Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Empate no alto

Esteirana e Castriz venceron os seus partidos atrasados da Liga da Costa
Seaia-Ozas
Imaxe do Seaia-Oza
3ª Galicia: Empate no alto
Xornada moi sabatina esta previa de ponte, na que había un duelo no cumio. Os dous líderes enfrontábase no Cubaleiro, e protagonizaron o clásico empate cheo de nervios. Polo demais, parece que o Xallas B vai collendo carrerilla, igual que Laxe e Seaia que golearon a Camelle, Castrelo e Oza.

A xornada deixaba ademais o primeiro derbi ceense da historia entre At. Pereiriña e Ameixenda.

O mércores, nova xornada de Liga.

Liga da Costa

Na Liga da Costa, xogábanse dous partidos adiados no seu día. A Esteirana batía co Baíñas cos goles de Adrián, Carajillo, Pablo e Elías, e segue cunhas cifras espectaculares á fronte da táboa: 15 de 15, 20 goles a favor e 1 en contra…
Ademais, o Castriz vencía ao Zas en San Andrés por 2-4, cos tantos de Anxo, Fabián, Guillín e Adrián, nun choque no que o cadro de Periscal, que aínda non coñece a vitoria, estivo a piques de remontar.

 

Corcubión - Porteño (1-1)

Porteño: Jose, Pejo, Ángel, Manoliño, Cachi (Edgar min.70), Visente, Vello, Marquiños, Alan, Martín e Brais (Porto min. 60).

  • Corcubión: Mario Suárez, Fran, Joaquín, Pabliño, Gorka, Rubén, Goche, Tano, Luis, César e Adri Castro. También Elihú e Tono.
  • Goles; 0-1, m.20: Martín; 1-1, m.30: Luís.

Moito respecto no Cubaleiro no choque entre os dous de arriba co liderato en xogo. O equipo de Nito segue con moitas baixas, con Mario Suárez na portería e sen Iago Lema, ante un cadro visitante que viña cunha boa liña de partidos. Adiantábase o Porteño por medio de Martín, pero pouco despois César deixaba só a Luís para que fixese o empate, nunha xogada no que o equipo de Javi Baña demostrou ser algo brando.

O segundo tempo foi de moito xogo directo, moitas interrupcións, notábase que os dous non querían perder, e se ben houbo ocasións para ambos lados como a que salvou Mario Suárez a Porto no man a man, moita emoción pero pouco fútbol no Cubaleiro.

 

Laxe - Castrelo (5-2)

  • Laxe: Jacobo, Jacinto, Elías, Gora, Bieito, Borja Iglesias, Manu Cedrón, Sergio, Álvaro, Carra e David. Tamén: Felipiño, Eloy e Daniel Torrado.
  • Castrelo: Agustin; Adrián Conde, Estebo (Dani Canosa), Miguel, Sebas; Iván Chans, Esteban Lado (Luís Roget), Félix Roget, Martin Rellán, Dani Picallo (Gus Freire); e Roi.
  • Goles: 1-0, m.19: Carra; 2-0, m.30: Bieito; 3-0, m.40: Carra; 3-1, m.43: iván Chans; 4-1, m.50; Gora; 4-2, m.89: Luís Roget; 5-2, m.93: Felipiño.

Laxe-Castrelo

Bo partido dos dous equipos cun moi bo Laxe de Calipo ante un Castrelo no que Antelo non poder facer dous 11 iguais por mor das baixas. Comezaba mellor o Laxe, cun Carra que facía estragos, e aproveitaba algún erro da zaga visitante, marcando o primeiro e participando no segundo. Pouco a pouco o Castrelo foise asentando e empezou a loitar o partido, pero de novo foi o Laxe no que unha contra marcou o terceiro, e malia que Iván Chans recurtaba antes de ir ao descanso o partido estaba xa costa arriba.

Saíu mellor o Castrelo na segunda, pero Gora marcaba de novo e acabar o partido. De aí ao final, moi pouco, cun novo tanto do veterano Luís e outro do eterno goleador laxense Felipiño Oróns.

 

Xallas B - Camelle (5-1)

  • Xallas B: Íker, Jairo, Iván, Pensado, Doriño, Ángel, Sergio Barbeira, Guillín, José M. Jota, Balsa. Tamén: Álex Barbeira, Amarelle, Fidalgo, Dani Barbeira e Rubén.
  • Camelle: David, Ucho (Ruso, m.15), Pablo, Snaky, Martin (Sergio, m.75), Adrián Arteixo, Rodri, Riveiro (Marcote, m.70), Felipe (Adrián Camelle, m.25) (Chori, m.80), Dido e David Camariñas.

Gran partido do Xallas ante un Camelle que non estivo acertado cara gol e ademais segue sumando lesionados. A chave do partido foron os dous mans a mans que tiveron os visitantes pero que salvou Íker e outro o pau de Rodri, co 1-0, e que permitiu que o Xallas escaoase no marcador ao fío do descanso. Na segunda metade non houbo partido.

 

At. Pereiriña - Ameixenda (0-0)

  • At. Pereiriña: Isma Antelo, Maelo, Dani Costa, Fabián, Borja Bouzón, Alex Agulleiro, Tebo, Brais Lagoa, Tonecho, Carlos Leis e Chiru. Tamén xogaron: Lucho, Rubén Fiuza, Juan e Tito.
  • Ameixenda: Rivers; Kamacho, Capelo, Sambade (Chacho, m.46 ), Chapu, Pablo; Elhadji (Esteban m.45), Piquero, Andrés (Alexis, m.69); Saulo e Galindo.

11 do Ameixenda
11 do Ameixenda

Pouco que contar neste trabado partido entre os dous equipos ceense no novo derbi do San Paio de Refoxos. Os dous equipos chegaban con baixas.

Comezaba o Ameixenda de Javichu algo máis enriba e tivo un par de ocasións de Brais Lagoa que paraba o porteiro visitante. Polo bando contrario Saulo, Galindo e Andrés eran un contínuo dor de cabeza para a defensa do Pereiriña, tendo duas boas ocasións de gol.

Estivo mellor o Pereiriña de Emilio Corzón na segunda, dominando pero sen demasiada profundidade. Rompeuse o partido nos últimos minutos con varias ocasións para os dous equipos, tras do Ameixenda de Saulo, Galindo e Andrés, unha delas salvada por Isma Antelo.

 

Seaia - Oza (5-1)

  • Seaia: Anxo, Dimaga, Hugo, Jorge, Anxo; Alex Mato, Iván; Toni, Mario, Manu e Juni.
  • Oza: Gesto, Alberto, Lista, Iago (David Efe, m.80), Vilariño (Gonzalo, m.75), Alex Vazquez, Alex López, Pace, Carlos (Suso, m.63), Kevin (Josiño, m.63) e David LP.
  • Goles: 1-0, m.30: Juni de penalti; 1-1, m.40: David LP; 2-1, m.43: Alex Mato de penalti; 3-1, m.60: Juni; 4-1, m.70: Toni; 5-1, m.80: Fabián.

Dous penaltis romperon o partido a favor dun Seaia que ten a Juni no seu home máis inspirado cara gol, que abría o marcador nun das penas máximas. Empataba David para o Oza pero xusto antes do descanso outro penalti para meterse por diante.

Saíronse do partido os visitantes, a pesar de quedar cun xogador máis, e Juni e Toni, cun auténtico golazo dende a frontal, sentenciaban o partido.

Comentarios