xoves. 01.05.2025
El tiempo

Copa da Costa: Entre dobletes, resacas e sorpresas

Copa da Costa: Entre dobletes, resacas e sorpresas
Os rapaces do Cee deixaron boas sensacións en Zas - Foto: Alejandro Mel Os rapaces do Cee deixaron boas sensacións en Zas - Foto: Alejandro Mel Soneira e Fisterra manteñen na Copa da Costa o nivel da liga regular, mentres que os 'promocionistas' como Sofán ou Xallas tiveron máis problemas En www.copadacosta.com En www.copadacosta.com   Cerqueda 1-0 Monte Louro
  • Campo: Xaviña
  • Cerqueda: Diego Dourado, Bastón (Jon m.53), Brais (Sergio m.58), Dani,. Uru, Jonás (Pazos m.63), Fernandito, Manu Guillamet, Lorenzo, Darío (Juanjo m.81) e Martín
  • Monte Louro: Fernando, Abel (Sergio m.80), David, Borja, Pablo Vidal, Canelo, Adrián Nieto, Gelo, Edu Juan Rey e Riki
  • Árbitro: Castreje Ferrío (A Coruña). Amonestou a Jon do Cerqueda e Riki do Monte Louro
  • Gol: 1-0 m.48 Manu Guillamet
Manu prorroga a perspectiva do Cerqueda O Cerqueda comprobou o bo nivel do Louro - Foto: UD Cerqueda O Cerqueda comprobou o bo nivel do Louro - Foto: UD Cerqueda Non contento con ter asegurado con solvencia a salvación, o Cerqueda parece decidido tamén a dar guerra na Copa. Adiantouse na eliminatoria cun Louro que deixou boas sensacións, pero que pecou de falta de profundidade. Nun primeiro tempo sen demasiadas alegrías ofensivas o local Martín viu como lle anulaban un gol por mano. Os muradáns tiveron a súa nun disparo desde a frontal. Unha boa xogada de Lorenzo pola dereita foi o prólogo do gol de Manu Guillamet, decisivo finalmente. Fernandito tería a opción de facer o segundo.   Buño 1-2 Xallas
  • Campo: Xaviña
  • Buño: Cristian, Miguel Dourado, Pablo Canedo, Eloy, Dimitri, Emilio, Fran Borrazás, Dani Calvete, Gurita (Richard m.68), Víctor e Alexander (Juan Antelo m.75)
  • Xallas: Julián, Fuentes, Pablo Novo, Juan (Kevin m.46), Víctor Vecino, Fernando (Caamaño m.68), Marcos, Fernando Varela (Iván Canedo m.46), Ángel (Jesús m.58), Coria e Camilo (Martín Barreiro m.46)
  • Árbitro: Castreje Ferrío (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.52 Emilio; 1-1 m.62 Coria; 1-2 m.88 Marcos
Cun ollo na liga Fixo valer no marcador a diferencia de categoría o Xallas, que sen embargo tiña as súas miras postas no partido de Preferente. Un primeiro acto algo lento e sen demasiado perigo deu paso a unha reanudación marcada polo carrusel de trocos visitantes. Emilio aproveitou a recomposición xalleira para facer o primeiro. Sen embargo, a experiencia de Coria valeu para a igualada e Marcos, xa na recta final, volteou o marcador. Curiosamente, en Xaviña arbitrou dous días seguidos o mesmo colexiado, o fisterrán Castreje Ferrío.   Sporting Zas 3-1 Unión Club Cee Lendas coma Leo ou Rubio siguen a tirar dos seus - Foto: Alejandro Mel Lendas coma Leo ou Rubio siguen a tirar dos seus - Foto: Alejandro Mel
  • Campo: San Andrés
  • Sporting Zas: Bugy, Martín (Carlos m.57), Josito (Brais m.70), Manu, Rubén Forján, Isma, Cilindro (Adri m.59), Diego (Sande m.62), Dieguiño, Rubio e Dani
  • Unión Club Cee: Ángel Luis, Andrés, Chiru, Borjita, Chema, Josiño, Esteban, Penedo (Isma m.71), Leo (Paulo m.89), Xabi e Lamela (Hugo m.86)
  • Árbitro: Morlán García (A Coruña). Amonestou a Brais do Zas, Josiño e Leo do Unión Club Cee
  • Goles: 0-1 m.20 Lamela; 1-1 m.45 Dieguiño; 2-1 m.59 Dani; 3-1 m.72 Rubio
