3ª Galicia: Este Malpica vai en serio
Nova vitoria, mesmo sen ser o seu mellor partido, deste Malpica por agora só perdeu co Corcubión. Fica a un punto o cadro de Miguel Ángel Rod. do Xallas de Doriño, un dos invictos, que tamén gaña cando non brilla, xunto co filial do Sofán, que endosou a primeira derrota ao Cerqueda. O Soneira segue escalando posicións, pero é que a clasificación está moi igualada e poden meterse arriba moitos equipos.
Ameixenda - Nantón (0-4)
- Ameixenda: Costa, Maldonado (Pikita, m.80), Evaristo, Elhadji (Fabián Louzán, m.57), Kampy, Juan Lagoa (Santi, m.80), Barreiro (Álex, m.80), Dani (Rois, m.57), e David.
- Nantón: Guille, Miky, Adrián Abelenda, Fernando, Fariña, Carlos Vidal, Iván Moreira, Tato, Redondo, Santi Moreira e Alberto Fuentes. Tamén: Javi, Roi Fachal, Márquez, Dani Andrade e Sevi.
- Goles: 0-1, m.6: Santi Moreira; 0-2, m.23: Santi Moreira; 0-3, m.32: Tato; 0-4,m .57: Iván Moreira.
Seguen condenando os fallos defensivos ao Ameixenda, que se enfrontou a un Nantón necesitado de puntos. Aínda os xogadores estaban situándose no campo cando o Ameixenda xa concedíu un dos típicos regalos que poñen os partidos moi complicados. Un fallo no despexe permítelle a Santi Moreira marcar o 0-1,. De todas formas o partido pudo cambiar por dúas circunstancias: a primeira a expulsión de Miky no m.12 que deixou ao Nantón en inferioridade. Pero o Ameixenda en ningún momento foi capaz de aproveitar este feito. E a segunda foi unha xogada no m.21 na que Óscar marchaba só cara a portería do Nantón e foi derrubado, pero o colexiado sácalle cartón amarelo Adrián Abelenda ante as protestas dos ceenses que pedían vermella. Do posible empate e o Nantón con 9 xogadores pasamos ao 0-2, xa que tan só dous minutos despois, de novo Santi Moreira marcaba á saída dun corner.
Xa o Ameixenda non xestionaba ben o partido, con moitas imprecisións e nervios en defensa que propiciaron o 0-3 por parte de Tato nun barullo na área.
No segundo tempo o Nantón foise un pouco atrás e o Ameixenda trataba de meterse no partido, pero nunha contra no m.54 Iván Moreira facía o 0-4 definitivo. A lesión de Dani Andrade deixaba aos de JOrge Calvete con 9 sobre o céspede durante case medira hora, pero aguantaron tendo mesmo algúnha contra como unha de Sevi.
Buño - Xallas (0-1)
- Buño: Paco, Martín, Javi (Juan, m.63)(Isaac, m.68), Alán, José, Fran, Kevin, Breo, Miguel Mallo (Eloy, m.16), Andrés (Sergio, m.68) e Brais.
- Xallas: Iván Couto, García, Asier, Michu, Peke; Doro, Stiven; Rubén Sande, Forján (Chaski), Nando e Sergio Barbeira (Adrián Couto).
- Gol: 0-1, m.1: Sergio Barbeira.
Moi cedo chegaría o primeiro e único gol do encontro, xa que nada máis sacar de centro, os locais cometerían unha falta que logo de sacar en curto Doro cara Peke este poñía un centro ao segundo pau para que Forján poña o balón ao primeiro onde cabecea Sergio Barbeira e o esférico entra na portería local, poñendo así o que acabaría sendo o definitivo 0-1.
Isto trastocaría os plans iniciais dun conxunto local que vería coma o seu rival dominaría o encontro, tendo nun man a man de Barbeira unha boa opción de aumentar a conta pero Paco sairía vencedor e mantería a diferenza no marcador.
Pola súa banda, os oleiros que se verían obrigados a facer un cambio ao cuarto de hora pola lesión de Miguel Mallo, estarían un tanto precipitados nas accións ofensivas pero terían unha boa opción para empatar nunha acción de Breo que se marcharía fóra por pouco. O Xallas continuaría levando á voz cantante e tería varios achegamentos de perigo, sobre todo, a balón parado, con ocasións para Forján e Nando, sobre todo, pero tamén para Sande e Barbeira.
Ao fío do descanso, os visitantes quedarían cun home menos pola expulsión de Michu por protestar.
Tralo paso por vestiarios, o conxunto local estaría máis enteiro, pero aínda así e a pesares de estar con 10 sobre o terreo de xogo, os de Santa Comba manterían moi ben o tipo, con Stiven e Doro moi firmes e Rubén Sande na media punta, achegaríanse con certo perigo á portería rival. O partido sería moito máis trabado e con máis interrupcións que na primeira metade, e o xogo apenas tería continuidade.
Puido chegar o empate do Buño, logo de que Eloy superase cunha vaselina a Couto, pero Isaac non acadaría rematar con contundencia cando xa case se cantaba o gol en Xaviña.
A falta de dez minutos para o final, o Xallas quedaría con 9 xogadores pola expulsión de Rubén Sande por dobre amonestación e os locais envocaríanse por completo no ataque pero con máis corazón ca cabeza e non poñerían en apuros á portería de Couto, polo que os tres puntos marcharían cara terras xalleiras.
Lira - Corcubión (4-4)
- Lira: Raúl, Isaac, César, Cartamil, Roberto Amoedo, Gael, Juan Formoso, Migurel, Oli, Pablo Leis e Ángel Sestayo. Tamén: Marcos, Christian, Ramón, Vigo e Alexis.
- Corcubión: Bruno, Isaac, Nando, Gorka, Jose, Rama, Iago Lema, Alex, Antón, César Lojo e Mario. Tamén: Tomás, Javi, Íker, Samu Trillo e Adrián.
- Goles: 0-1, m.13: Rama a pase de Gorka; 1-1, m.20: Oli de penalti; 1-2, m.23: Iago Lema de penalti; 2-2, m.24: Oli; 2-3, m.47: César Lojo; 3-3, m.67: César; 3-4, m.70: Iago Lema de penalti; 4-4, m.90: Alexis.
Vibrante e fermoso de ver, o partido en Lombáns (que ten aprobada, por certo, unha axuda para cambiar a iluminación) cun Corcubión sempre por diante, e un Lira que a remolque foi conseguindo empatar ata en 4 ocasións. Ata 3 penaltis se pitaron neste choque con moito empuxe e épica costeira.
Intentaba combinar o Corcubión cun Lira máis directo, cos desprazamentos de Amoedo e Cartammil. Pronto abriu o marcador Rama para os corcubioneses, pero unhas mans de Goche permitiron que o eterno goleador de Quilmas Oli, empatase pronto. Seguía o mesmo guión, pero con pena máxima para o Corcubión que non fallou o capitán Iago Lema, pero pouco despois Oli marca un bo gol nun balón ás costas da defensa.
Nada máis saír da segunda, César anota un tanto tras un pase longo de Isaac. Aguantaron un rato, pero César empatou de novo dende lonxe. Volvía colocarse por diante o Corcubión con outra pena máxima por outra man, pero aí o Lira envorcouse, meteu na súa área ao Corcuión e conseguíu empatar outra vez, cun golazo de bote pronto dende o borde da área de Alexis.
Malpica - Laxe (3-1)
- Malpica: Nacho, Pablo (Canario, m.46), Jorge Parga, Villar, Aitor, Gabi (Lou, m.66); Aday, Fran, Cristian Periscal; Alberto Hombre e Ibra.
- Laxe: Jacobo, Jose, Aarón, Guzmán, Pedro, Samuel, Íker, Bieito, Saleta, Adrián e Santi Casás. Tamén: Manuel, Adrián Dom., Fran Lema e Sergio.
- Goles: 1-0, m.2: Alberto Hombre dende o medio campo; 2-0, m.11: Ibra de falta directa; 2-1, m.37: Santi Casás; 3-1, m.74: Ibra.
Impresionante o Malpica neste comezo de curso despois da desfeita do ano pasado. O cadro de Miguel Angel Rod. Arrincaba a por todas e nada máis comezar, Alberto Hombre vía ao meta adiantado do Laxe e lle lanza un golazo dende case o medio campo. Pronto chegou o segundo, como non de Ibra (leva a frioleira de 13 tantos en 6 partidos…) que tamén marca de galta.
O Laxe foise desperezando e comezaba a facer dano e conseguía recurtar ao fío do descanso nunha xogada a balón parado e a piques estivo de empatar.
Tivo tamén o Laxe bos minutos no comezo da segunda, aparecendo Nacho para salvar aos seus con varias boas intervencións. A expulsión de Alberto Hombre deixaba aos malpicáns con 10 con aínda 40 minutos por diante. O Laxe de Toni apretaba pero os locais souberon poñer o traxe de faena e darlle a razón o finado de Helenio Herrera que dicía que se xogaba millor con dez que con once… Ben armados atrás, cun Nacho fantástico, conseguían deixar pasar os minutos para sentenciar no min.74 novamente por medio de Ibra.
Sofán B - Cerqueda (2-0)
- Sofán: Pablo Pose, Marcial, Raúl, Manu Cancela, Eloy Cabeza, Dani Calvete, Roi canedo, Borja Viaño, Brais Calvo, Adri. Tamén: Lucas, Villajos, Manu Castro, Ceide, e Ramón Páez.
- Cerqueda: Mario, Adrián Verdes, Dani Reixía, Samuel, Lorenzo, Andrés, Dani Varela, Suso, Gus, Eloy Suárez e Julián. Tamén: Álex Pazos, Christian Velo, Rubñen Varela, Lager e Diego.
- Goles: 1-0, m.1: Adri por toda a escuadra; 2-0, m.12: Nacho nunha xogada a balón parado.
Partido moi disputado no Carral, sobre todo a partir do m.12, porque nas súas primeiras accións, e a pesar de que o Cerqueda só recibira un tanto en toda a Liga, o filial do Sofán marcaría dous tantos.
A partir de aí, o partido foi igualado, tenso, sen ocasións, sen posesións longas. Puido meterse no partido o cadro de Emilio Uzal (que chegaba con moitas baixas) no ecuador da segunda cunha gran xogada de Dani Varela que se foi por pouco, e no treito final, co cadro visitante envorcado, os de Barca e Diego Fiaño tiveron varias para sentenciar mandando ata dous balóns á madeira.
Soneira - Pereiriña (2-0)
- Soneira: Martín, Javi, Alberto Mouzo, De la Sierra, Adrián Sendón, David, Brais Pereira, Xabi, Vía Rápida, Richi, e Adrián Pereira. Tamén: Dylan, Sebas, Fernando, Álvaro e Sani Costa.
- Pereiriña: Isma Antelo, Eloy, Fabián, Esteban, Tebo, Oca, Adrián Ozón, David Marcote, Antón Lestón, Maelo, Charli. Tamén: Xacobe, Tito, Martín,Brais Lagoa e Chiru.
- Goles: 1-0,m m.74: David aproveita un rexeite tras unha boa xogada entre Richi e Brais; 2-0, m.76: Vía aproveita outro rexeite tras unha xogada semellante entre Richi e Brais.
Partido igualado cun Pereiriña moi ben plantado no campo que impediu que o cadro local tivese ocasións claras. Sacou algunha contra o equipo de Joaquín Quintáns e Fer Trillo, mentres o Soneira de Josiño intentábao sen acerto.
Subía algo a intensidade o Pereiriña na segunda, tendo un par de ocasións, pero era o cadro local o que estaba máis acertado, e en dúas xogadas consecutivas, con Richi e Brais entrando por banda, deixaba o partido case sentenciado.
O equipo ceense non se veu abaixo e tivo ata 3 ocasións, incluído un balón de Antón Lestón á madeira, para meterse no partido. Destacan en Cee o debut do fisterrán David Marcote que levaba tempo sen xogar, e onde fixo un traballo espectacular igual que todo o equipo.
Oza - Seaia (1-1)
- Oza: Brais, Alberto, Lavandeira, Diego (Moreno), Iago Rodríguez, Alex Freire, Hugo Fraga, Nacho, Edu (Abib), Nico (Arón) e Iván Mato (Casais).
- Seaia: Anxo, Mario, Sergio, Luis, Martín Souto, Diego, Alex Mato, Juni, Charro, Martín Costa e Pablo García. Tamén: Pablo Caamaño, Senén, Añón, Suárez e Bastón.
- Goles: 0-1, m.8: Luís dende lonxe; 1-1, m.20 Nacho.
Partido moi intenso, moi trabado, pero con moitas ocasións nas dúas bandas. Abriu o marcador Luís cun gol dende lonxe que sorprendía a Brais, pero os carballeses conseguían empatar por medio de Nacho nunha xogada na que os malpicáns pedían unha falta antes do gol de Nacho.
Comezou mellor na segunda o cadro de Oscar Moscoso, que se fixo co partido e que tivo máis ocasións, pero algo negados cara gol. Os visitantes pediron cartón vermello por unha entrada de Iván Mato, que o propio cadro carballés califica de inxustificable.
NOVAS RELACIONADAS
CRÓNICAS DA 3ª GALICIA
- X.5: Un par de goleadas inesperadas.
- X.4: Moitas espadas afiadas.
- X.3: Xallas e Buño quedan sós no alto da táboa.
- X.2: 3ª Galicia: Zas e Cerqueda avisan a Xallas e Soneira.
- X.1: 3ª Galicia: Xallas e Zas presentan credenciais e o Sofán B avisa ao Soneira.