Domingo. 06.10.2024
El tiempo

3ª Galicia: Xallas e Malpica desmárcanse

Sporting ZAs-Soneira-Foto-Noe Tourinan 1
Imaxe do Sporting Zas-Soneira-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: Xallas e Malpica desmárcanse

Volveron vencer Xallas e Malpica, ante rivais dos que se espera que estean na zona alta como Cerqueda e Buño, e se descatan no alto da táboa, xa con 6 e 5 puntos sobre os seguintes, que son Sofán B e Soneira. O cadro vimiancés gañou un dos partidos da xornada, deixando nunha moi mala situación ao Zas. O Oza e o Corcubión suman e ascenden posicións.

Buño - Malpica (1-2)

  • Buño: Paco, Elías López, Alán, José, Fran, Breo, Eloy Santos, Miguel Dourado, Andrés, Sergio, e Brais. Tamén: Martín, Javi, Kevin, Elías Suárez, e Isaac.
  • Malpica: Nacho, Pablo (Periscal, m.46), Villar (Canario, m.84), Paco, Jorge Parga, Aday, Fran, Cristian, Lou (Fer, m.90), Gaby (Eloy, m.46) e Ibra.
  • Goles: 0-1, m.10: Cristian Fdez.; 1-1, m.77: Breo; 1-2, m.85: Ibra.

Derbi moi disputado en Xaviña, cos dous porteiros como grandes protagonistas por ser un choque con moitas ocasións. Comezou tendo máis dominio o Buño pero na primeira chegada dos visitantes, Cristian Fernández tras unha fermosa xogada individual adiantaría aos seus, aproveitando a pasividade defensiva dos oleiros. A partir de aí, o Malpica mostraríase máis enteiro, pero ao longo da primeira metade puideron chegar goles nas dúas áreas, todas desbaratadas por un Nacho espectacular na meta malpicá (salvou a máis clara nun man a man con Andrés) e un gran Paco na oleira.

Tralo descanso, o Buño daría un paso á fronte, aínda que a primeira chegada de perigo sería para un Malpica que non acertaría. A falta de trece minutos para que se cumprise o tempo regulamentario, Breo poñería o empate logo dunha acción individual levando varios rivais e marcando de tiro seco.

Volveuse tolo o partido, con chegadas nas dúas áreas, pero aparecía o de sempre, Ibra, que cun salto estratosférico cabecearía un centro lateral para poñer o definitivo 1-2 e darlle os tres puntos ao Malpica. Leva 14 dos 22 goles do Malpica o dianteiro.

11 do malpica campion
O Malpica celebrando unha nova vitoria
 

Zas - Soneira (1-4)

11 do Sporting Zas ante o Soneira-Foto-Noe Tourinan
11 do Sporting Zas ante o Soneira-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Anxo, Darío, Manu, Eloy (Iván, m.85), Adrián, Peke, Andrés, Álvaro (Lucas, m.55), Juan (Rony, m.70) e Javi Suárez.
11 do Soneira SDen Zas-Foto-Noe Tourinan
11 do Soneira SDen Zas-Foto-Noe Touriñán
  • Soneira: Martín, Javi, Adrián Pereira, Adrián Sendón, De la Sierra, Brais, Dani Costa, Alberto Mouzo, Riki, Vía e Basti. Tamén: Sebas, nando, Álvaro, Xabi e David.
  • Goles: 1-0, m.3: Juan; 1-1, m.9: De la Sierra; 1-2, m.10: Vía; 1-3, m.30: De la Sierra; 1-4, m.38: Brais.
Sporting ZAs-Soneira-Foto-Noe Tourinan
Foto-Noe Touriñán

Primeira metade para esquecer dun Zas que non acaba de atoparse a pesar do potencial por nomes que conta o plantel. E iso que se metía por diante moi pronto, pero a reacción do Soneira foi tremenda, e en 2 minutos lle daba a volta ao marcador. Colleu o mando do partido o equipo de Josiño Abelenda, pero os de Ordóñez tiveron varias para empatar. Foi De la Sierra o que facía o 1-3 á media hora, e pouco despois Brais completaría a remontada visitante logo de facer un bo desmarque por a banda esquerda, aproveitando un esvarón dun defensa local.

A segunda, co Soneira xa co pistón baixado, foi máis igualada.

 

Corcubión - Ameixenda (11-1)

11 do Corcubion ante o Ameixenda

  • Corcubión: Bruno, Nando, Javi, Jose, Rama, Alex, Antón, Adrián, Martín, César Lojo e Mario. Tamén: Tomás, Íker, Samu Trillo, Gorka.

11 do Ameixenda en Corcubion

  • Ameixenda: Pikita, Maldonado, Panadeiro, Elhadji, Evaristo, Kampy (Álex, m.50), Louzán (Santi, m.70), Torices, Barreiro, Óscar (Raúl, m.60) e Dani (Rois, m.60).
  • Goles: Rama (3), Mario (2), César Lojo (3), Antón, Jose, Adrián para o Corcubiómn. Evaristo para o Ameixenda.

Capis do Ameixenda e Corcubion

Partido con pouca historia. Outra vez un gol xa no primeiro minuto e moitas facilidades para os dianteiros do Corcubión. Así, aos 22 minutos o marcador xa era 4-0. Se lle engadimos o cartón vermello a Elhadji no m. 28, o normal foi o que pasou. E aínda menos mal xa que o Corcubión fallou dous penaltis. O único positivo para o cadro ceense, o gol de Evaristo, xa co 11-0 no marcador, para polo menos deixar de estar con cero goles a favor.

