Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Federación comeza as reunións virtuais cos clubs galegos para explicar as novidades e solventar dúbidas

Real Federacion Galega de Futbol
A Federación comeza as reunións virtuais cos clubs galegos para explicar as novidades e solventar dúbidas

Que son tempos difíciles xa non queda dúbida algunha. Pero precisamente dúbidas son moitas e variadas as que nestes momentos nos rondan a todos en materia sanitaria, laboral, escolar… e deportiva.

Nós hoxe queremos centrarnos no Fútbol da Costa e na situación dos seus clubs. A incerteza real fai que clubs como o Porteño xa anunciasen que non van saír a competir este curso, mentres outros moitos estudan a situación á expectativa.

A realidade é que á inseguridade sanitaria, únese o aspecto económico. Son moitos os clubs que necesitan os ingresos dos seus patrocinadores, moitas empresas de hostalería que levan meses sufrindo… O medo a ter que xogar sen cantinas, sen rifas, sen entradas… fai que as directivas estean atentas ás instrucións da Real Federación Galega de Fútbol.

Primeira reunión: Preferente

Precisamente a entidade está comezando outra batida de reunións virtuais con todos os clubs de Galicia. Comezou cos da área de Vigo e de Ferrol, e nestas dúas vindeiras semanas tamén terá o seu tempo para explicar as novidades e solventar dúbidas aos clubs costeiros.

Hoxe, de feito, hai reunión cos clubs de Preferente, que pode marcar un pouco a liña do resto de reunións, na que están convocados Xallas e Sofán.

Porén non está convocado o Soneira, que espera confirmación oficial de que o posto do Boiro tócalle a eles. Un Soneira que xa presentou a súa primeira reclamación este pasado luns, pero aínda non ten resposta dunha federación galega que necesita confirmación da estatal.

Novidades

A Federación pensaba que a competición podería comezar a principios de outubro, pero dadas as circustancias é unha data descartada por completo. Todo dependerá dos protocolos sanitarios, e veremos se a RFGF vai sacando dúbidas nos encontros destas semanas.

Ademais, a Futgal anunciaba unha bonificación do 10% nas Mutualidades, pero a raíz da situación o ente federativo aumenta ao 15%, o que supón unha partida global duns 600.000 euros para o fútbol galego.

Novas relacionadas

Comentarios