A sub15 volve coller o protagonismo
14:14 30/01/19
Selección da Costa da Morte Sub 15 no Carral
Despois de semanas nos que a Sub12 acaparou a atención mediática, tócalle á Selección da Costa sub15 volver á actualidade. E faino despois do fermoso partido de adestramento en Abegondo, cunha serie de partidos amistosos de preparación para 2ª fase do torneo de Seleccións Comarcais sub-15.
A Amarela, que xa demostrou que está para competir cara a cara na primeira fase do campionato que se celebrou no Carral, afronta con ilusión este novo reto.
Josiño e Martín xa teñen perfilada unha nova convocatoria para un amistoso, pero terán que esperar porque o choque disposto para hoxe mércores no Conco entre o Cadete de liga Galega e a Selección da Costa Sub-15 tivo que suspenderse polo mal tempo.