Volteo do Zas Remontou o Sporting Zas ante un bo Unión Club Cee, agora xa con Gabriel no banco trala marcha de Alfredo Cambeiro. Os de San Andrés, á espera de comezar a fase de ascenso a Primeira, recuperaron as mellores sensacións. Lamela, de disparo desde a frontal, fixo o gol da momentanea sorpresa ceense. Sen embargo, non se volveu tolo o Sporting, ante un bo rival. Pouco antes do intermedio Dieguiño igualou o marcador, tras un rexeite da madeira a disparo de Forján. O paso dos minutos na segunda metade fixo mella nun Cee con poucos efectivos. Unha boa acción colectiva serviulle a Dani Mato para facer o segundo, e Rubio compretou a remontada noutro rexeite no área. Penedo, atendido polo meta Bugy - Foto: Alejandro Mel Penedo, atendido polo meta Bugy - Foto: Alejandro Mel   Mazaricos 3-2 Malpica
  • Campo: Pedra de Ouro
  • Mazaricos: Miguel; Miguel Riveiro, Estefano, Ricardo, Matías, Ferreiro, (Martín m.80), David García, Esteban Pereiro, Chenel, Molinos, Brais, (Ángel m.8)
  • Malpica: Víctor; Alejandro Márquez, Casais, Óscar Moscoso, Rubén, Eloy Vilas, Roi Carril, Petís, Cololo, (Carlos Mallo m.28), Jaco, Charro, (Migueliño m.64)
  • Àrbitro: Fraga Viñuelas (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.8 Chenel; 2-0 m.20 David García; 3-0 m.54 Chenel; 3-1 m.75 Petís; 3-2 m.85 Eloy Vilas
A Copa non lle muda a faciana Sorpresa do Mazaricos ante un Malpica que continuou a dinámica negativa da liga de Primeira. E o golpe pudo ter sido aínda máis grande. Un remate raso de Chenel tras deixada de Brais, e un disparo de David García ante Víctor, deixaran a vantaxe local en dous goles aos vinte minutos de xogo. Foi un pesadelo todo o partido o punta santiagués Chenel, que fixo o terceiro noutro balón ao desmarque. Mudou o panorama para os visitantes coa entrada de Migueliño, que fixo que o equipo se volcase. Petís e Eloy Vilas, en pleno asedio e tras varios rexeites, fixeron os dous goles que abren a eliminatoria.   Soneira 4-1 Castriz O balón parado foi chave no partido - Foto: SD Soneira O balón parado foi chave no partido - Foto: SD Soneira
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Soneira: Anxo, Cristian (Maikel m.60), Brais Mouzo, Jota, Aarón, Mario (Óscar de Maema m.70), De la Sierra (Alberto m.85), Richi, Basti (Martín m.66), Javi e Alberto Vía
  • Castriz: David, Dani Martínez, Luis (Darío Capelo m.69), Martín, Alejandro, Alberto, Bruno (Diego Maneiro m.75), David Agra, Fabián (Martín García m.80), Bolón e Álex Flores
  • Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña). Amonestou a Alberto e Dani Martínez
  • Goles: 1-0 m.20 Richi; 2-0 m.22 Richi, de penalti; 2-1 m.50 David Agra; 3-1 m.70 Javi; 4-1 m.76 Alberto Vía
Non cambian as cousas no Soneira - Foto: SD Soneira Non cambian as cousas no Soneira - Foto: SD Soneira A festa interminable Non entende de categorías nin rivais un Soneira que sigue aspirando a facer historia cun novo doblete. Os vimianceses recuperaron a dinámica positiva, despois de dúas xornadas de 'asueto' en Primeira. Richi, de cabeza a falta botada por Sandelo e tras un penalti cometido a Basti, firmou dous tantos que parecían poñer xa moi cuesta arriba a Copa para o Castriz. Sen embargo, os xalleiros non se desfixeron, e á volta dos vestiarios David Agra aproveitaba un erro defensivo local na execución dunha estratexia para acurtar distancias. Resultou determinante o balón parado, e á larga ía ser de proveito para o Soneira, que deixou case todo sentenciado cun gol de Javi tras un saque lateral de Sandelo e con outro tanto de Alberto Vía nun libre directo resolto cun 'rachonaso' marca da casa.   Baíñas 1-3 Baio
