Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O Conco acolle a fase final das divertidas LCFS

ligas LCFS Ponteceso e Rapacollons
Imaxe dun choque entre Ponteceso e Rapacollons
O Conco acolle a fase final das divertidas LCFS

Completas quedan xa, trala disputa estas semanas dos partidos que foran aprazados no seu día, as clasificacións das Ligas Comarcais de Fútbol Sala LCFS. Unhas divertidísimas ligas que chegan ao seu remate coa fase final.

A gran cita será este sábado 6 de maio no pavillón municipal do Conco, en Dumbría, con 8 equipos (os 4 primeiros de cada categoría), que competirán polo título comarcal e o pase á fase intercomarcal.

Finalmente, en categoría Alevín os Rapacollóns de Fisterra acabaron a temporada arrasando, con 20 vitorias en 20 partiso, 174 goles a favor e só 18 en contra. Os de Santi os claros favoritos para facerse co título, pero Ponteceso, Manuela Rial e Concello de Camariñas darano todo.

Pero en Benxamíns a cousa está moito máis igualada, ata o punto de que Cabana e Camariñas acabaron empatados no alto da táboa. Manuela Rial e Concello de Carnota pelexarán tamén por todo.

Horarios

Semifinais Benxamín:

  • 10:30 EDM CABANA vs CPR MANUELA RIAL.
  • 11:30 EMF CAMARIÑAS vs CONCELLO DE CARNOTA.
  • 15:00 FINAL BENXAMÍN.

Semifinais Alevín:

 

  • 12:30 ACD RAPACOLLONS FISTERRA vs CPR MANUELA RIAL.
  • 13:30 EDM PONTECESO vs EMF CAMARIÑAS.
  • 16:00 FINAL ALEVÍN.

Os partidos constaran de dous periodos de 20 minutos reloxo corrido e 5 minutos de descanso.
No caso de empate a goles no tempo reglamentario nas SEMIFINAIS lanzarase una rolda de penaltis (3) para decidir o ganador do partido, en caso de empate na FINAL xogarase una prórroga de 10 minutos (2 tempos e 5 min) a tempo corrido, si persiste o empate lanzaranse penaltis (3) para decidir o Campión.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios