3ª Galicia: Un líder invicto e un gol de porta a porta
Foi o porteiro do Castrelo David Carreira o protagonista da xornada facendo un gol de porta a porta no que foron os primeiros 3 puntos para o equipo de Sergio (que precisamente estaba de vacacións). Nunha xornada na que o Camariñas demostrou, ante o Outes, que a súa candidatura vai en serio. Xa sacan 4 puntos ao Camelle, que venceu a un Ameixenda con eternos problemas. Noutros dos choques igualados, Porteño e Montelouro empataron sen goles e o Laxe vencíu a un Seaia que comeza a competir.

Camelle - Ameixenda (4-0)
- Camelle: Calipo (Roi, m.85), Ucho, Valiña, Pablo, Ruso (Rodri, m.70), David Camelle (David Vietes, m.65), Adrián, Felipe, Ribeiro, Paulo (Mario, m.55) e Dido (Carlos, m.70).
- Ameixenda: Rubén, Adrián, Mico, Esteban, Bicho, Pablo, Nando, Marlown, Carro, Ariel e Suso. Tamén: Samu, David, Alex e Ezequiel.
- Goles: 1-0, m.10: Adrián de bo tiro; 2-0, m.21: Miguel Riveiro; 3-0, m.47: Dido; 4-0, m.85: Carlos.
O Ameixenda segue con grandes problemas de efectivos
Púxose de cara o partido ao Camelle pronto co tanto de Adrián que entra tras pegar no travesaño. O Ameixenda non se adaptou en ningún momento ao céspede do Rodeiro e os locais, máis experimentados e sobre todo con mais empuxe, foron levando o partido ao seu terreo. Nunha xogada de pillería tras un saque de banda Riveiro facía o segundo. A partir de aí igualouse o partido, con algunha chegada que salvou Rubén para os locais, pero tamén para os visitantes, como as de Marlown e Santi que puideron acortar diferencias pero non se movíu o resultado ata o descanso.
As opcións do Ameixenda de meterse no partido e intentar polo nenos o empate pasaban por entrar ben no segundo tempo e aproveitar o vento a favor para darlle ritmo o partido xa que algúns xogadores do Camelle daban mostras de cansancio. Pero iso non sirve de nada si solo con dous minutos xogados, Dido remata só un centro dende a banda. Co 3-0 o partido estaba mais que resolto e tan só quedaba por ver si o Ameixenda era quen de acortar a diferencia ou pola contra o Camelle a aumentaba. E só Carlos, no treito final, facia o definitivo.
Castrelo - Nantón (2-1)
- Castrelo: David Carreira, Miguel, Luís, Estebo, Quintelo, Dani Picallo, Maikol, Chans, Víctor (Estiven), Adrián Pasantes, e Estiven. Tamén Esteban, Roi, Gustavo, César e Domingo.
- Nantón: Guille, Pasarela, Amado, Costa, Fran; Martín, David, Rúper (Pablo Fuentes) (Pastor); Josiño, Cristian, Redondo. Tamén: Pablo Fuentes, Pastor e Cachopo.
- Goles: 1-0, m.19: David Carreira; 1-1, m.60: Pablo Fuentes; 2-1, 67: Estiven.
Partido igualado, marcado polo vento, como o demostrou o primeiro gol, que marcou o porteiro vimiancés David Carreira de porta a porta. Custoulle reaccionar ao cadro de Fachal, pero pouco a pouco foron collendo folgos, e conectaron boas xogadas, facendo Amado un gol que foi anulado por falta ao porteiro, e unha xogada que remata Cristian que salva o propio David.
No segundo tempo, Pablo Fuentes aproveita un erro defensivo para empatar de fermosa vaselina. O Nantón vense arriba aí, pero era o Castrelo o quese volvía colocar por diante por medio de Estiven, que non desaproveita un rexeite de Guille a unha falta de Adrián.
O Nantón intentou pero o Castrelo soubo aguantar o resultado. Os dous equipos mandan saúdos a Esteban Lema que sufríu unha rotura do taqbique nasal.

Así entrada o gol de porta a porta de David
Camariñas - Outes (2-0)
- Camariñas: Pablo, Souley, Mañe, Rodrigo, Carlos, Michael, Jesús, Javi Antelo, Pablo, Nicolás, Roi e Martín.
- Outes: Alex, Álvaro (Saúl), Pablo, Simón, Caamaño, Iván, Martín, Babu, Veleiro (Paulo), Eloy e Santi.
- Goles: 1-0, m.26: Martín de vaselina; 2-0, m.36: Javi.
Choque disputado no desterro do Cabo dArea de Laxe, choque partido de poder a poder onde o Outes deixaba o mando ao cadro camariñán, que comezaba facendo dano pola banda de Soule. Martín abría o marcador cunha fermosa vaselina e sen tempo a reaccionar, Javi aproveita unha indecisión da defensa para facer o 2-0 antes do descanso.
O Outes perdíase no medio campo camariñán, pero seguíao intentando, e mesmo pediu unha expulsión á hora de xogo que puido cambiar o curso do partido. Aínda así a vitoria foi xusta para este cadro de Abel que segue metendo medo.
Montelouro - Porteño (0-0)
- Montelouro: Marcos, Pablo, Abel, Juan, Borja, Manolo, Dani, Iker, Riki , Miguel, Rapante. Tamén: Chaki, Yerai, Minos, David, Raú.
- Porteño: Josiño, Pejo, Caamaño, Manu, Anxo, Mario, Porto, Ángel, Vicente, Isma, Edgar. Tamén: Brais Nión, Cachirulo, Brais Campaña, Rodri e Manoliño.
Foi un partido xogado cara a cara, moi pelexado e igualado, con máximo respecto. Os visitantes comezaron máis enchufado, e os saques de banda de Manu facían dano á defensa local. Á contra tamén facían dano os de Juan Porrúa, pero Íker e Rapante non conseguían abrir o marcador.
A segunda foi absolutamente igualada, con algunha ocasión para ambos, pero cun empate xusto.
Seaia - Laxe (0-1)
- Seaia: Recarey, Dimaga, Vistas, Iván, Parga, Sergio (Jorge, m.50), Míchel, Toni, Joel (Loureiro, m.25), Martínez, Pablo (Quintáns, m.55).
- Laxe: Jacobo, Naya, Santi, Borja, Elías, Andrés, Gora, Carra, Vieito, Zurich, Jorge. Tamén: Dani, Felipe e Elías.
- Goles: 0-1, m.10: Zurich.
Comezou o partido o Laxe moito mellor, tendo boas ocasións para ter sentenciado antes do descanso polos erros en defensa dos malpicáns. O cadro laxeiro esperaba atrás, roubaba e facía moito dano, e Zurich puña aos de Antelo por diante. Tivo o Seaia o empate nas botas de Pablo pero non rematou ben.
Na segunda, o Laxe quedaba con 9 homes e o equipo de meteu ao cadro laxeiro no seu campo, pero aguantaron as embestidas con firmeza. O cadro local tivo o empate no treito final nos pés de Toni, a pase de Dimaga, e en varios córners seguidos.
TODAS AS TÁBOAS DE RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM