Xoves. 10.10.2024
El tiempo

3ª Galicia: Un par de goleadas inesperadas

Zas-Malpica en San Andres-Foto-Noe Tourinan
Zas-Malpica en San Andres-Foto-Noe Tourinan
3ª Galicia: Un par de goleadas inesperadas

Dicíamos a semana pasada que pode haber 8-9 equipos aspirantes ao ascenso. mantense a mesma sensación máis alá de varias goleadas sorprendentes, como a que lle endosaba o Corcubión a todo un Soneira, ou a que este renovado Malpica lle lanzaba a un Zas do que se espera máis.

O Xallas deixouse o primeiro punto da temporada ante o filial do Sofán (un dos equipos, xunto co Cerqueda que non coñece a derrota), pero mantense no liderato.

Laxe - Buño (2-1)

  • Laxe: Jacobo, Jose, Aarón, Guzmán, Eloy Liñares, Samuel, Pedro, Adrián Lema, Bieito, Saleta, Santi Casás. Tamén: Manuel, Íker, Roi e Sergio.
  • Buño SCD: Paco, Elías López, (Miguel Mallo, m.75), Javi, Alán, Fran, Miguel Dourado (Sergio, m.75), Breo, Brais, Andrés, Isaac (Kevin, m.46).
  • Goles: 0-1, m.60: Brais; 1-1, m.65: Alán en propia porta; 1-2, m.70: Santi Casás.

Comezou o partido co Buño levando a voz cantante e o peso do mesmo, pero sen crear demasiado perigo sobre a portería local. Iríase animando o conxunto visitante e as chegadas á área comezaban a darse, e na ocasión máis clara dos oleiros aparecería Jacobo para facer unha gran intervención ante José nunha acción na que se cantaba o gol.
Pola súa banda, o Laxe tamén tería a súa pero o longueiro evitaría o gol, na que sería a única ocasión dos locais.

Na segunda, o Laxe deu un paso á fronte e faríase co control dun partido que se volviu bronco e no que houbo infinidade de interrupcións. A pesar do dominio local, sería o Buño quen se adiantaría no marcador cun gol de Brais. Pouco duraría a alegría para os visitantes, xa que nunha xogada desafortunada, Alán introduciría o balón na súa propia portería, en presenza de Adrián Lema. E tan só cinco minutos despois, Santi Casás finalizaría unha boa acción colectiva para poñer o definitivo 2-1.
No treito final, o Buño lanzaríase a polo empate pero practicamente non crearía ningún perigo sobre a portería rival, polo que os tres puntos se quedarían no Rogelio Martínez.

Nantón - Lira (0-3)

  • Nantón: Guillermo, Javi Muíño, Miguel, Fariña, Carlos Vidal, Roi Fachal, Alberto Fuentes, Tato, Iván Moreira, Márquez e Redondo. Tamén: Fernando, Santi Moreira, Adrián Abelenda, Dani Andrade e Kevin.
  • Lira: Raúl, Isaac, César, Cartamil, Roberto Amoedo, Gael, Juan, Rubén, Miguel, Oli e Isma Senande. Tamén: Alexis Cambeiro, Marcos, Christian, Ángel Sestayo e Alexis Lago.
  • Goles: 0-1, m.26: Rubén; 0-2, m.44: Roberto Amoedo; 0-3, m.76: Ángel Sestatyo.

Partido moi pelexado que comeza co Nantón chegando en varias ocasións, sobre todo unha de Redondo que co meta batido manda ao pau. Á xogada seguinte o Lira adiántase no marcado, e antes do descanso, un erro do meta local permite a Amoedo facer o segundo.

Volve ter Redondo un man a man para empurrar pero neste comezo de liga os dianteiros de Jorge Calvete non están finos. Iván e Dani teñen máis ocasións pero é o Lira o que sentenza.

Cerqueda - Oza (1-1)

11 do Cerqueda
11 do Cerqueda
  • Cerqueda: Mario, Dani Reixía, Samuel, Gus, Andrés, Íker, Cristian Méndez, Eloy, Suso, Palermo e Julián. Tamén: Alex Pazos, Christian Velo, Hugo Fraga, Rubén e Diego.
  • Oza: Miguel, Diego, Alberto, Lavandeira, Casais (Iago Rodríguez), Alex Freire, Hugo Fraga, Nacho Pose (Abib), Nico, Edu (Pace) e Iván (Vilariño).
  • Goles: 1-0, m.77: Suso; 1-1, m.94: Nico.

Partido disputadísimo entre dous rivais que xa se coñecían do ano pasado. Foi un choque duro, pero limpo ata o treito final, que se embarullou e nos últimos 5 minutos houbo ata 3 expulsións, dous por bando do Oza, o meta Miguel e Vilariño, e íker por bando local.

Ata aí o choque foi lento, con moito xogo no medio campo e poucas chegadas. Na segunda os de Emilio Uzal estiráronse un pouco máis tendo varias ocasións como un man a man de Suso, un balón ao poste, ou o tanto de Suso a 15 do final tras unha gran gran asistencia de Palermo.

Aí se descontrolou o partido, coa primeira tangana, que provocaba a expulsión do meta visitante, e pouco despois a doble expulsión. O Oza aproveitou o desconcerto para meter balóns arriba, e cun home menos, conseguía empatar por medio de Nico, metendo o primeiro gol que encaixa o cadro de Uzal. Aínda Mario tivo que parar un man a man e xa no m.100 tivo Suso outra na área contraria para marcar.

Zas - Malpica (1-5)

11 do Sporting Zas ante Malpica-Foto-Noe Tourinan
11 do Sporting Zas-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Anxo, Darío, Peke, Andrés, Adrián, Javi Suárez, Brais (Hugo, m.80), Lucas, Iván (Rony, m.65) e Álvaro.
11 do Malpica en San Andres-Foto-Noe tourinan
11 do Malpica en San Andrés-Foto-Noe Touriñán
  • Malpica: Nacho, Pablo (Fenosa), Jorge Parga, Paco,, Villar; Aday, Cristian, Eloy (Gabi, m.46), Lou (Raúl), Ibra, Alberto Hombre (Fran, min.35).
  • Goles: 0-1, m.14: Ibra; 0-2, m.19: o meta Pereiras en propia tras un disparo de Ibra que bate no longueiro; 1-2, m.24: Javi Suárez; 1-3, m.62: Aday; 1-4, m.77: Ibra; 1-5, m.82: Ibra.
Zas-Malpica en San Andres-Foto-Noe Tourinan Lucas
Lucas mandou unha falta á crucetaFoto-Noe Touriñán

Inesperada, e demasiado abultada goleada deste renovadísimo Malpica en San Andrés entre dous dos aspirantes a estar moi arriba. O Malpica saía con forza e nun despexe longo o balón envelénase, pega no logueiro e Ibra, o máis listo da clase (leva 11 goles en 5 partidos…) abre o marcador. Non pasaron nin 4 minutos cando un chutazo de Ibra, pegaba de novo no longueiro, rebotaba en Pereiras e se colaba (o colexiado anotoullo ao porteiro en propia).
Con esta renda o equipo de Ordóñez reaccionaba e se metía pouco a pouco no partido. Javi Suárez recurtaba cun tiro raso ao que nada podía facer o debutante Nacho. Aí o Zas tivo algunha ocasión ata o descanso para empatar, como unha fermosa falta que Lucas manda á cruceta, pero non tiveron sorte.

Saía mellor na segunda o equipo de Ordóñez, e cando máis preto parecía estar o empate, apareceu Aday, o líder do medio campo, que cun tiro moi ben colocado introduciría o balón na rede do equipo rival. Co Zas envorcado, o Malpica sentenciou á contra, con dous novos tantos de Ibra, que acabou lesionado.

Zas-Malpica en San Andres-Foto-Noe Tourinan 3
Foto-Noe Touriñán

Xallas - Sofán B (1-1)

  • Xallas: Iván Couto, Ramón, García, Michu, Peke; Asier; Doro, Rodri, Manu Cuns, Nando e Rubén Sande. Tamén: Tamén: Fabián, Sergio Barbeira, Adrián Forján, Rubén Blanco e Adrián Couto.
  • Gol: 0-1 m.15: Nacho Eirís coa axuda dun defensa nunha xogada a balón parado; 1-1, m.76: Adrián Forján dende fóra da área tras un córner.

Sorprendeu o filial carballés na primeira metade a todo un líder, con alternancia con balóns en corto, con algo de dificultade pola presión xalleira, e en longo. Os xalleiros pediron un penalti ao principio sobre o “tiburón” Rubén Sande que o colexiado non pita. Pero o Sofán se adiantaba a balón parado (o primeiro tanto que encaixa o cadro de Doriño). E a partir de aí, meteron medo nos xalleiros, e ademais do tanto os de Barca tiveron un longueiro, un pau, un balón na área pequena… O Xallas só podía saír con balóns directos a Sande.

A expulsión de Salah nada máis saír do descanso, fixo que o Sofán tivese que meterse atrás. Co campo grande, o Xallas adiantaba liña movía e movía, provocando un desgaste físico brutal nos carballeses. Co paso dos minutos ían chegando as ocasións e co cansanzo foron abríndose algo. Pero era á saída dun córner cando Adrián Forján marcaba un golazo dende fóra da área. Nos últimos 15 minutos tivo varias ocasións o Xallas para decantar o partido, pero apareceu Pablo Pose para salvar un puntiño, sobre todo nun man a man con Nando.

Corcubión - Soneira (5-1)

  • Corcubión: Bruno, Tomás, Goche, Isaac, Antu, Gorka, Díaz, Víctor, Rama, César e Iago Lema. Tamén Alán, Samu, Martín e Javi.
  • Soneira: Martín, Alberto Mouzo, David, Adrián, Villaverde, Pereira, Brais Pereira, Álvaro Quintáns, Delasierra, Basti, Vía e Richi. Tamén: Dylan, Javi, Xabi e Nando.
  • Goles: 1-0, m.10: Iago Lema de cabeza; 2-0, m.20: Iago Lema nunha contra (cun xogador soneirán tendido no chan); 3-0, m.25: Iago Lema marca un golazo tras facer un sombreiro de espuela; 4-0, m.30: Iago Lema de penalti; 4-1, m.75: Xabi; 5-1, m.60. César Lojo.

Partido que quedou visto para sentencia en media hora, onde un Corcubion más intenso pasou por encima o Soneira na primeira media hora de xogo, con 4 goles do capi Iago Lema ante a impotencia da defensa soneirá.

Na segunda parte envorcáronse os de Vimianzo na procura do gol tendo nos primeros 20 min de xogo da segunda parte varias oportunidades claras pero unha vez polo acerto do porteiro local e outras por falta de tino nas finalizacións dos dianteiros, o balón só entrou nun bo tiro de Xabi. César faría o quinto nunha contra.

Seaia - Ameixenda (3-0)

Sporting Seaia con Anxo
11 do Sporting Seaia animando ao seu 18, Anxo
  • Seaia: Senén, Mario, Añón, Pablo Caamaño, Pablo García, Martín Costa, Alex Mato, Diego, Luisma, Sergio e Camilo. Tamén: Martín, Anxo, Jose, Sergio Bastón.

11 do Ameixenda

  • Ameixenda: Costa, Maldonado, Evaristo, Elhadji, Kampy, Rois (Álex, m.54), Pana (Xesús, m.65), Barreiro (Pikita, m.78), Torices, Dani (Santi, m.78) e David.
  • Goles: 1-0, m.21: Mario; 2-0, m.72: Sergio; 3-0, m75: Sergio.

Partido dominado polo Seaia pero se grandes oportunidades de gol, bastante aburrido. Os momentos de máis agobio para o Ameixenda foron entre os minutos 10 e 20, nos que o Seaia botou alo menos 10 saques de curruncho. E cando parecía que o Ameixenda por fin se libraba dese agobio, un centro dende a dereita foi rematado por Mario a gol. Gol emotivo, que lle dedicou ao seu irmán e xogador Xnxo que por mor dunha lesión de xeonllo ten que deixar o equipo.

O segundo tempo foi un pouco máis do mesmo ata os dous tantos de Sergio no treito final.

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios