Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Xallas B e Oza apretan a parte alta

Porteno-Oza-Foto-Jose Campana
Imaxe do Porteño-Oza-Foto-Jose Campana
3ª Galicia: Xallas B e Oza apretan a parte alta

1º contra 4º e 2º contra 3º enfrontábanse nesta xornada 11 na 3ª Galicia da Costa, na que “só” o Camelle-Pereiriña tiña que ser adiado por COVID. Así e todo, a meirande parte das aliñacións dan conta dos problemas que está a ter a xente para xuntar convocatorias, o que supón ademais que xogadores sen ritmo algún de competición, con poucos adestramentos enriba tralas vacacións de nadal, se estean pegando uns serios “tutes”.

No deportivo, o Xallas B e o Oza vencían aos que viñan por diante, Corcubión e Porteño, poñendo o alto da táboa tremendamente bonita. 3 puntos hai só de diferencia entre ambos, aínda co cadro da Ponte como líderes.
Na loita pola 5ª praza, o Laxe adiantou ao Seaia, co permiso dos dous equipos que non xogaron.

 

Castrelo - Ameixenda (0-1)

  • Castrelo: Adri Conde, Esteban, Luís Roget, Iván Chans, Dani Picallo, Martín Regueira, Félix, Sebas, Agustín, Roi e Sergio. Tamén: Canosa, Miguel; Gus.
  • Ameixenda: Rivers, Bichinho, Chapu, Capelo (Alexis, m.80), Kamacho, Pablo, Sambade, Chucho, Martín (Iván, m.30), Galindo (Bicho, m.75) e Saulo (Chacho, m.81)
  • Gol: 0-1, m.2: gol en propia meta.

11 do Ameixenda en Vimianzo
11 do Ameixenda. Foto: Ameixenda

Segunda vitoria do Ameixenda (despois da acadada co Corcubión) nun choque que se lle puxo moi de cara, xa que cando só ían dous minutos de xogo, nun despexe en longo de Chapu, un defensa do Castrelo non atina nin a rexeitar nin a controlar e o balón sae rebotado cara atrás, botando diante do porteiro e entrando na portería.

A partir de aí o partido foi unha sucesión de minipartidos nos que por momentos parecía que estaba cerca o empate e pouco despois o 0-2. A piques de chegar ao descanso reclamou o Ameixenda un posible penalti a Kamacho e nos últimos minutos do partido foron os de Antelo os que pediron penalti por dúas veces. Con todo, o resultado máis xusto sería un empate, pola igualdade no xogo e polo número de ocasións duns e outros.

 

Laxe - Seaia (3-2)

  • Laxe: Eloy, Torrado, J. Ángel, Cristián, Sergio, Álvaro, Jacinto, Bieito, Galeano, Borja Mourin, Martin Carra. Tamén: Jacobo e Óscar Toja.
  • Seaia: Anxo, Adrián Parga, Manu Garrido, Anxo, Martón Costa, Juni, Luis, Toni, Iván e Mario. Tamén: David, Piña, Diego, Joel e Jose.
  • Goles: 1-0, m.2: Martín Carra; 2-0, m.43: Martín Carra; 3-0, m.51: Bieito de gol olímpico; 3-1, m.65: David de penalti; 3-2, m.90: Mario.

Laxe-Seaia

Comezou o Laxe co cadro de Kali dominando e adiantándose pronto por medio de Martín Carrabete. Tivo varias chegadas na primeira metade o cadro local, pero non foi ata preto do descanso cando o Carra facía o segundo.
Mesmo guión ao comezo da segunda, con gol de córner directo de Bieito que parecía sentenciar o choque. Pero un penalti cometido a Juni metía aos de Chols e Morata no partido. Tivo a sentenza Óscar Toja pero marrou unha pena máxima, e Bieito cun man a man con Anxo. Pero a expulsión de J. Ángel aínda daba máis ás aos visitantes, que se volcaron, conseguiron empatar contra os 90 regulamentarios, sen tempo para empatar.

 

Porteño - Oza (1-2)

  • Porteño: José Manuel, Pejo, Manu, Marcos, Alan, Porto, Joseba, Javi, Ángel, Juan oVello. Tamén: Edgar, Visente e Brais.
  • Oza: Gesto, Vilariño, Iago, Alex Vazquez, Lista, Álex López, Pace, Puente, David Lp, Gonzalo Casais, m.71) e Nacho.
  • Goles: 0-1, m.22: Nacho; 1-1, m.47: Pejo; 0-2, m.83: David LP.

Dous equipos con moitas baixas para desputar este intenso partido na parte alta da táboa, protagonizaron un partido moi disputado que gañou o máis intenso, ante unha arbitraxe fantástica. Adiantábase os visitantes, pero nada máis volver dos vestiarios empataba Pejo para os locais, onte adestrados por Javi Baña pola falta de Cousillas. Aí tivo o cadro da Ponte varias para meterse por diante, sobre todo despois da expulsión de Puente, que deixaba aos de Fofi con 10 cun mundo por diante. Pero aparecía Gesto unha e outra vez, facendo ata algún paradón para o recordo.

Contra o final, David LP acertaba e permitía que o cadro carballés aprete a parte alta.

 

Xallas B - Corcubión (4-1)

  • Xallas B: Brais, Iván, Becerra, Nando, Doriño, Steven, Jota, Geli, Michu, Fidalgo, Sergio Barbeira. Tamén: Alex Barbeira, Amarelle, Marcos, Isaac e Dani Barbeira.
  • Corcubión: Marcos, Rubén, Pablo, Eli, Goche, Fran, Mario, Tori, Lu, Martín e Iago Lema. Tamén Trillo e Tano.
  • Goles: 1-0, m.6: Fidalgo; 2-0, m.43: Sergio Barbeira; 3-0, m.60: Sergio Barbeira; 4-0, m.88: Isaac; 4-1, m.90: Mario.

Dominio xalleiro en Fontenla ante un Corcubión de Nito que segue sufrindo moito a pandemia. Os de César, fieis ao seu estilo, levaron o peso do xogo buscando profundidade por banda, e creando ocasións dende o comezo. Acertou Fidalgo pronto nunha xogada que os visitantes pediron falta en ataque, e na primeira houbo varias ocasións, pero non foi ata o m.43 cando Sergio Barbeira, que está a un nivel altísimo, creando e marcando (xa leva 12 tantos) anotaba o primeiro da súa conta, aproveitando o erro defensivo dun central corcubionés ao que lle cegaron os focos.

A segunda metade foi de trámite, cun Xallas moi superior.

 

Resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.

Comentarios