Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Un campo de fútbol para Rogelio

Rogelio Martinez en laxe
SIlvia Cancela entrega unha placa a Rogelio
Un campo de fútbol para Rogelio

Fermosa homenaxe a que se viviu, na medida do posible, esta mañá de sábado 24 de abril no novo “Campo de fútbol Municipal Cabo de Area–Rogelio Martínez”. O Concello, tras aprobalo en pleno, púxolle o nome do municipal a unha das persoas que mellor representa a incidencia do Fútbol da Costa na vila de Laxe. Ese Fútbol que trascende as fronteiras do deporte para servir de axente social.

Placa do Campo de Futbol Rogelio Martinez Cabo Darea de Laxe

A relevancia de Rogelio ao longo da súa carreira é incontestable, e toda a veciñanza así o recoñece, e así foi como. Jose Antonio Brasileiro lanzou está iniciativa. Ademais da presencia do alcalde José Luís Pérez Añón, non faltou representación da Real Federación Galega de Fútbol, cuio presidente Rafael Louzán, acompañado poa directiva xalleira Silvia Cancela e o Delegado da Coruña e Subdelegado da Costa, Manuel Corredoira.

O acto serviu como homenaxe en vida ao que foi presidente e directivo do clube Sociedade Deportiva Laxe durante máis de 26 anos, e que agora se atopa nun delicado estado de saúde. Moitos quixeron lembrar as dúas Copas da Costa e a Liga da Costa que a SD conquistou baixo o seu mandato. Rogelio serve de perfecto exemplo de tod@s es@s directiv@s que fan posible o Fútbol costeiro.

Entrega dunha camiseta da RFGF a SD LaxeO presidente Felipe Oróns, e María López Souto, ex presi e parte fundamental na SD, recolleron unha placa coa camisolta da RFGF.

Historia viva

Héctor Pose, autor do libro Mar de Paixón así contou como Rogelio foi precisamente un dos primeiros protagonistas da súa investigación:
Un dos primeiros en abordar a súa historia no libro é Rogelio Martínez Castiñeira, “Roxelio”. Agárdanos el e, tamén, o seu sobriño, na fermosa aldea de Coendes, a medio camiño entre Laxe e Baio. Así ten o corazón deportivo dividido este sexaxenario Roxelio, socio de ambos clubes. De ollada limpa e falar entrecortado, deixase preguntar. E lembra este directivo durante 30 anos do SD Laxe a Martín, Bodello, os irmáns Tinolos, a Ubelino ou Sindo…”O fútbol deume amistades, ledicia e levoume a coñecer as cercanías lonxanas”. Espalla pola mesa de ule carnéts de seareiro, fotos de éxitos e unha placa da homenaxe que lle brindaron hai pouco…”Ver á xente unida e disfrutando: velaí o meu soldo”. E rí, malia que leva con certo pesar a incipiente carreira arbitral de quen escoita atento e en silencio ao seu carón tantas lembranzas.

Comentarios