 

Nantón - Oza (0-2)

  • Nantón: Guille, Javi, Adrián Abelenda, Fernando, David Fariña, Carlos Vida, Javi Martínez, Alberto Fuentes, Tato, Redondo e Santi Moreira. Tamén: Jose Vidal, Iván Moreira, Roi Fachal e Xoel.
  • Oza: Brais, Alberto (Fraga), Casais (Iago Rod.), Diego, Alex Moreno, Lavandeira, Vilariño (Edu), Nacho, Nico e Abib (Aron).
  • Goles: 0-1, m.27: Abib tras unha xogada con Nacho; 0-2, m.32: Nacho a pase de Vilariño.

Partido bonito o xogado nas Fontiñas, cun Oza xogando un fútbol vistoso combinando ben e chegando por banda. Tivo Redondo unha boa ocasión para os de Jorge Calvete pero manda fóra. Á media hora marcaron dous tantos seguidos os de Míchel, Richar e Sebas. Puido recurtar javi antes do descanso pero tras regatear ao porteiro fáiselle de noite.

Mellorou o Nantón na segunda, comezando xa con dúas boas ocasións, unha sae fóra e a outra páraa Brais. O Oza aguantaba sen demasiado apuro, pero o Nantón seguíao intentando, cun par de arreóns de Tato que non se convertiron en gol.  

Seaia - Sofán B (1-1)

  • Seaia: Senén, Mario, Palo, Martín Costa, Alex Mato, Diego, Juni, Alex Mato, Luismi, Camilo, Charro. Tamén: Anxo, Añón, Mara, Palo Caamaño e Suárez.
  • Sofán B: Pablo Pose, Raúl, Cancela, Eloy Cabeza, Adrián, Lucas, Nacho Eirís, Alex Iglesias, Salah, Borja e Brais Calvo. Tamén: Marcial, Dani Calvete, Villajos, Manu Castro e Pablo Sabucedo.
  • Goles: 0-1, m.25: Raúl nunha falta lateral; 1-1, m.75 Mara.

Partido igualado xogado por fases, cun Seaia que saía moi ben tendo unha ocasión clara de Charro. Pero era o filial carballés o que ía impoñendo o seu ritmo, e o que se adiantada nunha falta lateral. Veuse abaixo o cadro local, e o Sofán dominou algo máis pero sen ocasiñons claras.

Na segunda metade levaron a iniciativa os carballeses, pero os locais comezaron a subir liñas, subir a intensidade e a crear problemas, tendo máis e máis profundidade, e obrigando a Pablo Pose a facer boas intervencións. Chegou, iso si, o xusto empate tras unha boa combinaciom entre Juni e Mara que define moi ben no man a man co porteiro.
De aí ofinal, foi un toma e daca, con ocasións para os dous equipos, como un man a man de Villajos e outro de Mara.

 

Xallas - Cerqueda (3-1)

  • Xallas: Iván Couto, Ramon, Asiar, Peke, Chaski; Doro, García (Steven), Rodri (Couto), Manu Cuns (Iván García), Adrián Forján (Nando), Sergio Barbeira (Rubén Blanco).
  • Cerqueda: Mario, Adrián Verdes, Dani Reixía, Samuel, Gus, Andrés, Dani Varela, Íker, Martín Añón, Jesús e Julián. Tamén: Alex Pazos, Christian Velo, Joerl, Rubén e Dani Coello.
  • Goles: 0-1, m.30: Dani Reixía de penalti cometido sobre Juan; 1-1, m.35: Sergio Barbeira; 2-1, m.48: Sergio Barbeira; 3-1, m.65: Doro de córner directo coa axuda de Adrián Couto.

Partido moi digno do Cerqueda contra un rival doutra categoría con xogadores diferenciais. A primeira metade foi moi igualada, cun Cerqueda que impedía circular, e era quen de chegar á area rival. Eran mellores os cerquedáns, que mesmo conseguian adiantarse á media hora. Era a primeira vez que o Xallas se vía por debaixo do marcador, pero os de Doriño e Churián non se virían abaixo, senón que ían aproveitando a baixada do Cerqueda para irse aproveitando das dimensións do campo. Marcou Sergio Barbeira o empate, e tivo outra que mandou ao longueiro.

Nada máis saír na segunda marcaba o segundo o cadro local, nunha xogada na que os visitantes quedaron protestando que saíra por banda. No ecuador da segunda metade, un Xallas moi solidario, o máis competitivo do que vai de ano, facía o terceiro, e soubo aguantar os rescoldos do cadro de Emilio Uzal que intentaron recurtar, con dúas boas ocasións do xuvenil Joel, que debutaba co primeiro equipo.

 

Pereiriña - Lira (3-2)

  • Pereiriña: Xacobe, Cristina, Fabián, Esteban, Adrián Ozón, Diego Oca, Tito, Estebo, Dacvid Marco, Maelo e Martín. Tamén: Isma Antelo, Jose, Eloy, Juan Ézara e Charli.
  • Lira: Raúl, Isaac, Roberto Amoedo, Cartamil, Gael, Ángel Vigo, Ángel Sestayo, Marcos, Christian, Pablo Leis e Juan Formoso. Tamén: Rui, Aron, Ramón, Alexis Lago e Santi Senande.
  • Goles: 0-1, m.10: Marcos; 1-1, m.21: Tito; 1-2, m.23: Pablo Leis; 2-2, m.41: Martín; 3-2, m.44: Martín.

Ata en dúas ocasións se adiantou o Lira na primeira metade, pero o cadro ceense foi quen de remontar antes do descanso con dous goles de Martín. Na segunda foi un querer e non poder.

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios