pode ser considerada ocasión.
Coa entrada de Iván na segunda, os de Fachal animan o partidos, facendo dano por banda esquerda. Pronto adianta aos locais tras unha boa xogada,despois de mandar un balón ao poste. Pouco despois Fran fai o segundo. O Montelouro tirou de orgullo nos minutos finais, recurtaria distancias Juan de penalti, e Pesco tuvo nas suas botas o empate, pero a xusta vitoria quedou nas Fontiñas.
Porteño - Seaia (2-1)
- Porteño: Josiño, Pejo, Caamaño, Manu, Anxo, Canosa, Ángel, Vicente, Isma, Edgar e Wii. Tamén: Brais Blanco, Porto, Cachirulo, Brais Campaña, Xoxe e Joseba.
- Seaia: Recarey, Míchel, Dimaga, Parga, Iván, Mario (Fabián, m.56), Toni, Sergi (Quintas, m.56), Martínez, Loureiro (Jorge, m.46), Pablo (Vistas, m.46).
- Goles: 1-0, m.23: Wii; 2-0, m.40: Vicente; 3-0, m.57: Isma; 3-1, m.60: Jorge.
Non se adatou o Seaia de Da Silva ao céspede da Grixa, pero aínda así non comezaron mal, aguantando aos locais sen demasiado perigo. Ata que Wii remataba un bo centro de Edgar. O segundo non tardaría en chegar demasiado e antes do descanso Vicente facía o segundo tras unha xogada por banda.
Saíu arriba o cadro malpicán, creando certo perigo, pero pronto Isma meteu o terceiro, e xa con máis corazón de cabeza os visitantes recurtarían por medio de Jorge e terían algunha ocasión máis para recurtar, pero o partido nunca perigou.
Ameixenda - Outes (0-2)
- Ameixenda: Bicho; David, Adrián, Nico, Alex, Esteban, Pablo, Gabri, Nando, Marlown, Ariel. Tamén: Carro, Nando, Juan e Ezequiel.
- Outes: Alex, Jura, Pablo, Simón, Caamaño (David), Chía (Joel), Martín, Babu, Eloy, Veleiro, Santi (Saúl).
- Goles: 0-1, m.15: Eloy; 0-2, m.83: Simón.
Partido co dominio dos da Serra, sobre todo na primeira metade. As combinacións dos visitantes, e un mal rexeite da zaga local, permitían a Eloy abrir pronto o marcador. Tivo algunha ocasión máis o cadro visitante, pero no último cuarto de hroa baixaron a intensidade e Álex puido empatar para os locais.
Os 15 primeiros minutos do segundo tempo foron máis igualados, pero sin ocasións de gol. Pouco a pouco o Ameixenda, e posiblemente o cansancio, fixeron que o Outes esperase máis atrás pero sacaban e sacaban contras perigosas. O Ameixenda insistía pero tampouco non acababa de atinar nos últimos metros. E sentenciou o Outes no m.83 nun centro dende a esquerda que Simón rematou de primeiras lonxe de Bicho, que tivo que volver colocarse baixo paus.