Martes. 15.10.2024
El tiempo

3ª Galicia: Porteño e Corcubión afían as espadas antes do gran choque

Camelle-Castrelo
Imaxe do Camelle-Castrelo do sábado
3ª Galicia: Porteño e Corcubión afían as espadas antes do gran choque

O Oza visitaba o Cubaleiro no partido da xornada saíndo reforzado un Corcubión que mide forzas para a visita á Grixa. Os da Ponte afianzaron o seu liderato tras vencer en Laxe, pero unha vitoria do Corcubión, se aproveita o partido de menos suporía un empate no alto da táboa. Sempre co permiso do Xallas B, que segue vencendo e convencendo.

Con só 3 xornadas por diante, a loita tamén se centra na 5ª praza, que dá acceso á fase de ascenso. Mellor posicionado está o Pereiriña, ante uns Laxe, Seaia ou Camelle que van de máis a menos. Ollo co Ameixenda que vén cara arriba, como o Castrelo, moi lonxe, iso si, dos postos de arriba.

 

Corcubión - Oza (4-1)

  • Corcubión: Marcos, Fran, Pablo, Mario, Gorka, Rubén, Iago, Tano, Goche, Lu y César Lojo. Tamén: Martín, Tono, Nacho, Eva e Eli.
  • Oza: Gesto, Alex Vázquez, Alberto, Iago, Variño, Álex López, Pace, Pichel (Josiño, m.60), Brais (Lista, m.55), David LP (Gonzalo, m.68) e Nacho.
  • Goles: 1-0, m.5: Goche; 2-0, m.17: Luisete; 2-1, m.30: en propia meta; 3-1, m.34: César de cabeza nun córner; 4-1, m.50: Luisete marca un golazo pola escuadra; 4-2, m.70: Nacho.

Partido de idas e voltas con moitas interrupcións do xogo por faltas e cargas físicas. Empezou poñéndoselle de cara o partido moi cedo ós de Nito xa que Goche aproveitaría un rexeite na área para facer o primeiro. Seguía o Corcubión mellor colocado ante un Oza algo impreciso defensivamente, o que aproveitou Luisete para facer o segundo. Pero pouco despois, nun córner, Iago meteríase o balón na súa propia portería nun balón envenenado. Non pasaron 5 minutos nesta tola primeira metade, e César aparecía na súa cita co gol marcando de cabeza o terceiro para os locais noutro córner.

Nada máis comezar a segunda metade, Luisete metería o gol da tarde, con un tiro á escuadra desde a frontal, que practicamente deixaba sentenciado o choque. O Oza non desistiu e aínda marcaría por medio de Nacho.

 

Camelle - Castrelo (0-1)

  • Camelle: David, Martín (Chori, m.20) (Vimka, m.75), Lado, Pablo, Ucho, Rodri, David Camelle, Adrián Arteixo (Mariño, m.80), Riveiro Ruso (Carlos, m.75) e Adrián Pasante.
  • Castrelo: Agus, Adriánm, Esteban, Luís, Iván Chans, Dani Picallo, Féliz, Miguel, Sebas, Estebo, Samu. Tamén: Costa, Martín, Gus e Sergio.
  • Goles;: 0-1, m.20: Miguel; 0-2, m.89: Gus.

Mellora o Castrelo nas últimas semanas, e conseguíu vencer a un Camelle que segue sen sorte, e que saía ademais demasiado confiado, e pagouno. Miguel adiantaba aos viimianceses, que estaban moi ben colocados. O tanto noqueou aos locais que non souberon reaccionar. Os de Ordóñez están pagando todos os paróns de competicións e os malos resultados das últimas semanas.

Dani Picallo tivo varias ocasións para os de Antelo, que acusaron a lesión de Samu Trillo, pero que aguantaron ben acabaron sentenciando sobre o pitido final. Moi contentas están na directiva vimiancesa, as Paula, Luís, Gustavo e Estebo, con esta vitoria, a segunda de curso.

