Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Arrincou por fin a nova tempada da Liga de FS de Carballo

Liga Carballo FS 2022-23
Arrincou por fin a nova tempada da Liga de FS de Carballo

Por fin conseguíu arrincar a nova tempodada de Fútbol Sala en Carballo. Tras dous anos de parón obrigado, e tras unha semana adiado por problemas técnicos no recinto deportivo, a competición coordinada pola Agrupación Deportiva Carballo xa está en marcha.

Son 7 os equipos que competirán para facerse co trofeo da Liga do Concello de Carballo e o trofeo da Copa Hotel Pensua Punta del Este: Xanelas XP, Asesoría Afico, Brasería Carballo, Bar Rosalía, Cervecería Bombonera, Dolce&Café e Autocares Pombo.

Este luns xa se disputaron os Brasería Carballo vs Dolce&Café; Asesoría Afico vs Autos Pombo e o Bar Rosalía vs Cervecería Bombonera.

Será unha Liga a dúas voltas, con trofeos para Pichichi Clínica de Fisioterapia Javi Teijeiro, Zamora Tenda Deportiva Dequip, FairPlay e Paco de Riego ó xogador máis valioso do torneo.

Ao remate, os 4 primeiros da Liga meteranse na Copa Hotel Pensua Punta del Este, que será unha liga a unha soa volta, con trofeos Pichichi Clínica de Fisioterapia Javi Teijeiro, Zamora Tenda Deportiva Dequip, FairPlay e Paco de Riego ó xogador máis valioso de dito torneo.

A Agrupación quere agradecer ó padroado deportivo de Carballo e á concellalía de Deportes o apoio mostrado para a confección desta nova edición de Fútbol Sala Carballo así como a Dequip e Clínica de Fisioterapia Javi Teijeiro polo “seu apoio incondicional”.

Comentarios