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Baíñas: Joselu, Mario, Jorge Calvete, Cristian (Eloy Cabeza m.66), Canay, Javi Suárez, Jaime (Tasky m.89), Alemán, Samuel (Héctor m.75), Esteban e Dani Casal (Pablo Rey m.46)
  • Baio: Pablo, Yago, Porto, Mario, Luis Alvite, Norberto (Peke m.57), Saleta (Fachal m.71), Rubio, Luisito (Martín m.54) (Pollo m.94), Christian e MC (Eloy m.84)
  • Árbitro: Suárez Carnota (A Coruña). Expulsou a Pablo, do Baio (m.94). Amonestou a Cristian e Javi Suárez de Baíñas; Saleta Luis Alvite do Baio
  • Goles: 1-0 m.27 Canay; 1-1 m.35 Luis Alvite; 1-2 m.68 MC; 1-3 m.83 MC
A constancia foi do Baio Remontou a acabou por dominar o partido o Baio ante un Baíñas tan irregular como durante boa parte do curso. Os locais adiantáranse cun gol do exbaio Canay, pero un disparo de Luis Alvite equilibrou antes do descanso. A búsqueda dos balóns ao espazo para MC resultou chave para resolver o partido e case a eliminatoria na reanudación. Un penalti cometido por Pablo custoulle a expulsión ao porteiro visitante, pero Pollo detivo o lanzamento e mantivo un resultado perfecto para os seus.   Fisterra 3-0 Sofán
  • Campo: Ara Solis
  • Fisterra: Norberto, Dani Rubia (Munitis m.80), Manuel Cartamil, Cote, Roco (Mané m.82), Jesús, Guardiola (Adri m.65), Piti, Rodri (Santi m.71), Adrián e Bruno (Abel m.81)
  • Sofán: Brais, Javi Souto, Alex, Pablo Martínez, Martín (Diego m.82), Seoane, Fran (Eloy Cabeza m.82), Sergio, Ceide, Álex Fernández (Nacho m.70) e Raúl
  • Árbitro: Gil Soriano (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.12 Jesús; 2-0 m.28 Cote; 3-0 m.56 Adrián, de penalti
Nunca deixa de crer O Fisterra aproveitouse dun Sofán cansado e con rotacións despois da promoción de ascenso e prácticamente selou o seu pase a cuartos de final. O campión da Liga da Costa, con dúas variacións respecto ao equipo de gala, xa tiña moi encarrilada a faena á media hora. Cote adicou de forma especial o seu gol, tras anticiparse ao meta sofanista. Xa no segundo acto Adrián non fallou á súa cita co gol para executar un penalti. Apenas creou opcións claras de perigo un Sofán coa mira posta na súa final de Miño.   Corcubión 3-5 Sporting Seaia
  • Campo: Cubaleiro
  • Corcubión: Jose Manuel, Mario Suárez, Porto (Sebas m.56), Pablo, Marco Castreje, Samuel, Rama, Jose (Ferrío m.54), Toja, Adrián e Germán (David m.46)
  • Seaia: Jose Luis (Ignacio m.46), Javi, Adrián Parga, Diego Varela, Tato, Cristian (Carracedo m.46), Sergio Cancela, Adrián Pose (Álex m.80), Elvis, Jose e Jorge Parga
  • Árbitro: Racarei Añón (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.6 Samuel; 1-1 m.8 Tato; 1-2 m.33 Elvis; 2-2 m.42 Samuel; 2-3 m.55 Javi; 2-4 m.58 Tato; 3-4 m.59 Toja; 3-5 m.84 Sergio
Unha sorpresa agardable Os fastos da víspera pareceron comprometer a Copa para o Corcubión, que foi sorprendido por un Seaia que medrou co paso dos minutos. Os malpicáns, acostumados a facer un torneo do KO sorprendente, tiveron no brasileiro Tato ao seu líder e referente. Pecou da falta de intensidad que si tivera o día anterior o equipo local.  

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios