FUTFEM: Cee e Cerqueda xa teñen rivais para a fase de ascenso
- O cadro en www.copadacosta.com.
- Repasamos a actualidade dos 6 equipos da bisbarra

Rematou a primeira fase da 2ª División Feminina, e fíxoo con ledicia. O Cerqueda conseguía o pase á Fase de Ascenso tras vencer ao Cee na última xornada, e superar ao Cacheiras por golaveraxe individual.
Deste xeito, tanto o UD Cerqueda como o UC Cee disputarán unha fase de ascenso que xa ten cadro e que teremos sempre actualizado en www.copadacosta.com. A Fase dará comezo o 24 de abril, e as nosas terán que superar 3 eliminatorias para conseguir un dos 3 postos de ascenso á 1ª División.

Unha 1ª División na que está inmerso o Bergantiños. O equipo de Gueli sumaba os seus primeiros puntos na Fase de Ascenso, pero ve como o Lóstrego non baixa o ritmo e xa saca 6 puntos ás carballesas.
Remate da primeira fase
E aproveitamos para facer un remate da primeira fase. E o máis destacado, por suposto foi esa finalísima disputada en Xaviña entre Cerqueda e Cee. As de Jorge Guillamet necesitaban a vitoria unha vez que o Cacheiras xogada contra o pechacancelas e non ía fallar. As locais comezaban adiantándose moi pronto con dous tantos de Naroa. Pero nada máis saír dos vestiarios, as ceenses collían despistadas ás locais e empataban por medio de Andrea e Lucía Martínez. Tocaba remar, e as malpicáns pelexaron ata que no treito final, de novo Naroa e Pauliña Veiga sentenciaban o choque e asinaban o pase á Fase de Ascenso.
Polo demais, o resto de equipos pensan xa na Copa. Pero antes remataban do seguinte xeito a liga.
O Xallas tamén rematou a primeira fase con bo sabor de boca. Un gol de Yasmina, no último minuto, marcou o resultado final do último partido de liga rematando cun 1-2 ante un dos equipos que pasan á segunda fase, dando conta do gran remate de campaña do cadro de Rupper, que suma 5 vitorias nos últimos 6 partidos de liga, para acabar 7ª.
Agridoce foi o resultado das Miúdas, que pelexaron ata o final ante o Victoria C, pero acabaron caendo no m.90. En calquera caso, as de Juan Carlos rematan un complicado ano mirando ao futuro, gracias ao debut das xemelgas infantís Ximena e Elba, que veñen de cumprir 13 anos, e esperan con ansia facer debutar tamén a Alba Caamaño na Copa, outra infantil que cumprirá en breve esa idade.
Pola súa parte o Mazaricos disputaba a xornada 3 da fase de grupos da Copa F7 que enfrontaba na Picota ao Trazo. Os tantos de Ánxela (dende o centro do campo e pola escuadra) e Natasha permitiron ás de Borja Sueiro sumar os 3 puntos.
Novas relacionadas
- Cruz, a pichichi costeira.
- A muller incorpórase ao Fútbol Veteranos.
- Alberto Pose: O #FutFem chegou para quedar.
Crónicas do FUTFEM
- 05-04-22: O Cerqueda desperdiciou o seu primeiro matchball para meterse na Fase de Ascenso.
- 29-03-22: O Bergan sofre o segundo tropezo mentres o Cerqueda mantén as súas opcións de meterse na Fase
- 22-03-22: O Bergan caeu no primeiro asalto e o Cee asegura praza na fase de ascenso.
- 15-03-22: Futfem: O Cee venceu o derbi e o Cerqueda arrímase á fase.
- 08-03-22: FutFem: O Cee mantén as aspiracións de ascenso intactas.
- 22-02-22: Futfem: Por fin chegou a primeira vitoria das Miúdas.
- 15-02-22: #FutFem: O Bergan ratifica a súa presencia na fase de ascenso á categoría Nacional.
- 08-02-2022: Futfem: Xornada de empates de diferentes sabores.
- 01-01-2022: Futfem: O Bergan segue imparable; o Cee cae no desconto e Cerqueda e Xallas asinan táboas.
- 25-01-2022: Futfem: O Cerqueda achégase arriba tras vencer a unhas entregadas Miúdas.
- 18-01-22: O derbi quedou en Cee.
- 11-01-22: #Futfem: O Cerqueda aproveita para meterse na loita.
- #Futfem: O Cerqueda aproveita para meterse na loita