Copa da Costa: A última do ano nunca senta ben

13:34 28/12/15


Ameixenda 1-3 Baíñas
Campo: San Paio de Refoxos Ameixenda: Maikel, Jorge, Samuel, David (Trillo m.83), Álex, Momaño (Jesús m.46), Ruso, Bichiño, Javichu, Borja e Serginho (Grille m.70) Baíñas: Sergio, Matías, Héctor, Pablo Rey, Samuel, Jaime (Tantán m.43), Cristian, Eloy Cabeza, Javi Suárez, Pablo Muíño e Esteban Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña). Goles: 0-1 m.72 Pablo Muíño; 0-2 m.75 Javi Suárez; 1-2 m.77 Jesús; 1-3 m.84 Pablo Muíño Catro goles nos 'bises' O que estaba a ser un igualado exercicio de 'sobremesa' de Nadal acabou por converterse nun festival de goles. O Ameixenda competiu notablemente máis dunha hora, pero acabaron por esgotárselle os recursos, fronte a un Baíñas que só dispoñía de doce xogadores de campo e que se vira obrigado a facer un troco antes do intermedio. A pegada de Pablo Muíño e unha estudada relación ofensiva con Javi Suárez decidiron a favor dos vimianceses, que a pesares das baixas se moveron mellor con espazos.Cerqueda 2-1 Cabana

