Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A crónica dominical: O Fisterra tamén fulmina o derbi

Menudo carrusel dominical cheo de emoción o que vivimos en www.futboldacosta.com que nos deixa moitas cousas que analizar, en todas as categorías menos no Gr.3 das féminas e nos Veteranos, que descansaron.

Fisterra-Sofan en Ara Solis
Imaxe do Fisterra-Sofan en Ara Solis
A crónica dominical: O Fisterra tamén fulmina o derbi

Xornada completita, que abría o Xallas cunha vitoria, o venres, en Laracha, a primeira da era Adrián Lema, e fóra de Fontenla, para comezar a remontada. Ademais, a Preferente vivía unha gran festa futbolística en Ara Solis, onde dúas das grandes afeccións do fútbol costeiro comprobaron como este Fisterra dá para soñar, como dicía na previa o adestrador fisterrán Ángel López. O 4-1 así o reflexa.

Na 1ª Galicia tamén vivía outro importante derbi. O Baio, que levaba 3 partidos sen gañar, venceu ao Mazaricos, ao que mete en postos de descenso. Pola contra, a gran vitoria protagonizouna o Volantes, a segunda consecutiva, e desta vez con goleada, dando conta do que xa se viña vendo nos partidos o cadro de Sil. Ademais, o Soneira venceu, sufrindo, ante o Cordeiro, e mantén o liderato con 4 puntos de vantaxe. O Dumbría, pola súa parte, cortou a súa serie de 6 partidos sen coñecer a derrota na casa ante a visita do Flavia.

A Liga da Costa viviu un episodio que demostra a igualdade da competición en San Andrés. O líder visitaba ao pechacancelas, e tivo que suar sangue para sacar a vitoria, pola mínima. Segue de preto un Corme que venceu a un Muros que viña sendo unha das sorpresas do inicio de Liga, que se descolga, como lle pasou ao Coristanco coa potente Esteirana. Completa o cadro de favoritos, que venceron de novo esta semana, o San Lorenzo.
Pola parte baixa só puntuou o Buño de Mauro, aínda que segue sendo, xunto ao Zas, os únicos equipos que non coñecen a vitoria.

O líder da 3ª da Costa, sufríu para vencer nas Fontiñas, e tivo que tirar de calidade para remontar o partido ante un moi bo Nantón.
O Outes é o único que o segue dende a distancia, e a xornada foi malísima para o Porteño, que perdeu ante o propio cadro da Serra, e viu como o Comité lle arrebatou os 3 puntos que vencera no campo ante o Seaia pola aliñación indebida de Joseba, que viña do Camariñas pero ao que non lle chegara a tempo o “transfer”…

Base

En Xuvenís o Soneira non aproveitou o descanso do líder, o Outes, e caeu ante un renovado Sofán. Ademais o Cabana venceu ao Seaia e o supera nun segundo grupo no que ademais están,con 12 puntos, Zas, Miúdos e o propio Sofán.

En Cadetes, Xallas e Cerqueda non perdoan, pero Fisterra, Sofán e Cee (a SD freou ao cadro ceense) seguen de preto.

Ademais, en Infantís, Dumbría e Cee protagonizan un fermoso duelo no alto, cos Miúdos e Outes moi preto.

Á primeira rolda das ligas de F8 quédalles unha xornada.

 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios