Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Porteño, Corcubión e Xallas B seguen gañando ata con atrancos

Laxe e Xallas B no Rogelio Cabo Darea
Laxe e Xallas B no Rogelio Cabo Darea
3ª Galicia: Porteño, Corcubión e Xallas B seguen gañando ata con atrancos

E iso que Pereiriña, Camelle e Laxe lle puxeron as cousas complicadas aos tres de arriba, pero así e todo os Porteño, Corcubión e Xallas B conseguiron sacar adiante os seus partidos. Por detrás, Seaoa e Oza métense un paso por diante para entrar no grupo de ascenso, mentres os que precisamente caían cos de arriba perden algo de comba. En calquera caso, a igualdade é máxima, e salvo Ameixenda e Castrelo que parecen apagados, os outros 8 equipos loitarán polas prazas para a liguilla de ascenso.

 

Ameixenda - Oza (1-5)

Ameixenda

  • Ameixenda: Rivers; Kamacho, Chapu, Bichinho, Capelo (Iván 69'); Chucho, Elhadji (Alexis 67'), Pablo (Martín 74'), Sambade (Galindo 50'); Castrexe e Saulo.
  • Oza: Gesto, Alex Vázquez, Alberto, Vilariño, Josiño (Iago, m.60), Alex López, Puente (David Efe, m.80), Carlos (Gonzalo, m.75), Kevin, David LP e Suso.
  • Goles: 1-0, m.8: Castrexe marca un golazo cun afiado centro chut; 1-1, m.18: Kevin; 1-2, m.40: Kevin; 1-3, m.50: David LP; 1-4, m.83: Álex López; 1-5, m.88: Suso.

Nova mostra de irregularidade deste Ameixenda, que viña competindo ben pero que o sábado marchou rápido do partido. E is que comezou gañando cun golazo de Castrexe moi pronto. Pero en lugar de asentarse e controla, o equipo ceense veuse abaixo, permitindo que o Oza fose creando ocasións na meta de Rivers. Empataba pronto Kevin, o Ameixenda non reaccionaba, e o Oza seguía percutindo ata obter a merecida recompensa no m.40 nunha boa xogada que volve a culminar Kevin para adiantar aos carballeses.

Intentou saír enchufado o cadro de Javichu na segunda, pero o tanto de David LP aos 5 minutos foi un xerro de auga fría. Case se podía dicir que estaba o partido resolto porque á parte dalgunha ocasión aillada en xogadas individuais, o Ameixenda non daba a sensación de poder, cando menos empatar. E moito menos tras a expulsión de Saulo no m.67 por protestar, permitindo que o resultado fose máis abultado da diferencia que hai entre ambos equipos.

 

Corcubión - Camelle (3-2)

  • Corcubión: Peipo, Elihú, Joaquín, Pablo, Castillo, Fran, Mario, Gorka, Luis, Iago Lema e César Lojo. Tamén Tono, Eva, Trillo e Martín.
  • Camelle: Roi, Ruso (David Camelle, m.45), Snaky, Ucho (Lado, m.45), Martín, Rodri, Nico, Marcote (Mariño, m.75), Dido, Adrián Arteixo e David Camariñas (Chori, m.85).
  • Goles: 0-1, m.3: Rodri; 1-1, m.23: Iago Lema; 2-1, m.63: Luís; 3-1, m.88: Mario; 3-2, m.90: Adrián.

Partido de poder a poder, que comezaba cun bo gol de disparo lonxano de Rodri por enriba de Peipo para os de Ordóñez. Pero os locais souberon reaccionar e co gol visitante chegaron os mellores minutos dos dos de Nito ata que chegou o empate por medio de Iago Lema de cabeza a un bo centro de César.

Tralo descanso, os locais subiron liñas para ir pola vitoria mentres que o Camelle saía á contra con perigo e a piques estivo de meterse por diante. Pero tras un tiro lonxano dos locales, o rexeite do porteiro o empurraba Luís a placer. O Corcubión seguiu apretando buscando o terceiro que chegaría por medio de Mario cun disparo cruzado desde dentro da área. Xa co tempo cumplido o Camelle reduciría distancias, quedando coa sensación de facer un bo partido e competir contra o líder, pero volvendo sen premio.

 

Seaia - Castrelo (5-0)

  • Seaia: Isaac; Martín, Jorge Parga, Hugo, Anxo; Dimaga, Iván, Adrián Parga; Mario, Juni e Luís.
  • Castrelo: Agustín, Adrián Conde, Dani Domingo, Miguel, Sebas, Iván Chans, Esteban Lado, Estebo, Martin Rellan e Dani Picallo; e Ro (Gustavo)i.
  • Goles: 1-0, m.20: Adrián Parga; 2-0, m.22: Luís; 3-0, m.30: Fabián; 4-0, m.60: Iván; 5-0, m.85: Josi, o presi, marca un golazo de exterior.

Partido malo dun Castrelo no que Antelo chegaba cun só cambio. O Seaia, que perdeu a Juni por lesión, dominou o partido dende o comezo, dominaba pero sen demasiada profundidade ata que o capitán Adrián Parga abría o marcador. En apenas un par de xogadas Luís, a pase de Mario, facía o segundo, e pouco despois Fabían o terceiro.

Nada cambiou na segunda e o Seaia non fixo máis que ampliar a renda ante un Castrelo rendido.

 

At. Pereiriña - Porteño (0-2)

  • A. Pereiriña: Isma Antelo, Isma Graíño, Dani Costa, Gabián, Norha Nouzón, Alex Agulleiro, Esteban, Brais Lago, Rodri, Augus e Soneira. Tamén: Nil, Kevin, Grille e Carlos.
  • Porteño: José, Pejo, Ángel, Manoliño (Ibra, m.80), Cachi, Visente, Joseba, Marquiños (Edgar, m.70), Martín (Brais, m.65) e Alan.
  • Goles: 0-1, m.6: Alan; 0-2, m.62: Alan.

Un Pereiriña moi peleón, que xogou de ti a ti ante o Porteño. Pero a pesar de non ter o seu mellor partido, e abusar do xogo directo, estivo máis acertado cara gol, e dous tantos de Alan ao comezo de cada parte, sentenciaron o choque.

 

Laxe - Xallas B (2-3)

  • Laxe: Jaco, Elías, José Ángel, Danilo, Sergio, Joao, Borja, Álvaro, Mohedano, Felipe, Martín. Tamén: Eloy, Toja, Jorge, Bieito, Cedrón.
  • Xallas: Álex Barbeira, Becerra, Geli, Balsa, Michu, Jota, Brais, Iván, Nando, Doriño, e Sergio Barbeira. Tamén: Brais, Rabelo, Isaac, Rubén e Fidalgo.
  • Goles: 1-0, m.15: Mohedano; 1-1, m.41: Nando; 2-1, m.77: Martín; 2-2, m.86: Nando; 2-3, m.90: Sergio Barbeira.

Dous estilos enfrontados no Rogelio - Cabo da Area cun Laxe moi potente e un Xallas que a intenta sacar tocado o balón. Deste xeito, o balón o tivo o cadro de César, pero a meirande parte das ocasións eran para os de Kaly. Os primeiros 30 minutos foron de claro dominio do Laxe, que foi máis forte e facendo dano co seu punta Mohedano que abría o marcador. O Xallas a partir da media hora cambiou o estilo, intetando apretar con Doriño e Nando por banda, que empataría precisamente ao fío do descanso.

Na segunda metade, os primeiros minutos estaba trabado, sen dominador claro, pero o Xallas foi estirándose e era máis dominador. Pero o Laxe facía moito dano e de feito marrou un penalti que Alex Barbeira lle sacou a Martín. E noutra contra, a 15 do final, Martín si que facía o 2-1. Non decaeu o Xallas que seguiu intentando chegar e tivo a sorte de cara, pois Nando e Sergio Barbeira, no último suspiro, daban a volta ao marcador, facendo que se lle volvan escapar os puntos a este Laxe.

 

Todas as crónicas da 3ª Galcia

Comentarios