As Ligas da Costa rematan o ano tinguidas de verde e azul
23:53 23/12/18
O Esteirana-Soneira, un dos partidazos da xornada-Foto-Ricardo
Remata o 2018 e fíxoo cun fermoso carrusel dominical en www.futboldacosta.com cheo de intensidade e emoción. Un carrusel que deixou un partidazo en Esteiro, e unha Liga da Costa que viu como nos últimos minutos propiciaba un novo cambio de líder. Deste xeito, os temos tres líderes costeiros, dous de verde e un de azul.
Todo nunha fin de semana na que os cromos, despois da Gala de presentación, xa estiveron rulando polas cantinas dos nosos campos.
Un derbi en Preferente
Ambientazo no Sofan-Xallas no Carral-Foto-SD
Ambientazo no Carral, cheo de rapaces ademais, para acoller un clásico derbi xa da división autonómica. Foi un partido divertido a pesar do resultado, cheo de alternativas que rematou sen goles de milagre porque tanto uns coma outros tiveron ocasións para abrir a lata. Ao final xusto empate que deixa aos dous equipos na zona media, con 30 puntos o Sofán na 7ª praza, e con 26 puntos o Xallas na 11ª, pero sen opción a despistarse, pois esa zona morna ten 12 equipos en apenas 9 puntos.
1ª: "Concentración e vitoria". E derbi de tolos
O Fisterra remata o ano líder trala súa fin de semana de concentración
Ao puro estilo 1ª División, este Fisterra rematou o 2018 dun xeito impecable. Os de Ángel Canosa disfrutaron dunha fin de semana de concentración en Lalín, cunha sesión de spa na tarde do sábado, unha cea, dormida… e un domingo con almorzo, comida e… vitoria. Toda unha demostración de como o Monchi de Fisterra, o Tolo, coida os seus rapaces. E responderon, vaia se responderon, sumando a súa 6ª vitoria consecutiva e rematando o ano de líderes con 3 puntos sobre o Flavia.
A xornada tiña un dos puntos de atracción en Esteiro onde se celebraba un importante derbi de urxencias. Partido de tolos no Xosé Luís Vara, con alternativas constantes no marcador e no xogo. Foi, en todo caso, un choque con moitos goles pero pouco fútbol, no que reinaron os regalos por ambos partidos e que puido caer para calquera dos dous lados e no que o porteiro visitante Javi salvou aos seus. Segue a Esteirana sen ter sorte necesaria para gañar un partido.
Adiantábase o cadro local moi pronto por medio de Elías, pero en 10 minutos Adrián Pose dáballe a volta ao marcador. Sen tempo, Rober Pladur empataba. Na segunda colocábase de novo a Esteirana por diante da man de Álex Rama, pero Madiop empataba a 10 para o final.
Rober Pladur marca de penalti no derbi entre Esteirana e Soneira-Foto-Ricardo
Polo demais, o Baio deixouse remontar un choque que tiña de cara ante o Chaián, e permite que o Dumbría, que vencía con solvencia ao Piloño, remate o ano a tan só 1 punto dos baieses, ambos na zona media-alta.
O Dumbria remata o ano en liña ascedente
2ª: Novo cambio de líder… cara o azul
O Muros conseguiu empatarlle e quitarlle o liderato ao Mazaricos
No min.90 cambiaba de líder a Liga da Costa para pechar o 2018. Estaba o Mazaricos vencendo en Muros, cando Xavi empataba para o Muros dende os 11 metros, facendo que o cadro amarelo ceda o último liderato do ano ao Corme, repetindo o “trasvase” das últimas semanas no máis alto. Foi o de Muros un partido moi igualado, que serve de cura de humildade para un Mazaricos que fixo o peor partido do curso. O cadro muradán saíu ben armado atrás que buscaba os balóns longos, buscando a Xavi, que pronto ariría o marcador. Non tardaría empatar Iago para o Mazaricos nun choque que non tiña demasiadas ocasións. Non cambiaba o guión na segunda, pero era o Mazaricos o que se adiantaba por medio de Piki, aproveitando unha falta sacada on picardía. Pero o Muros non se deu por vencido, loitou ata o final e atopou o premio na última xogada e de penalti (de novo por Xavi), para sumar un punto que, se ben non resolve a súa complicada situación, si que serve para acabar o ano en positivo.
Juan Fuentes, autor do primeiro gol da Malpica ante o Ponteceso-FotoFUentes
En Corme, o novo (de novo) líder non perdía a ocasión e goleaba ao San Lorenzo. O que non aproveitou o tropezo mazaricán foi o Ponteceso, que fica na 3ª praza, nun partido ante o Malpica que comezaba cun sentido minuto de silencio polo patrón da embarcación Silvosa, falecido a semana pasada no mar de Malpica. O empate deixa ver o que foi o partido, cun Malpica que se adiantaba cun cabezazo de Juan Fuentes e unha fermosa falta de Dani Casal. AO fío do descanso, unha pena máxima permitíalle a Matías recurtar. A segunda parte tivo claro dominio pontecesán, cun Alberto Recarey que se fixo o dono do medio campo. Iván sería o autor do empate pontecesán.
Outro dos partidos importantes da zona alta disputábase en Arliña, entre o 4º e o 5º. Non deu opcións o Muxía ao Volantes, que chegaba con moitas baixas e que, ademais, despois de aguantar a primeira metade, fixo un par de regalos que os muxiáns non perdoaron.
Ademais, na zona baixa, vitorias importantes de Lira, Zas e Buño ante Ameixenda (que segue afundido na táboa); Cerqueda (mantense sen apuros) e Baíñas (sempre capaz do mellor e do peor), que lles permiten respirar. O empate entre Cee e Montelouro de pouco lles serve a ambos.
Imaxe do intenso Cerqueda-Zas-Foto-UD
3ª: de cor verde
Coristanco, líder da 3ª e única equipo invicto do Fütbol da Costa
De clara cor verde é a 3ª Galicia. O Coristanco remata o curso sendo o único equipo do Fútbol da Costa que non coñece o sabor da derrota. 8 puntos saca tras vencer ao Porteño con rotundidade, nun partido traballado, como os que sempre saca adiante o cadro de Eloy.
Remata o ano o Cabana en postos de ascenso directo tras golear ás Baleas, pero cun só punto sobre o Castriz. O Outes deu un paso cara a promoción e se afianza ras vencer ao Castrelo, que sufríu unha derrota que non foi quen de aproveitar nin Nantón nin Laxe, que empataron e se manteñen aínda a 2 e 3 puntos desa 6ª praza que marca a promoción.
O Castrelo vén de máis a menos