Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Copa da Costa: O novo capo contra a 'Vecchia Signora'

Copa da Costa: O novo capo contra a 'Vecchia Signora'
O último gran derbi inédito nunha final da Copa da Costa, o Dumbría-Fisterra, chegará por fin nesta edición, tras unha apaixoante volta de semifinais; o campión de Primeira, que é un dos reis do torneo nos últimos anos, mídese a unha SD que de sete finais xogadas só levou dúas, como a Juventus na Champions League Imaxe do encontro de onte no Conco Dumbría 4-0 Ponteceso Baba e Aarón, dos destacados
  • Campo: O Conco
  • Dumbría: Iván Bouzón, Tantán (Pablo m.73), Jose, Pablo Conde, Iago, Adrián (David Carreira m.85), Rivi, Martín (Charly m.80), Diego Cespón (Cristian m.55), Raúl Lestón e Aarón
  • Ponteceso: Xurxo, Ismail, Matias, Javi Peón, Charly (Eloy min.46), Mendieta, Baba, Alberto Recarey, Nando, Dieguito (Mara min.83) e Yago (Charro min.70)
  • Árbitro: Reborido Rodríguez (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.4 Adrián Makaay; 2-0 m.30 Martín; 3-0 m.82 Rivi, de penalti; 4-0 m.90 Raúl Lestón
Un 'Hummer' sen desgaste O Dumbría volverá xogar unha final de Copa da Costa, despois de superar unha eliminatoria co Ponteceso que se moveu en distancias moito máis reducidas do que reza o marcador. O 2-2 da ida, con igualada in extremis, obrgaba a dar un paso aínda a maiores ao equipo de Segunda respecto ao campión de Primeira. E os factores eran todos contrarios a unha xesta: a calor sofocante (provocou incluso que o colexiado detivera o choque vinte minutos para beber), ou o madrugador gol de Adrián. Fallara na ida, pero nunca o fai dúas veces seguidas. O capitán da nave espacial recibiu un pase de Rivi e para definir púxose tan nervioso como un esquimal na neve. Foi un mazazo para un cadro visitante que nin así lle perdería a cara ao encontro e que o tentaría sen chegar á clarividencia no último pase. Dieguito en dúas ocasións ou Iago ou ben pecarían de falta de puntería o chocarían cun gran Iván Bouzón. Con oficio, dosificando e coa seriedade do último tramo de liga, aumentaría a conta antes do intermedio o Dumbría, cun gran disparo desde a frontal de Martín, tras boa acción colectiva. O 2-0 ao descanso obrigaba á xesta histórica dun Ponteceso que lle entraría con personalidade na reanudación e que asumiría incluso a iniciativa no xogo. Eloy renovoulle as enerxías aos seus, que nos vinte primeiros minutos achucharon máis por insistencia que por opcións determinantes … e pode que esa falta dun gol para acurtar os distintos universos nos que se movía a rolda matara definitivamente a moral e as forzas dos de Barca. [fbvideo link="https://www.facebook.com/294199597596545/videos/470051406678029/" width="850" height="400" onlyvideo="1"] Co combustible xa na reserva, Rivi fixo o terceiro de penalti, mentres que un Raúl Lestón no que nin pensan os partidos, os graos centígrados nin os minutos facía o cuarto xa nos minutos de propina. A sensación copeira deste Dumbría é que che pode conceder eventuales desconexións, pero que cando se pon mans á obra é unha cadea de montaxe perfectamente articulada. Así foi o segundo gol: [fbvideo link="https://www.facebook.com/rakel.rabf/videos/10155311091705539/" width="800" height="450" onlyvideo="1"]   Baíñas 1-2 Fisterra
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Baíñas: Maikel, Tantán, Braulio, Álex Canedo, Cristian, Chento, Esteban, Felipe, David Blanco, Jaime (Oreiro m.80) e Pablo Muíño
  • Fisterra: Joselu, Piti, Breixo, Robertín, Fabián, Roco, Tati (Isma Leis m.90), Cote, Bruno (Jesús m.78), Roa e Adri (Pablo Lestón m.56)
  • Árbitro: Vázquez Beiras (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.38 Braulio, en propia meta; 1-1 m.45 Braulio; 1-2 m.76 Bruno
Ambientazo no Baíñas-Fisterra da Copa-Foto-Fran Pazos Ambientazo no Baíñas-Fisterra da Copa-Foto-Fran Pazos A reconquista: ano II Parece empeñada esta xeración da SD Fisterra e irlle poñendo os laureis ben verdes de novo ao seu escudo. Unha das entidades máis grandes da Costa gañaba hai un ano a Liga da Costa unha década despois, e case dúas volve a unha final de Copa. É dicir, un millenial nado cando o Mundial de Francia na Vila do Cristo non vira a Zidane gañar unha Copa do Mundo nin ao seu equipo levar un torneo do KO ou case da regularidade. Agora xa saben como o francés levanta títulos e como os verdes volven mandar na bisbarra. Non foi o de Vimianzo ante o Baíñas o mellor encontro posible (tamén foi detido pola inmensa calor). De feito, o axustado do encontro de ida fixo que os dous equipos foran moi conservadores, e as opcións chegaban por goteo. A mellor para os vimianceses, que vivían o día máis grande da súa historia, chegaba nunha acción de Pablo Muíño que Esteban mandaba demasiado alta con todo a favor. Pouco despois, era Joselu o que impedía que un Baíñas con reservas, pero moita fe se puxera por diante. Pouco a pouco, o oficio e a categoría impúxose con pouco que se organizou na medular. Breixo e Tati tamén dixeron o de "estamos aquí". Cunha previsión de táboas no intermedio o destino quixo que Braulio desfixera e refixera. O mito do Zas introduxo na súa propia portería un balón sen aparente perigo, mentres que intres despois igualaba nunha acción na que o sol cegaba ao gardamallas visitante. A ameaza de gol en contra final ao lixo voltou aínda máis conservadores a Baíñas e Fisterra nunha reanudación na que só houbo un gol e unha oportunidade. Bruno, esa illa mínima que parece orbitar ao contrario que o resto do universo, atopou un balón morto, fintou e fixo o segundo para un Fisterra que con ese tanto aseguraba o pase a unha nova final. E a capacidade de réplica local era relativa e minimizada por un paradón inmediatamente posterior de Joselu, xa entre o 'jolgorrio' da 'tiffosería' visitante. Bainas-Fisterra da Copa-Foto-Fran Pazos Baíñas-Fisterra da Copa-Foto-Fran Pazos  

Comentarios