Bruno Méndez, David Cancela e Chris Sendón, finalistas ao Premio Lucas Vicente Vidal da Gala QPC

07:58 16/06/22
Xa coñecemos os Premios Pombo e os Pichichis. E onte descubrimos os nominados para Delegado do Ano, no marco da VII Gala do Fútbol da Costa - QPC que celebraremos o vindeiro venres 1 de xullo no Centro Cívico de Malpica.
Hoxe, o colectivo de árbitros envíanos os finalistas do outro premio que coordinan. O Premio ao Árbitro do Ano que este ano decidimos, en conxunto, chamarlle Premio Lucas Vicente Vidal, en lembranza do novo colexiado cormelán que nos deixaba prematuramente o ano pasado.
Os finalistas ao Árbitro do Ano no Fútbol da Costa 2021/2022 son:
- Bruno Méndez (Corme (Ponteceso)).
- David Cancela (O Penedo - Neaño (Cabana de Bergantiños)).
- Chris Sendón (Vilaseco (Vimianzo)).
Saberemos o gañador na Gala do vindeiro 1 de xullo en Malpica.
Gala 2022
- 2022: César, Marta e Rubén, nominados ao Delegado do Ano na Gala do Fútbol da Costa.
- 2022: Diego, MJ e Andrea, @s Álex Pombo do Fútbol da Costa.
- 2022: Alejo, César e Lucía Canosa, @s pichichis que recibirán un Balón de Buño na Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- 2022: O Premio do Árbitro do Ano da Gala do Fútbol da Costa QPC levará o nome de Lucas Vicente Vidal.
- 2022: Volve a Gala do Fútbol da Costa - QPC con 40 premios.
Repaso das Galas
- Gala 2019: O Fútbol da Costa pechou o curso 18/19 na VI Gala QPC.
- Gala 2018: A Gala QPC puxo en Santa Comba o emocionante broche de ouro á temporada do Fútbol da Costa.
- Gala 2017: A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2016: Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- 2013: Presentación do Álbum: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.