Camariñas 1-3 Fisterra

Buño 0-1 San Lorenzo
Campo: Xaviña Buño: Toni, Miguel, David, Dani, Eloy, Dani Calvete, Juan (Dimitri m.46), Emilio, Víctor (Richard m.76), Gurita e Iván (Jorge m.60) San Lorenzo: Puyol, Isaac, Kevin (Anxo m.70), Rudi, Juanjo, Álex Taibo, Álex Figueiras, Mario, Dani Pena, Parafita (Adrián m.70) e Luis (Juni m.64) Árbitro: Méndez Castro (A Coruña). Expulsou a Dani e Iván do Buño, e a Mario (m.90) do San Lorenzo. Amonestou a Eloy do Buño; Álex Taibo e Anxo do San Lorenzo Gol: 0-1 m.18 Dani Pena De partido entre amigos a epílogo para a censura Con coñecidos nun e outro bando e polas datas que son, presumíase unha tarde pracenteira e tranquila o Buño-San Lorenzo. E así foi ata o último suspiro, cando unha entrada de Dani Mato sobre Mario provocou unha tremenda tángana na grada, con agresións entre xogadores e pais. O Buño quixo pedir desculpas públicamente polo sucedido, tanto á afección coma a entidade de Verdillo. Non meramente deportivo. un centro de Mario rematado a gol por Dani Pena desequilibrou ao comezo do choque. A orde local minimizou a capacidade de perigo dos carballeses, que dominaron infructuosamente o balón.Porteño 1-2 Mazaricos
Campo: A Grixa Porteño: Álvaro (Martín m.46), Gabi, Caamaño, Adrián, Iago, Doyle (Xoel m.76), Quilmes (Rodrigo m.58), Jorge (Matías m.50), Cristian, Marcos (Cachi m.46) e Jose Mazaricos: Iván, Chico, Matías, Martín, Tuco, Ferreiro (Ramón m.60), Ricardo, Estéfano (Marcos m.68), Pereiro (Chenel m.65), Orlando (Brais m.60) e Molinos Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Amonestou a Gabriel, Caamaño e Cachi do Porteño; Ricardo, Ferreiro, Pereiro e Molinos do Mazaricos Goles: 0-1 m.30 Chico; 1-1 m.70 Caamaño; 1-2 m.90 Brais, de penalti Caras menos coñecidas Un Porteño cun once algo diferente ao habitual compricoulle moito a vida ao Mazaricos, aínda que o resultado acabase por ser fiel á táboa ligueira. Un empate tería sido un resultado máis xusto, pero un erro do meta local no primeiro tempo e un penalti por mans no último suspiro condearon aos da Ponte do Porto.Xallas 6-0 Esteirana
Campo; A Fontenla Xallas: Fabio (Julián m.46), Cristian, Oscarín (Santi Díaz m.65), Pablo Novo, Víctor Vecino (Fuentes m.46), Canedo, Marcos (Rachón m.46), Jesús, Kevin (Barbeira m.58), Coria e Camilo Esteirana: Róber, Codesido, Tobío, Dani, Rafa, Martín (Brais m.70), Marcos (Campos m.46), Adrián (David m.70), Róber Pladur (Ponte m.74), Pablo e Jaime Árbitro: Soto Eiroa (A Coruña). Amonesotu a Fuentes, do Xallas Goles: 1-0 m.3 Pablo Novo; 2-0 m.5 Pablo Novo; 3-0 m.13 Víctor Vecino; 4-0 m.62 Rachón; 5-0 m.64 Pablo Novo; 6-0 m.76 Santi Díaz, de penalti As categorías estiveron aí Catorce minutos tardou en deixar a eliminatoria resolta un Xallas que impuxo as dúas categorías de diferencia respecto á xovencísima Esteirana. Tres accións de estratexia, dúas resoltas por Pablo Novo e a terceira por Vecino, deron paso a unha sorte de pachanga de Nadal onde houbo varios concursos interesantes de futbolistas xoves.Muxía 0-4 Corcubión
Campo: Arliña Muxía: Jose Antonio, Santi (Conguito m.70), Martín, Pataca (Benlloch m.65), Castreje (Ruso m.60), Pesky, Currás, Noe (Gusa m.40), Pana, Julián e Alberto Corcubión: Beto, Checho (Iván m.52), Marco, Pablo, Valucho, Goche, Lema, Toja, Alán, Tito (Edu m.47) e Roca (Abe m.60) Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Sergio e Santi do Muxía; Checho, Pablo, Valucho e Iván do Corcubión Goles: 0-1 m.22 Lema; 0-2 m.36 Tito; 0-3 m.51 Lema; 0-4 m.61 Samuel Moi superior o Corcubión Un penalti detido por Beto a Pesqui, con 0-1, ben pudo mudar o destino dunha eliminatoria que parece agora sentenciada. O Corcubión dominou prácticamente a totalidade do choque ante un Muxía sen forza e sen chegada. O 0-4 fixo que a media hora final prácticamente sobrase.Sporting Seaia 0-1 Castrelo
Campo: A Pedra Queimada Sporting Seaia: Nacho (Jose Luis m.46), Javi, Jorge, Diego, Guillermo, Cristian, Víctor, Miguel, Adrián (Pablo Rama m.38), Carracedo e Jose Castrelo: David Caamaño,Gustavo (Marcos m.63), Luis, Chuchi, Curra, Maikol, Suso (Martín m.70), Steven, Félix, Carlos e Elvis (Añón m.79) Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Gol: 0-1 m.72 Maikol Un golazo espectacular de Maikol, case desde o centro do campo, deixa moi encarrilada a eliminatoria para un Castrelo superior durante o primeiro acto.Soneira 1-1 Outes
Campo: Municipal de Vimianzo Soneira: Anxo, Figueroa (Darío m.61), Maikel, Alberto (Javi m.46), Aarón, Óscar de Maema, Cristian (De la Sierra m.88). Mario, Richi, Alberto Vía e Martín (Basti m.57) Outes: Esmorís, Borja, Jura (Simón m.77), Maroñas, Samu, Dani Corniños (Simón m.88), Mario, Martín, David, Piki e Iago Dosil (Elías m.62) Árbitro: Reborido Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Alberto, Cristian e Alberto Vía do Soneira, Iago Dosil e Samuel do Outes Goles: 0-1 m.44 Piki; 1-1 m.85 Alberto Vía
Baio 4-1 Carnota
Campo: Platas Reinoso Baio: Pollo (Pablo m.80), Yago, Mario, Porto, Luis Alvite, Eloy (Fachal m.50), Norber (Saleta m.39), Martín, Rubio (Moreno m.56), MC (Josiño m.74) e Luis Carnota: Andrés, Tono da Caixa, Adrián, Pedro de Pichín, Pumuky (Alexis m.80), Raúl (Cibrán m.46), Álvaro, Jose, Miguel e Manuel Luis Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña). Expulsou a Luis do Baio e Álvaro do Carnota (m.86). Amonestou a Eloy do Baio; Miguel e Tono da Caixa do Carnota Goles: 1-0 m.4 Iago; 2-0 m.16 Luis; 2-1 m.38 Pumuky, de penalti; 3-1 m.67 MC, de penalti; 4-1 m.77 Moreno Un Carnota con mellor cara Deu a cara e competiu o Carnota en Baio, onde a vantaxe de dous goles nun cuarto de hora levou ao exceso de confianza local. Iago e Luis certificaran a superioridade inicial do equipo do Primeira. Pero entón chegou o atasco. Un penalti fixo soñar ao Carnota, que aguantou ata o ecuador do segundo acto. MC, de penalti, racharía de novo o choque.Sporting Zas 2-0 Ponteceso



Laxe 0-0 Unión Club Cee
Campo: Cabo D'Area Laxe: Noe, Naya, Jacinto, Djamel, Aarón (Bras m.64), Gora, Borja (Iván m.80), Samu, Felipe, Omar (Zúrich m.46) e Miguel (Rafa m.60) Unión Club Cee: Paulo, Nico, Chiru, Jacobo, Borja, Pereira, Josiño (Ismael m.68), Samuel (Leo m.49), Xabi (Álex m.79), Aitor e Dani Picallo (Penedo m.74) Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Amonestou a Borja e Djamel do Laxe; Chiru do Cee De fresco tivo pouco Un suplicio en forma de partido de fútbol viviou a sempre populosa afección do Laxe para recibir ao Unión Club Cee. E iso que o resultado invita á sorpresa do bergantiñáns, que despertaron nos compases finais e incluso desfrutaron de oportunidades de perigo. Tamén Leo tería dúas boas opcións de abrir o marcador.Corme 1-0 Monte Louro


Sofán 3-0 Dumbría


Volantes de Baño 5-3 Malpica
Campo: Eleuterio Balayo Volantes de Baño: Javira; Sergio, Julio Porrúa, (Andel, 19), Pablo, (Rubén Santos, 76), Juan do Sivil, Tico, Javi, Mou, Yanki, Pardelo e Pedro de Paky Malpica: Ángel; Petís, Víctor, Casais, Carlos Mallo, Dímaga, Sergio, Adrián Rei, Asier, Martín Maradona e Vitalie Árbitro: Regos Martínez (A Coruña). Expulsou a Casáis do Malpica (m.78). Amonestou a Javi e Paky do Volantes; Víctor do Malpica Goles: 1-0 m.3 Petís; 1-1 m.5 Vitalie; 2-1 m.24 Yanky; 3-1 m.48 Yanky; 4-1 m.54 Juan do Sivil; 5-1 m.78 Yanky; 5-2 89 Aser; 5-3 m.93 Asier Volantazo á realidade O Volantes que sufre para gañar e ter unha convocatoria numerosa en Terceira Autonómica pasoulle por enriba ao Malpica de Primeira, que chegou ao antigo Miraflores con só once futbolistas. Un Yanky que formaba mancado asinou un hat trick e unha actuación digna das súas tardes de dominio no fútbol da zona. Asier, habitual gardamallas dos visitantes, salvou a eliminatoria na prolongación con dous goles. O trencilla, moi protestado polo dous equipos, tivo que decidir en catro goles ao fío do fóra de xogo. Foron as increíbles condicións e realidades que rodearon o choque entre Volantes e Malpica, que deixa unha volta aberta para dentro de tres meses e que confirma a volatilidade dos laranxas.Nantón 1-2 Castriz
Campo: Fontiñas Nantón: Sergio, Dani, Silvariño, Raúl, Diego Bello, Carlos Vidal, Fabio, Iván, Iván Moreira, Sergio e Guillermo Castriz: Añón (Víctor m.57), Sergio, Dani Martínez (Iván m.46), Martín Uruguaio, Alberto (Diego Maneiro m.30), Bolón, David Agra (Elías m.57), Jose, Fabián, Bruno e Alejandro Árbitro: Castiñeira Blanco (A Coruña). Expulsou a Raúl (m.76) do Nantón e a Jose do Castriz (m.86). Amonestou a Fabio, Carlos Vidal e Iván do Nantón; Bolón e Martín Uruguaio do Castriz Goles: 0-1 m.6 Fabián; 0-2 m.55 Bolón; 1-2 m.74 Carlos Vidal Sudou o Castriz Non lle resultou sinxelo o debut a Esteban Blanco no Castriz, ante un Nantón que a pesares de non realizar sustituciones e ter unha convocatoria xusta competiu en todo momento. O tanto de Carlos Vidal, cun bo remate a falta de un cuarto de hora, deixa a eliminatoria máis aberta a pesares de que os locais acabasen con dez.Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).