 

Laxe - Porteño (1-3)

  • Laxe: Jacobo, Torrado, Cristián, J.Angel, Sergio, Jacinto, Gora, Borja, Álvaro, Felipe, Bieito.
  • Porteño: José Domingo, Pejo, Caamaño, Yerai, Manoliño (Edgar, m.65), Ángel, Visente, Joseba (Dovao, m.85), Juan, Martín (Ángel, m.85), Marquiños (Brais, m,75).
  • Goles: 1-0, m.30: Sergio de centro chut; 1-1, m.35: Ángel marca un golazo soberano dende a frontal; 2-1, m.43: Marquiños no man a man; 1-3, m.65: Martín resolve con calma un balbordo dentro da área.

O Laxe comezaba contemporizando, ante un Porteño que chegaba algo máis pero sen facer sufrir a Jacobo. Pero nunha contra, marcou pronto cun centro chut que se envelenou co vento, Entraron as presas, pero marcou Ángel un merecido golazo dende a frontal á escuadra. E tamén marcou Marquiños antes do descanso.

Estaba igualado o partido e nos primeiros minutos da segunda puido ter caído para calquera dos dous lados. Pero o que chegaba era o 1-3, que xa rompeu o choque e deixou mal parado ao cadro de Cousillas.

 

Xallas B - Pereriña (3-1)

  • Xallas B: Alex Barbeira, García, Becerra, Jota, Rubén Sande, MIchu, Doriño, Geli, Nando, Steven, Sergio Barbeira. Tamén: Brais, Iván, Kevin, Isaac e Balsa.
  • Pereiriña: Isma Antelo, Grille, Graíño, Esteban, Fanián, Rubén, Rodri, Carlos Leis, Augus, Borja e Kevin. Tamén: Rubén Yaya, Soneira e Dani Costa.
  • Goles: 1-0, m.15: Rubén Sande remata un centro de Nando dende o borde da área; 2-0, m.30: Geli marcou un golazo de falta; 3-0, m.50: Sergio Barbeira de penalti cometido sobre García; 3-1, m.73: Rubén Senlle.

Moi boa entrada en Fontenla, gracias tamén á presencia de numerosos siareiros ceenses que se animaron á singular proposta do club, con esa viaxe en bus de fútbol e troula, para voltar xuntos ás 5:00h.

Comezaron a chegar por bandas pronto os de César, e logo se adiantaban cun sorprendente gol de Rubén Sande dende a frontal. Pouco despois Geli, un auténtico especialista que este ano non está tendo moita sorte, facía un golazo de falta dende moi lonxe.

Tivo outra para matar o partido o Xallas tras córner que falla Rubén Sande remata fóra sen porteiro.

Na segunda o gol tempraneiro do pichichi, ao que García lle cedía o penalti, deixaba o choque sentenciado.

 

Seaia - Ameixenda (4-6)

  • Seaia: Anxo, Anxo, Jorge Parga, Piña, Luís, Joel, Mario, Pablo, Martín Costa, Adrián Parga e Jose. Tamén: Manu Diego, Juni e Fabián.
  • Ameixenda: Rivers, Castrexe, Chapu, Sambade, Pablo, Bichinho, Chucho, Pikero (Alexis, m.58), Iván (Cristian, m.68), Galindo (Capote, m.64) e Saulo (Martín, m.72).
  • Goles: 0-1, m.20: Pikero de penalti; 0-2, m.24: Castrexe; 0-3, m.28: Saulo; 1-3, m.32: Jose; 1-4,m .38: Iván; 1-5, m.60: Alexis; 2-5, m.66: Juni de penalti; 2-6, m.78: Capote; 3-6, m.81: Juni; 4-6, m.87: Juni.

Terceira vitoria do curso para o Ameixenda, cun gran partido de Chucho e o debut de Capote cun golazo como notas máis destacadas, ante un Seaia en franco declive que sumaba a súa 5ª derrota consecutiva. Comezaban os ceenses apretando moito e combinando moi ben con soltura. Froito dese dominio chegaban 3 goles en apenas 10 minutos do ecuador da primeira metade, ante un cadro malpicán que non reaccionaba. Si que o facía o presi Josi que marcaba un bo tanto dende fóra da área, pero de seguido o Ameixenda batía de novo a Anxo.

Saía mellor na segunda o equipo local, xa co pichichi Juni no campo, pero o partido era un compendio de chegadas sen demasiada tensión, deixando iso si, un novo triplete para o pichichi da categoría, Juni, que suma 13 tantos empatado co xalleiro Sergio Barbeira.

 

As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Comentarios