O Álbum da Costa xa percorre os campos retratando aos 900 protagonistas
Xa anda o ruxe ruxe polos campos da Costa. O Álbum de Cromos do Fútbol Base da Costa está en marcha. Xa anda o equipo de QPC Deportes, co fotógrafo David Castro, botando fotos polos campos da bisbarra, retratando aos xogador@s das categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.
Porque este ano os protagonistas serán máis de 900 cativos entre 5 e 12 anos (de 83 equipos que teñen 22 clubs da comarca nestas categorías).
A intención é que os dous álbumes (un de Infantís e Alevíns; e outro de Benxamíns, Prebenxamíns e Biberóns) saian antes de Nadal, para poder disfrutar dunhas vacacións onde as criaturas non boten en falta o Fútbol da Costa!
O equipo de QPC non pode máis que agradecer a colaboración dos clubs, e deses "homes de club" que nos axudan a que todo saia ben!
Os adestradores, como Angel Garrido, tamén teñen cabida
David Castro, axudado por Pachi, botando fotos en Esteiro
Todas as novidades do Álbum da Costa
- Outubro 19: En marcha o novo Álbum de Cromos do Fútbol Base da Costa 2019/2020.
- Febreiro 2019: Muros, Corme, Vimianzo e Baio, os puntos quentes do Álbum da Costa.
- Decembro 2018: Xogadoras e árbitros, protagonistas da Gala de estrea do Álbum da Costa.
- Decembro 2013: Da repercusión mediática do Álbum de Cromos da Costa.