As Baleas prepara o seu Torneo de F7
07:13 30/04/16
O Hermanas Patiño convertirase no epicentro do fútbol base o vindeiro 15 de maio. Os peques camariñáns competirán co Cee, Fisterra, Corme, Cabana, Santa Comba, Muros e, ademais, o Deportivo da Coruña.
O Torneo comezará ás 10:00h, e non parará ata ás 20:00h, cando terá lugar a entrega de premios.
En categoría benxamín, estarán o Deportivo, Cee, Fisterra, Cabana e Corme.
Na categoría alevín estarán competindo Cee, Fisterra, Cabana, Corme e Santa Comba.
E na infantil Cee, Cabana, Fisterra, Corme e Os Miúdos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).