Luns. 14.10.2024
El tiempo

3ª Galicia: Porteño, Oza e Xallas B non frean

Porteno na Grixa
O Porteño segue firme na Grixa
3ª Galicia: Porteño, Oza e Xallas B non frean

7 vitorias seguidas leva o Oza, pero segue sen poder cazar a un Porteño que segue sumando de en 3. Os de Cousillas vencían o derbi ante o Camelle e suman 3 puntos máis que os carballeses, que vencían apuradamente ao Laxe nun partido tenso. Non fallou o Xallas B, pero pasou máis apuros do esperado ante un mellorado Castrelo. Ademais, o Pereiriña cólase na 5ª praza ao vencer ao Seaia, na que será a loita máis interesante das últimas 4 xornadas.

Foi adiado a última hora o Ameixenda-Corcubión, xa cos clubs preparando as maletas, por uns positivos no cadro corcubionés.

 

At. Pereiriña - Seaia (2-1)

  • Pereiriña: Isma Antelo, Tonecho, Maelo, Jaitolo, Fabián, Tebo, Chiru, Carlos Leis, Tito, Borja e Lucho. Tamén: Juan Ézara, Roy, Uri, Rubén Yayá e Alex Agulleiro.
  • Seaia: Anxo, Anxo, Jorge Parga, David, Luisiño, Diego, Joel, Fabián, Mario Pose, Adrián e Josiño. Tamén: Isaac e Pablo.
  • Goles: 1-0, m.12: Tito; 2-0, m.50: Jaitolo; 2-1, m.56: Josiño.

Triunfo traballado dun Pereiriña ao que lle queda aínda para alcanzar o preciso para “competir”. E iso que o choque estivo marcado pola expulsión aos 15 minutos do local Chiru. Nese momento xa marcara Tito o gol inicipal para os ceenses, e a partir de aí tocaba remar ben pechadiños atrás.

O Seaia intentaba desfacer a tea de araña local, tocando e tocando pero sen acerto no último pase. Nunha chegada illada á área local, tras unha chilena de Roi que sae desviada, aprovéitaa Jaitolo para facer o segundo. Demasiado castigo para un Seaia que si conseguía recurtar pero que non foi quen de acadar o empate.  

Oza - Laxe (2-1)

  • Oza: Gesto, Casais, Alberto, Vilariño, Iago, Pichel, Alex López, Pace (Carlos), David LP, Brais (Josiño) e Nacho.
  • Laxe; Jacobo, Cristián, Jorge, Danilo, Sergio, Elías, Borja, Borja Mourin, Felipe, Santi, Bieito.
  • Gol: 1-0, m.11: Pichel tras unha xogada entre Vilariño e David LP; 1-1, m.32: Bieito; 2-1, m.60: Casais tras un córner;
Oza-Laxe nas Eiroas
Oza-Laxe nas Eiroas

Partido tenso nas Eiroas tralo lío da primeira volta, con dous equipos con moitas gañas. A primeira metade estivo dominada polo Oza, ante un Laxe que estaba ben plantado. Adiantábanse os de Foti, pero o cadro de Cali veuse arriba e empataron por medio de Bieito.

Acusou o cansanzo pouco a pouco os laxeiros, cun Felipe que se saíu lesionado do partido. Chegou o segundo para o Oza nun córner que o Laxe deixa controlar e rematar a Casais dende o segundo pau (no vídeo). Non foi quen de responder o equipo visitante, xa fundido, e os carballeses sumaron a súa 7ª vitoria consecutiva.

 

Porteño - Camelle (3-1)

  • Porteño: José, Porto, Pejo, Ángel, Martín, Joseba, Cachi, Marquiños, Manoliño, Juan oVello, Martín. Tamén: Edgar, Domingo, Yeray e Ibrahima.
  • Camelle: David, Ruso (Martín, m.70), Snaky, Pablo, Dido (Chori, m.89), Marcote (Carlos, m.80), Adrián Arteixo (Mariño, m.85), Adrián, Riveiro, Felipe (Rodri, m.40) e David.
  • Goles: 0-1, m.22: Riveiro; 1-1, m.31: Marquiños remachou un córner peiteiado por Pejo; 2-1, m. 70: Manoliño de falta coa axuda da barreira; 3-1, m.85: Manoliño de penalti cometido sobre Joseba.

Típico choque de derbi, de moito contacto, cun Camelle de Ordóñez que saía moi forte nos primeiros 20 minutos e conseguía adiantarse cun tanto de Riveiro. Mentres lle duraron as forzas o Camelle mantivo o tipo, pero as lesións de Felipe, por exemplo, ían minando aos visitantes. O cadr de Cousillas, pasiño a pasiño, íase achehando á meta de David, conseguindo o empate antes do descanso.

Na segunda seguía o choque moi igualado, pero Manoliño, co seu “cañón” na perna esquerda, tivo sorte nunha falta, facendo o segundo.

Doeu moito ese gol, e os folgos ían caendo nos camelláns, que aínda así, intentaron o empate, ata que unha pena máxima acaba co choque. Nunha xogada desafortunada, nun choque co meta local, o camellán Dido bate co muro ca cabeza, necesitando ser trasladado ao hospital, con 5 puntos de sutura e un dedo roto.

 

Castrelo - Xallas B (2-3)

  • Castrelo: Adrián, Estebo, Samu, Félix, Sebas, Agustón, Gus, Esteban, Martín Regueira,Roi e Dani Picallo. Tamén: Costa, Canosa, Luís e Miguel.
  • Xallas B: Brais, Iván, Becerra, Jota, Michu, Steven, Geli, Doriño, García, Nando e Sergio Barbeira. Tamén: Alex Barbeira, Joel, Isaac, Dani Barbeira, e Fidalgo.
  • Goles: 1-0, m.15: Roi; 1-1, m.38: Steven; 1-2, m.48: Nando a pase de Barbeira; 1-3, m.65: Nando; 2-3, m.73: Samu Trillo de disparo lonxano.

Sufríu máis da conta o filial xalleiro ante o pechacancelas. Un Castrelo que vai recuperando efectivos e mellora cada semana. Comezaba meténdose por diante nunha contra, ante un Xallas moi dominador pero demasiado relaxado.Fíxolle reaccionar o golpe aos de César, que meteron unha marcha máis e chegar por banda. Nuns rexeites tras un córner empataba Steven.

Intentaron resolver os erros, e nada máis saír, a maior intensidade e calidade dos verdes facía que conseguisen dar a volta, gracias a dous bos goles de Nando. Non se renderon os vimianceses que aínda se meteron no partido no último cuarto de hora, se ben as últimas ocasións foron para Doriño, que se atopou cun gran Adrián.

 
WhatsApp Image 2022-02-06 at 20.01.54
O Castrelo segue mellorando

As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Comentarios