Venres. 26.04.2024
El tiempo

A carballesa Elena Vázquez, á Selección Española Femenina Sub-15

As infantís Telma, Sabela e Paola, convocadas coa Selección Galega Sub-12
Elena Vazquez do Bergantinos a Seleccion Espanola
O cromo de Elena Vázquez, na dereita en xogo
A carballesa Elena Vázquez, á Selección Española Femenina Sub-15

Espectacular a nova que vén de compartir o Bergantiños. A xogadora Elena Vázquez, natural de Carballo, está convocada a un adestramento coa Selección Española Femenina Sub-15 os vindeiros días 25, 26 e 27 de abril en Las Rozas. Elena convértese así na primeira xogadora que militando no Bergantiños FC é convocada pola Selección Española, marcando así un fito histórico nos 100 anos do club, así como tamén nos 6 anos de singradura da sección feminina.

Elena Vázquez formouse dende os seus comezos no fútbol nas Escolas Luis Calvo Sanz e na base do Bergantiños, e malia ser de 2007 forma parte na actualidade do plantel do equipo sénior feminino, que xoga actualmente na Fase de Ascenso á Liga Nacional, como comprobamos no seu cromo do Álbum do Futfem Galego. Elena compaxina o primeiro equipo co cadete de Liga Galega.

Xa ten sido convocada pola Selección Galega Feminina Sub-15, coa que vén de clasificarse para a final do Campionato de España coa Selección Galega Feminina Sub-15, sendo unha das capitanas do equipo.

O Bergan lembra que Santi Canedo e Angeliño vestiron a camisola vermella dalgún combinado nacional pero xa sen estar xa no club.

Dúas convocadas coa Selección Galega

Telma Sabela e Paola do Bergan a Seleccion Galega
Sabela, Telma e Paola á Seleccion Galega

A gran nova vén acompañada doutra convocatoria, a de dúas xogadoras de Escolas Luis Calvo da categoría Promesas Telma García, Sabela Rodríguez e Paola Vázquez, convocadas para un adestramento coa Selección Galega Sub-12 que tivo lugar esta tarde no Campo de Seira en Rois.

Máis novas do Futfem da Costa

Novas do Álbum do FútFem Galego

Comentarios