Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os árbitros, protagonistas dos Campus de verán

Charla de Marcos Ordonez no Campus Abellariza
Charla de Marcos Ordonez no Campus Abellariza
Os árbitros, protagonistas dos Campus de verán

Xa son 3 os campus de verán onde os árbitros están sendo protagonistas. Unha gran iniciativa, a de achegar aos colexiados costeiros a dar unha charla, para falar coa rapazada e ofrecer unha visión directa da súa posición.

Xa estiveron no campus da SD Soneira, os Vítor Recarei, coordinador federativo) e Christian Sendón (árbitro de Segunda, e exxogador das categorías de base do Soneira).

Tamén estiveron no campus do Outes, unha cita xa tradicional nos últimos anos. Xunto a Recarei foron David Vázquez (Primeira Galicia), Lucas Vicente (Segunda Galicia) e Jonathan Pardiñas (Terceira Galicia).

Charla dos Arbitros no Campus de OutesArbitros no Campus de Outes
Imaxes da charla no Campus de Outes

Esta pasada semana a cita no Pinguel, Ponteceso no marco do Campus Abellariza. A raíz dunha invitación dos propios colexiados, e a intermediación de Suso da Torriña, Miguel Cousillas considerou unha gran oportunidade facer unha charla. E quen mellor que Marcos Ordóñez para desenvolvela. O colexiado de Cerqueda fixo unha charla moi didactica na que as nenas e nenos estiveron moi atentos dende o minuto cero. Fixo unha pequena introducción e despóis deulle a oportunidade de facer preguntasnde todo tipo. Á eterna pregunta de como se sinten cando a xente lles berra, Marcos explicoulles que hai momentos malos, cando se equivocan que hai que superar. Falouse tamén en clave de historia, lembrando figuras como os Tinolos ou os Toja.

Ao final despediron a Marcos cunha gran ovación.

Charla de Marcos Ordonez no Campus Abellariza Campus Abellariza

Comentarios